O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 22 de mayo de 2016

ALBA,EXALUMNA DA PROFE MARICRUZ:SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE XIMNASIA ACROBÁTICA.MEDALLA DE PRATA MOI MERECIDA.


O 31 DE ABRIL CELEBROUSE O CAMPIONATO GALEGO DE XIMNASIA ACROBÁTICA,NO PABILLÓN DAS TRAVESAS DE VIGO.
O TRÍO DE ATLETAS DE ALBA,EXALUMNA DA PROFE MARICRUZ E ALUMNA DE 4º CURSO DE ED. PRIMARIA DO NOSO COLE,QUEDOU PRIMEIRO NA CATEGORÍA ALEVÍN.
NESTA TEMPADA TAMÉN QUEDARON DE PRIMEIRAS NOUTRAS COMPETICIÓNS COMO,A COPA DE GALICIA E O CAMPIONATO AUTONÓMICO NA COMUNIDADE DE MADRID.
POR TODOS ESTES TRUNFOS,FORON SELECCIONADAS PARA REPRESENTAR A GALIZA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA 2016.

FOTOS DO CAMPIONATO DE GALICIA.


MOITAS HORAS DE ENTRENAMENTO,DE ESFORZO E DE PRIVAZÓNS.
ESPERÁBAMOS,CON MOITA ILUSIÓN E INCERTIDUME, QUE CHEGARA
O DÍA 20 DE MAIO.
EN VALENCIA ÍASE CELEBRAR O CAMPIONATO DE ESPAÑA.
PERO O ESFORZO,OUTRA VEZ,FOI RECOMPENSADO.
ÁS 17:26,A PROFE MARICRUZ RECIBE A MELLOR NOVA QUE POIDERA ESPERAR...
"MEDALLA DE PRATA PARA AS GALEGAS".
A PROFE PEGOU CHIMPOS,BERROU,CHOROU E RÍU Á VEZ.
QUE LEDICIA!
QUE MARABILLA!
ALBA,SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE XIMNASIA ACROBÁTICA!
 QUE ORGULLOS@S ESTAMOS TOD@S DELA!

PARABÉNS E DESEXAMOS QUE TEÑAS MOITOS MÁIS TRUNFOS!
MOITOS BICOS DOS TEUS COMPAÑEIR@S,MESTRES,NEN@S DE 3 ANOS,PERECHO E A TÚA PROFE MARICRUZ.
E VOLVE A FACER MÁIS CONTACONTOS NA NOSA AULA.

4 comentarios:

  1. Muchísimas felicidades a nuestra campeona!!! Alba, a tu mami y a tu madrina le tendré que pillár un babero... y a la profe Maricruz también!

    ResponderEliminar
  2. parabéns Alba!
    moi merecido premio ao teu esforzo, é unha ledicia verte disfrutar tanto de este deporte.
    Segue así, sempre cun sorriso!
    Grazas Mari Cruz por falar destes campións e o seus logros, todo un exemplo para os seus companeiros.

    ResponderEliminar
  3. Felicidades Alba. Subcampiona. Impresionante. O final o esforzo e horas de entrenamento dan a sua recompensa. Noraboa outra vez!!!!!!!



    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.