O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 31 de enero de 2013

UN XEITO ESPECIAL DE FESTEXAR O ..."DÍA DA PAZ".



Este ano celebramos O DÍA DA PAZ dun xeito diferente!!

Traballando todos xuntos,

 sentindo que pertencemos a un grupo

e tendo claro o máis importante:

"SORRIR".

Elaboramos un vídeo amosando algunhas estancias da nosa escola mentres bailabamos e cantabamos todos xuntos a cantiga de Macaco: "Una sola voz"

Para a celebración  do evento tamén invitamos ás familias que gozaron dun día de festa xunto con todo o alumnado da escola.

Cunha camiseta branca e as mans brancas, simbolizamos o noso desexo por un mundo CHEO DE  PAZ.
FELIZ DIA DA PAZ

Comparte con nós como te sentiches e deixa os teus comentarios escritos no blogue.
Queredes repetir esta experiencia???     

UNHA APERTA AFECTUOSA DOS NEN@S DE 3 ANOS ,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

1 comentario:

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.