O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 6 de febrero de 2013

EXPLICACIÓN SINXELA DE COMO SE FAN AS FILLOAS.



INGREDENTES:
-200 gr de fariña.
-5 ou 6 ovos.
-2 vasos de leite.
-manteiga ou unto para a tixola.

Preparación:
Bátense tódolos ingredientes e obtemos unha pasta bastante líquida. Se os ovos son moi grandes é mellor utilizar cinco e probar se a pasta que queda é o suficientemente líquida para que se estenda ben pola tixola e ademais calle ben.
Coción:
As filloas prepararanse nunha tixola, preferiblemente das que son para as filloas porque teñen o bordo máis baixo e a filloa será máis fácil de voltear cando estea lista. Se non se dispón desta tixola ou ferro especial calquera tixola serve. Ponse ao lume e se unta coa axuda dunha servilleta mollada en aceite, para que non quede moito aceite na tixola e as filloas non salgan grasosas. Unha vez que a tixola estea ben quente bótase unha cucharada da pasta na tixola e cóbrese o fondo da tixola coa mestura de modo que quede unha película moi delgada no fondo da tixola. As filloas a diferenza das panquecas ou tortitas son moi delgadas. Cando os bordos da filloa comecen a dourar se voltea e cocíñase polo outro lado. Colócase nun prato e se apilan as filloas unhas enriba das outras, asi conservarán mellor a calor e quedarán máis suaves.
Consellos:
As filloas cocíñanse moi rápido polo que non debemos descoidar en ningún momento a tixola e debemos controlar o lume para que non as queime.
Se queres filloas doces podes botar un pouco de zucre na mestura ou espolvorear zucre enriba da filloa recén feita.



SE PREFERIDES AS ORELLAS,PREMEDE NA FOTO DAS QUE SE FIXERON NA ESCOLA E TEREDES A RECEITA.
 NON ESQUEZADES QUE O 8 DE FEBREIRO,DÍA DO DESFILE DE ENTROIDO,IMOS FACER UNHA DEGOSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA FESTA E PRECISAMOS DA VOSA AXUDA.SE TEDES TEMPO E GANAS PODEDES FACER UNHAS LARPEIRADAS E TRAELAS Á ESCOLA ÁS 9 DA MAÑÁ PARA DEGOSTALAS AO REGRESO DO PASARRÚAS.
XA SABEDES QUE ESTADES  TODOS CONVIDADOS.
SAIREMOS DA ESCOLA ÁS 11 DA MAÑÁ,CAMIÑO DE BOUZAS.PODEDES IR CONNOSCO NO PASARRÚAS.OS PAIS E NAIS QUE SE TEÑEN QUE DISFRAZAR NA ESCOLA VIRÁN ÁS 10h PARA VESTIRSE NA AULA E AXUDAR Á PROFE MARICRUZ.
ESPERO QUE AS RECEITAS VOS FORAN DE AXUDA.  
QUE FAME! VOUNAS FACER AGORA MESMO.
BO PROVEITO.
PERECHO E MARICRUZ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.