O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 17 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2.012.FESTA NA ESCOLA.

Durante dúas semanas traballamos sobre a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas 2.012,"VALENTÍN PAZ ANDRADE".
Sabíades que Valentín inaugurou o monolito,que temos no patio,que está adicado a Concepción Arenal,nun acto que se celebrou no ano 1968 na nosa escola?
Pero,non vos vou contar máis cousas pois queremos que,a través deste xogo,aprendades as mismas cousas que saben os vosos fillos.
Premede na foto de Valentín, na nosa escola,e... a xogar!
Aprendimos poemas de Valentín e recitámolos moi ben.
Escoitade!

Tamén elaboramos, na aula,un libro,con algunhas actividades do caderniño elaborado polo "SEMINARIO GALÁN",e un caderniño pequeno,elaborado polo grupo de profes de Biblioteca do noso cole,para facer unha activide conxunta,cos nenos/as de ed.Primaria,e que xa somos case de primaria,que consiste nun libriño sen imaxes,que temos que completar co troco de imaxes entre tódolos nenos/as.
Mirade o libro de aula e a decoración do libro de troco con primaria.
CONFECCIÓN DO LIBRO E CADERNIÑO DE VALENTÍN PAZ ANDRADE.
FOTOMONTAXE DE MARICRUZ.
O día 16 de Maio fixemos a nosa festa no cole.
Confeccionamos o caderniño co troco de imaxes sobre a vida de Valentín,recitamos poemas seus e cantamos o himno galegos todos xuntos.
LETRAS GALEGAS 2012.FESTA NA ESCOLA. - FOTOMONTAXE DE MARICRUZ.
PORQUE É UNHA LINGUA PRECIOSA,CON MUSICALIDADE, POÉTICA...E ADEMÁIS É NOSA,FALEMOS GALEGO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.