O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 16 de marzo de 2016

UNHA MULLER MARABILLOSA DE GALIZA E UNS HOMES MARABILLOSOS DAS NOSAS VIDAS.


Hai 178 anos, o 24 de febreiro nacía Rosalía De Castro en Santiago de Compostela. No mundo da literatura, Rosalía é unha das escritoras máis importantes da nosa lingua, pero tamén realizou excelentes aportacións en castelá. 
Rosalía é comparada por moitas persoas como a "alma de Galicia". 

o 24 DE FEBREIRO, a imaxe de cabeceira da páxina de inicio de Google, está adicada a unha das figuras máis representativas da nosa cultura.Ademáis dunha imaxe de Rosalía, aparecían os primeiros versos dun dos seus poemas máis coñecidos. Seguro que máis dun/unha podería recitalo de memoria! 
Nós,na nosa aula tamén coñecimos a ROSALÍA.
Unha das nosas alumnas leva o seu nome. 
Soubemos cousas da súa vida e a musica que facía coas verbas.
Ademáis do sentimento que nos provoca cada vez que lemos ou escoitamos os seus poemas.
Os nosos nen@s quedaron abraiados con ela.
Mirade que cousas tan chulas estudamos dela e o que fixemos,unhas poucas,claro,porque todas é imposible poñelas no blogue.
Puxémoslle cara e nome á persoa.
 Soubemos cousas sobre ela:como foi de pequena,onde vivíu,con quen casou,que estudou,o que sintíu cando marchou de Galiza...
Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
......
Cantares Gallegos 
- See more at: http://faiclicnastics.blogspot.com.es/2014/02/dia-de-rosalia-de-castro-24-de-febreiro.html#sthash.UQve35GE.dpuf
Partindo destes enlaces,principiamos a nosa andaina.
Premede na imaxe para ver os enlaces.
http://faiclicnastics.blogspot.com.es/2014/02/dia-de-rosalia-de-castro-24-de-febreiro.html
Grazas ao CEIP"Padre Feijóo" de Allaríz,por esta escolma de materiais.
Tamen fixemos un percorrido vitual pola súa casa.
Observamos a súa habitación,o escritorio onde escribíu,...

Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
......
Cantares Gallegos 
- See more at: http://faiclicnastics.blogspot.com.es/2014/02/dia-de-rosalia-de-castro-24-de-febreiro.html#sthash.UQve35GE.dpuf
E a profe buscou unha poesía para que a aprendéramos e escolleu unha de "CANTARES GALEGOS",MOI GRACIOSA,dunha galiña un pouco sinvergoña.


Mirade como a recitan !.Esta é unha escolma que fixo Luna,unha alumna de 6º,con tódalas poesías traballadas nas aulas da nosa escola.

Noraboa,Luna,eres unha artista! 
E @s nen@s de 3 anos,uns grandes intérpretes!
Espero que vos guste o traballo de tod@s, recopilado neste vídeo.
Recomendo a lectura de  textos da autora adaptados a nenos e nenas, como é o caso do libro "Parece unha rosa" , magníficamente ilustrado por Isabel Pintado e editado por Espiral Maior.

A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) ven loitando,estes anos,para que o 24 de febreiro sexa unha xornada especial e propón que tod@s fagamos o agasallo dun libro en galego e unha flor. 
A Asociación impulsa diversas actividades; realiza unha proposta anual aos centros educativos a través das súas bibliotecas escolares, ás que se pode acceder a través do enlace.
Destaco un enlace sobre a vida de ROSALÍA,emitido nun programa de RTVE, "La aventura del saber", en Televisión a la carta.Premede no título do programa e poderedes acceder.


E...DESPOIS DUNHA MULLER MARABILLOSA,OS HOMES MARABILLOSOS DAS NOSAS VIDAS.

PAI NON É SOMENTE O QUE LEVA O NOSO SANGUE,SENON TAMÉN AQUEL QUE NOS COIDA,SE PREOCUPA POR NÓS,NOS LEVA Ó MÉDICO,NOS AXUDA NOS ESTUDOS,NOS DA UN BICO E UNHA APERTA CANDO TEMOS MEDO OU ESTAMOS TRISTES,....
PODE SER O NOSO PAPÁ ,O NOSO AVÓ,O NOSO PADRIÑO,OU A PARELLA DA NOSA NAI,DO NOSO PAI...,AQUEL QUE VERDADEIRAMENTE SE COMPORTA COMO UN PAI PARA NÓS.
O NOSO TRABALLO VAI ADICADO A ESTE HOME:"O HOME MÁIS IMPORTANTE DA NOSA VIDA".
SABEMOS QUE TODO O QUE FAGAMOS SERÁ POUCO PARA AGRADECER TANTO AMOR QUE NOS DA PERO,DURANTE MOITAS SEMANAS, TRABALLAMOS MOITO PARA ÉL.
QUEREDES VER O QUE FIXEMOS?
COSTOUNOS MOITO TRABALLIÑO,PERO,CON MATERIAIS DE REFUGALLO...QUEDOUNOS PRECIOSO.

E,ADEMÁIS,CUNHA NOTIÑA ESCRITA POR ELES.


DÍA DO PAI 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
OS NEN@S DE RELIXIÓN,DA NOSA AULA,FIXERON,COA PROFE MERCE,UNHA BONITA POSTAL.
MIRADE QUE CHULA!
PERO TODO ISTO É UN SEGREDO ATA O SÁBADO.


E FELICES VACACIÓNS!"
UNHA APERTA DOS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.

4 comentarios:

  1. que chulada!!!! david esta deseando darle su regalo a papi!!!

    ResponderEliminar
  2. Si pero bonito. Como trabajáis y como aprendéis. Me encanta el regalito. Felicidades a todos los papas y a las mamas, cuidado con los suelos, van a estar todos mojados jaja. Muchas gracias profe. Un supermercado abrazo de asir y su mama

    ResponderEliminar
  3. Que bonito!!! Pero eu de momento non me dou por enterado da sorpresa! :-) Víctor, papai de Mar

    ResponderEliminar
  4. Menudo traballo. E precioso. O Pai de Rebeca quedou abraiado co super regalo. Gracias profe. Gracias por acordarte do día do pai, gracias polo traballo porque facer 25 bonecos destos non debe ser nada sinxelo jeje. Gracias coma sempre. Unha aperta moi grande, sobre todo do pai de Rebeca.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.