O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 26 de diciembre de 2012

FESTA DE NADAL NA ESCOLA.

O VENRES,21 DE DECEMBRO,CELEBRAMOS A NOSA FESTA DE NADAL DA NOSA ESCOLA.SE QUEREDES MIRAR O QUE FIXEMOS E COMO O PASAMOS,PREMEDE NA FOTO.
COMO SABEDES,OS GRUPOS DE NEN@S DOS OBRADOIROS ERAN HETEROXÉNEOS,O SEXA QUE ESTABAN FORMADOS POR NEN@S DE DIFERENTES NIVEIS EDUCATIVOS,POLO QUE A EXPERIENCIA FOI MÁIS DIVERTIDA E ENRIQUECEDORA.
CADA GRUPO TIÑA UN PROFE XEFE E UN DISTINTIVO,
A PROFE MARICRUZ FOI A XEFA DO GRUPO DAS CAMPÁS.
CADA OBRADOIRO ESTABA DIRIXIDO POR UN MESTRE QUE,COA AXUDA DA PROFE XEFA DE CADA GRUPO,ENCARGÁBASE DA BOA MARCHA DE CADA ACTIVIDADE.
OS DISTINTIVOS FIXÉRONSE NAS AULAS DÍAS ANTES DA FESTA.


RECIBIMOS A VISITA DO PAXE REAL E ENTREGÁMOSLLE A CARTA QUE CADA UN DE NÓS FIXO AOS REIS MAGOS DE ORIENTE.TAMÉN LLE DEMOS AS GRAZAS POLOS NOVOS COLUMPIOS QUE NOS DEIXOU NO PATIO.
MIRADE QUE CHULOS E QUE GUAPOS/AS ESTAMOS CO PAXE.
GRAZAS,PABLO,POR ANCLALOS BEN AO CHAN DO NOSO PATIO.

VISITA DO PAXE REAL 2.012

SE QUEREDES MIRAR AS FOTOS QUE FIXO A PROFE MARICRUZ DO GRUPO DAS CAMPÁS E DA FESTA DA ESCOLA,MIRADE ESTA PRESENTACIÓN.
TEDE EN CONTA QUE ESTAS FOTOS CÉNTRANSE NO GRUPO DAS CAMPÁS E NOS ALUMN@S E EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ.

PASÁMOLO FENOMENAL!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.