O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 14 de diciembre de 2012

UNHA SORPRESA NAVIDEÑA DE PERECHO.

CANDO ESTÁBAMOS A TRABALLAR NA CLASE,A PROFE MARICRUZ RECIBÍU UNHA MENSAXE TELEFÓNICA DE PERECHO:
"MIRADE NAS FOLLAS SECAS DA ÁRBORE CATARINA E ATOPAREDES UNHA SORPRESA"
ALBA ACHEGOUSE ATA O SITIO INDICADO E...
CARAINAS!,UNHA CAIXA CON ADORNOS DE NADAL  CUNHA MENSAXE POR DETRÁS:
"OS TRASNOS E FADAS DA BOUZA QUEREMOS ADORNAR A VOSA ÁRBORE CATARINA CON ADORNOS,FEITOS POR NÓS,CON TEAS VERMELLAS,FIOS DE COIRO E BOLIÑAS DE MADEIRA".
VOS DESEXAMOS UN NADAL CHEO DE FELICIDADE.
UN BICO PARA TODOS VÓS,ÁS VOSAS FAMILIAS E Á PROFE MARICRUZ.

MIRA,PERECHO,QUE BONITA QUEDOU!
MOITAS GRAZAS!
AS FAMILIAS TAMÉN COLABORARON FACENDO UN ADORNO PARA A NOSA ESCOLA.
AS PROFES PROPORCIONARON UNHA CARTULIÑA ,CUNHA ESTRELA OU UNHA VIEIRA ,QUE SE PODERÍA DECORAR CON DIFERENTES MATERIAIS.
A PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS FOI EXCELENTE.
QUEREDES MIRAR QUÉ ADORNOS MÁIS BONITOS TROUXERON OS NEN@S DA NOSA CLASE?


E AGORA...O RESULTADO DUN GRACIOSO OBRADOIRO DE MAQUILLAXE,ONDE NOS MAQUILLAMOS OS ÚNS AOS OUTROS:
"OS RENIÑOS E RENIÑAS MÁIS GUAP@S 
DO COLE ROCÍO".
TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á PROFE MERCE,PROFE DE ED. RELIXIOSA, POLA SÚA AXUDA NO DESENVOLVEMENTO DESTE OBRADOIRO.
SEMPRE ESTÁ DISPOSTA A AXUDAR Á PROFE MARICRUZ.
QUERÉMOLA MOITÍSIMO,
GRAZAS,PROFE MERCE!


GRAZAS PERECHO POLOS ADORNOS E A TÚA POSTAL E GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.