O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 16 de junio de 2013

ÉXITO DA CONFERENCIA DA PROFE MARICRUZ.

COMO XA SABEDES,O VENRES,14 DE XUÑO,A PROFE MARICRUZ FOI A CONFERENCIANTE DO ATENEO DE BOUZAS.
FALOU DO SEU PROXECTO DE AULA"OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS" DENTRO DO PROXECTO XERAL DE CENTRO "BOUZAS" ,AS INVESTIGACIONES E DO MATERIAL AUDIOVISUAL CONFECCIONADO POR ELA E DOS RECURSOS DIDÁCTICOS E ACTIVIDADES DE AULA E CENTRO REALIZADAS PARA DESENVOLVER DITO PROXECTO.

A CONFERENCIA FOI ANUNCIADA EN CARTAZ POR TODO BOUZAS E NOS XORNAIS "FARO DE VIGO" E "A VOZ DE GALICIA",ADEMÁIS NO FACEBOOK DO"ATENEO-VILA DE BOUZAS".TEREDES O ENLACE PREMENDO NA FOTO.
QUERO AGRADECER AO ATENEO A OPORTUNIDADE DA TRANSMISIÓN DO MEU TRABALLO E O DOS MEUS RAPACIÑOS E MOSTRAR O BO LABOR QUE DENDE A ESCOLA PÚBLICA ESTASE A FACER EN MOITAS DAS NOSAS AULAS.O MEU AGRADECEMENTO A PAULA MARIÑO POLO DESEÑO MARAVILLOSO DO CARTAZ  E A TELMO,PRESIDENTE DO ATENEO,A SÚA AMABILIDADE E INTERESE POLO MEU TRABALLO.TAMÉN O MEU AGRADECEMENTO AOS ASISTENTES Á CONFERENCIA POLO SEU APOIO.
SE QUEREDES MIRAR A PLATAFORMA VISUAL DA CONFERENCIA,QUE É A MESMA QUE A DA CONFERENCIA DOS EXPERTOS PERO CON INFORMACIÓN MÁIS AMPLA E ALGÚNS EFECTOS TÉDELA PREMENDO NA FOTO DO CARTAZ.
O QUE A PROFE NON SABÍA E QUE EU,PERECHO,ESTABA AGOCHADO DENTRO DA PANTALLA,JI,JI,JI...

1 comentario:

  1. Sentimos non poder acudir a conferencia :( , pero felicitacións!!!!! profe Maricruz por tanto esforzo e traballo :)

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.