O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 19 de abril de 2015

UNHA PASCUA,NA NOSA ESCOLA,CON MOITO COLORIDO.

OS NOSOS COELLOS DE PASCUA.
NA NOSA AULA,FIXEMOS ESTES BONITOS COELLOS DE PASCUA.
NESTA PRESENTACIÓN EXPLICAMOS CÓMO O FIXEMOS E CON QUÉ MATERIAIS.
É MOI SINXELO E VISTOSO.
A QUE ESTÁN MOI CHULIS?


DURANTE AS VACACIÓNS PEDÍUSELLES ÁS FAMILIAS QUE DECORARAN UN OVO DE GALIÑA OU DE OUTRA AVE,PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN NA NOSA ESCOLA,COMO SE VAI FACENDO DENDE VAI ALGÚNS ANOS.
MANDAMOS,POR TOKAPP SCHOOL,AS INSTRUCIÓN PARA BALEIRALOS CON ÉXITO.
O RESULTADO FOI ESPECTACULAR,COMA SEMPRE.
AS NOSAS FAMILIAS SON MOI,PERO QUE MOI CREATIVAS, E CADA ANOS NOS SORPRENDEN MÁIS.
NA NOSA AULA OS QUE MÁIS GUSTARON ,AOS RAPACES, FORON OS SEGUINTES,AINDA QUE TODOS ESTABAN PRECIOSOS.

AGORA FALLA A DECISIÓN DO XURADO ESCOLAR,QUE TEN QUE VALORAR OS OVOS DE TÓDALA ESCOLA.
CAL SERÁ O GAÑADOR?
XA VOLO COMUNICAREMOS NAS NOVAS DO NOSO BLOGUE.
E AGORA OS NOSOS PRECIOSOS OVOS.

OVOS DA CASA 2015. - Kizoa Movie Maker
EXPOSICIÓN DOS NOSOS OVOS.
A EXPOSICIÓN QUEDOU ESTUPENDA E PODEDES VIR A VISITALA NO SEGUNDO ANDAR DA NOSA ESCOLA,XUNTO AO AULA DE INGLÉS,OS MARTES DE 16 A 17h.

NÓS XA FOMOS A COLOCAR OS NOSOS OVOS,ENRIBA DUN TAPONCIÑO E CUNHA ETIQUETA CO NOSO NOME E O AULA.

A VER SE TEMOS SORTE E ALGÚN DA NOSA CLASE É O GAÑADOR.SE NON FOSE ASÍ,DA IGUAL,POIS O MÁIS IMPORTANTE E PARTICIPAR,ADEMÁIS DE QUE FIXÉMOLOS COAS NOSAS FAMILIAS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

A SORPRESA DE ÁFRICA.
PERO...LEVAMOS UNHA GRANDE SORPRESA,PORQUE ÁFRICA TROUXO UNS OVOS DIFERENTES AOS QUE COÑECÍAMOS.
ERAN DE GALIÑAS,PERO DUNHAS GALIÑAS DESCOÑECIDAS PARA NÓS:OVOS DE GALIÑAS ARAUCANAS,QUE POÑEN OVOS DE COR AZUL,MÁIS DUROS,CUNHA XEMA DE COR LARANXA E UNHA CLARA MOI CONSISTENTE.
ESCACHAMOS OS OVOS ARAUCANOS , OVOS BRANCOS E MORENOS PARA MIRAR E TOCAR AS DIFERENZAS ENTRE UNS E OUTROS.
BUSCAMOS INFORMACIÓN E VÍDEOS EN INTERNET PARA VER COMO SON ESAS GALIÑAS,DE ONDE PROCEDEN,PORQUÉ OS SEUS OVOS TEÑEN A CASCA MÁIS DURA...
EXPERIMENTAMOS CON ELES E ATA BALEIRAMOS ALGÚNS PARA DEIXALOS NO NOSO RECANTO DA NATUREZA.
MIRADE CÓMO EXPERIMENTAMOS COS OVOS,CUN FONDO MUSICAL DA CANTIGA DOS PITIÑOS,QUE É A QUE MÁIS NOS GUSTA.
CANTÁDEA COS VOSOS FILL@S,VEREDES QUE DIVERTIDO SE FAI COS XESTOS QUE FACEMOS.
OS OVOS ARAUCANOS DE ÁFRICA. on PhotoPeach
SE QUEREDES SABER COUSAS SOBRE ESTE TIPO DE AVES,PREMEDE NA SIGUINTE FOTO.
É MOI INTERESANTE!
NON SABEMOS COMO SABERÁN ESES OVOS,PERO SEGURO QUE SON DELICIOSOS.
ARAUCANAS EN VIVO...


MOITAS GRAZAS Á NAI DE ÁFRICA.
SEMPRE TRAE COUSAS Á ESCOLA PARA QUE SEXAMOS ,CADA DÍA,MÁIS SABI@S.
ESTAMOS MOI LEDOS PORQUE ERA UNHA RAZA EN PERIGO DE EXTINCIÓN,FAI MOI POUQUIÑO,E AGORA XA ESTÁ CASE RECUPERADA.

3 comentarios:

  1. Os ovos quedaron preciosos. Quen diría que cun simple ovo poidérase facer algo tan bonito.
    Cristian.

    ResponderEliminar
  2. Una exposición de lo más original. Alba tenía muy claro que quería hacer unos conejos con los huevos, me pidió que para los ojos consiguiera los que utilizan en clase, despues de pintarlos con las temperas, los decoramos con fondant y bolitas de adornos de repostería. Fue muy divertido...

    Para mi también fue una sorpresa la especie de gallinas Araucanas, no tenía ni idea, muchas gracias África.

    ResponderEliminar
  3. Vaya exposición de ovos!!!!! Impresionante !!!! Son todos chulísimos :)

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.