O blogue dos alumn@s e exalumn@s da profe Maricruz,de ed. infantíl,
do CEIP "Virxe do Rocío" de Bouzas-Vigo(Galiza).
O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.
ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS. SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET. UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.
Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega
lunes, 14 de mayo de 2012
Dúas sorpresas de AUGA:Unha de piscina e outra do mar.
Onte
sábado ,día 12 de maio, disputouse en Vigo oOpen
Escolar de nataciónna súaV
edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado poloC.N.Galaicoe oC.N.Rías Baixas. Catro
alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo.
As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25
crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é
apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia
do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas
non federados representaron a 10 colexios deVigoe os seus arredores, moitos deles
participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais
e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a
natación.
Na nosa escola participaron tres alumn@s:
Ingrid Caamaño Tubío,
Nicolás García Iglesias e,
Sandra Caamaño Tubío.
Para
a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa
presenza do alcalde de VigoD.Abel
Caballeroe o concelleiro de
deportesD. Manel Fernández,aos cales entregaron aos nosos alumnos
dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non
se puidesen anotar ao evento máis alumnos/as, pois non puidemos participar nas
remudas e quedamos sen opción ao trofeo.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
O NOSO CAMPIÓN ,NICO,E OS SEUS MOMENTOS ESTRELARES.
A OUTRA SORPRESA FOI DE MAR:
PEIXE LÚA OU MOLA-MOLA.
Os nenos/as da profe Rosa fixeron un proxecto sobre o "Peixe Lúa" e,a derradeira semana déronnos invitacións para asistir ao evento na súa aula.
Foi moi divertido e os nenos/as de 4 anos demostraron ser uns verdadeiros expertos neste extrano e descoñecido peixe.
Na presentación veredes todo o aprendido,pero antes,o vídeo do Mola-Mola ou Peixe Lúa.
Hola María de la Cruz, desde el Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa queremos felicitarle por el trabajo que desarrolla en el blog como fuente de motivación y aprendizaje. Por ello, aprovechamos la ocasión para invitarle a participar con nosotros en la XIII Edición del Premio http://www.educared.org/global/premiointernacional/inicio Saludos
Hola María de la Cruz, desde el Premio Fundación Telefónica de Innovación Educativa queremos felicitarle por el trabajo que desarrolla en el blog como fuente de motivación y aprendizaje. Por ello, aprovechamos la ocasión para invitarle a participar con nosotros en la XIII Edición del Premio http://www.educared.org/global/premiointernacional/inicio
ResponderEliminarSaludos