O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 27 de abril de 2015

TRES NOVAS QUE MERECE A PENA QUE SAIBADES.

PRIMEIRA NOVA: XULIO CAMPIÓN!
XULIO,O NOSO COMPAÑEIRO DA AULA DA PROFE CHELO,4º NA CATEGORIA SUB 10 NO CERTAME,DE DÚAS XORNADAS, CELEBRADO EN MONDARÍZ E PATROCINADO POLO COLEXIO MARCOTE E KASPAROF.
NORABOA XULIO,SEGUE ASÍ!
ÁNIMO E SEGUE A PARTICIPAR NESTE EVENTOS DEPORTIVOS.



SEGUNDA NOVA:"A 1º VOU..."
SEMPRE QUE OS NEN@S DA PROFE MARICRUZ CHEGAN A 6º DE ED. INFANTÍL,A PROFE MARICRUZ E,NESTE CASO,A PROFE CHELO,ARTELLARON ACTIVIDADES DE DÚAS XORNADAS DE INTERCAMBIO,ENTRE AS DÚAS AULAS,PARA QUE OS RAPACES VAIAN ACOSTUMÁNDOSE Á ED, PRIMARIA E OS NEN@S DE PRIMARIA RECORDEN O SEU PASO POR INFANTÍL.
UNHA DESTAS XORNADAS REALIZOUSE NESTE MES DE ABRIL E A SEGUNDA FARASE NO MES DE MAIO.
FOI,COMA SEMPRE,UN ÉXITO.
OS NOSOS NEN@S ESTABAN NERVIOSOS PERO Á VEZ EMOCIONAD@S.
NORMALMENTE VAN CUNHA CARPETIÑA,UNHA CAIXA DE CORES,UN LÁPIS E UNHA GOMA CADA UN,PERO COMO NESTE CURSO,POR MOR DA CRISE,NON TEMOS MOITOS RECURSOS,SÓ POIDERON LEVAR UN FOLIO ,UN LÁPIS E UNHA GOMA,ADEMÁIS DE MOITA ILUSIÓN.
MIRADE AS SÚAS CARAS.
OS DE ED. PRIMARIA GOZARON MOGOLLÓN E NON QUERÍAN MARCHAR DO AULA DA PROFE MARICRUZ E ESTÁN DESEXANDO QUE CHEGUE A XORNADA DE MAIO.
ENTRE ELES,O NOSO AMIGO-CAMPIÓN,XULIO.
SE PREMEDES ONDE PON PhotoPeach,NOS BOTÓNS DA PRESENTACIÓN,PODERÉDELA VER CON MÚSICA.
A PRIMEIRO VOU 2015 on PhotoPeach

TERCEIRA NOVA:UNHA SORPRESA NA FORMA DE GUIÑOL.
OS NEN@S MAIORES APARECERON NA NOSA AULA CUNHA FERMOSA SORPRESA,UNHA OBRIÑA DE TEATRO,FEITA POR ELES,E QUE NOS ÍAN REPRESENTAR NA NOSA AULA NA HORA DE LER.
ESTUPENDA SDORPRESA!
COMO NOS GUSTOU!
MOITAS GRAZAS,RAPACES!

1 comentario:

  1. Pa primeiro vou!!!! Ohhhh!!!! Os nosos nenos fanse maiores. Xa non queda nada. ¿A quén lle producirá máis mágoa? ¿A nós os páis ou a os nosos nenos? Votarémosche de menos profe Maricruz.
    Cristian e familia

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.