O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 7 de junio de 2013

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO.


ESTABAMOS ESPERANDO ANSIOSOS ESTA VISITA.PODER VER AOS ANIMAIS DO MAR NOS FACÍA MOITÍSIMA ILUSIÓN E ESTÁBAMOS EMOCIONADOS E NERVIOSOS.
CHEGAMOS SUPERPUNTUAIS COAS NOSAS PANOLETAS E ETIQUETAS.
O PRIMEIRO QUE ATOPAMOS FOI UNHA ESTUPENDA MAQUETA DO MUSEO.DESPOIS LEVÁRONNOS ATA UN POBOADO OESTRYMNIO QUE HABÍA ALÍ.ERA DE VERDADE!QUE EMOCIÓN!SONIA,A NOSA XENIAL MONITORA,CONTOUNOS UN CONTO MARAVILLOSO SOBRE O SEU AVÓ QUE ERA MARIÑEIRO E ENSINOUNOS UN COFRE CHEO DE TESOUROS,ATA CON MOEDAS DE OURO DE VERDADE.LOGO MIRAMOS TODOS ESES PEIXES QUE NOS ENSINOU A PROFE MARICRUZ NA CLASE E QUE ESTUDIAMOS,NUN ACUARIO MOI MOI GRANDE.O QUE NOS FIXO MÁIS ILUSIÓN FOI MIRAR A UNHA PARELLA DE PINTARROXAS-ZAPATAS COS SEUS BEBÉS.
QUE BONITO!EXPECTACULAR!
SE PREMEDES NA FOTO DA PINTARROXA-ZAPATA PODEREDES MIRAR A RECEITA QUE PROMETÍN A ALGÚNHAS FAMILIAS DE FIDEGUÁ DE PINTARROXA.
BON APETIT!

PODEDES VER O ACUARIO NO VIDEO QUE NOS FIXO A PROFE.LOGO ENSINÁRONNOS A CAZAR BALEAS ,ATA A PROFE TIROU O SEU ARPÓN,E CÓMO ERAN AS SÚAS BARBAS E DENTES.APRENDIMOS A PESCAR E A RESPEITAR AS TALLAXES PEQUENAS.TAMÉN CONVERTÍMONOS EN MARIÑEIROS DUN FALUCHO SUPERGUAI.
NUNCA ESQUECEREMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN E O BONITA QUE FOI.GRAZAS A SONIA E Á PROFE POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS.
SE QUERES MIRAR AS PRECIOSAS FOTOS QUE FIXEMOS,PREME NA FOTO DARRIBA ONDE ESTAMOS TOD@S COMO VERDADEIROS MARIÑEIROS.


E SE QUEREDES AMPLIAR OS VOSOS COÑECEMENTOS SOBRE OS NOSOS PEIXIÑOS...PREMEDE NESTA PRECIOSA FOTO DO NOSO ACUARIO,UN GRANDE E PRECIOSO PINTO.
TAMÉN PODEDES XOGAR COS DÓUS ACUARIOS QUE TEMOS AO FINAL DO NOSO BLOGUE,UN NO QUE PODEDES CAMBIAR DE ANIMAL E FONDO MARIÑO E OUTRO PARA  DARLLE DE COMER AOS PEIXIÑOS,OS DÓUS ESTUPENDOS PARA QUE OS VOSOS FILL@S PRACTIQUEN CO RATO DO ORDENADOR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.