O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

martes, 29 de marzo de 2016

NORABOA,XULIO,XA ERES CAMPIÓN GALEGO!



O ALUMNO DA NOSA ESCOLA,XULIO DEL PRADO,XA É ,POR FIN,CAMPIÓN GALEGO DE XADRÉZ.
XULIO SORPRENDEU AOS SEUS PAIS,DENDE MOI PEQUENIÑO,POLA SÚA FACILIDADE PARA APRENDER.
AOS SEUS 9 ANOS,XA É CAMPIÓN DE GALIZA DE XADRÉZ SUB-10,E XA PARTICIPOU NUNHA MOREA DE CAMPIONATOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS.
PRINCIPIOU A XOGAR AOS 6 ANOS,PAROU UN MESIÑO E LOGO RETOMOUNO SEN PARAR,GAÑANDO MOITOS TROFEOS.
A XULIO ,O QUE MÁIS LLE GUSTA E XOGAR,AINDA QUE NON GAÑE EN MOITAS OCASIÓNS,PORQUE IR AOS TORNEOS É EMOCIONANTE E XOGAR COA AMIGO@S TAMÉN.
POLO DAGORA AS PARTIDAS SAÍRONLLE MÁIS BEN QUE MAL.
TOD@S SABEDES DALGÚNS DOS SEUS TRUNFOS,POLA PUBLICACIÓN DELES NESTE BLOGUE.
 NO 2015 PROCLAMOUSE SUBCAMPIÓN PROVINCIAL E AUTONÓMICO,O QUE LLE VALÍU PARA IR AO CAMPIONATO DE ESPAÑA,NO QUE CONQUERÍU A TERCEIRA PRAZA.
NO CIRCUÍTO ESCOLAR DE XADRÉZ CONQUERÍU O TERCEIRO POSTO,SENDO O XOGADOR DE MENOR IDADE DA SÚA CATEGORÍA E PARTICIPOU EN NUMEROSOS TROFEOS,ACADANDO O CAMPIONATO GALEGO 2016.
TAMÉN PARTICIPA NA LIGA GALEGA,NA QUE AS PARTIDAS SON DE CATRO HORAS.
NUN FUTURO,GUSTARÍALLE SER PROFESIONAL.
AGORA ESTÁ A PEPARAR O SEU SEGUNDO ASALTO AO CAMPIONATO DE ESPAÑA,QUE SE DISPUTARÁ A FINAIS DO VINDEIRO MES DE XUÑO.

DEXEXÁMOSCHE TODA A SORTE DO MUNDO!
ÁNIMO,XULIO,TÍ PODES LOGRALO!

3 comentarios:

  1. Enhorabuena campeón!!! Y felicidades a tus papis!!! Si nosotros estamos orgullosos de ti como tienen que estar ellos con un hijo como tu?!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas felicidades!!!

    ResponderEliminar
  3. Noraboa Xulio!!!!! Campion galego, que dise pronto. Moitisima sorte no campionato de España que por suposto que podes logralo. E como dixo Maricruz "ti si que vales".

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.