O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 15 de mayo de 2016

"ONDA" DE SUZY LEE:UN CONTACONTOS QUE TROCOUSE EN MARABILLOSO PROXECTO.

UNHA TARDE,O PAPÁ DE MAR,VÍCTOR,DÍXOLLE Á PROFE MARICRUZ,QUE GUSTARÍALLE CONTARLLES UN CONTO AOS NEN@S DE 3 ANOS.
FALARON DO CONTO E QUEDARON PARA ARTELLAR UNHA SERIE DE ACTIVIDADES ESPECIAIS PARA FACER ESE DÍA.PERO,O CONTACONTOS DEU PÉ A UNHA MOREA DE IDEAS QUE,DE SÚPETO ,XURDIRON DA CABEZA DA PROFE MARICRUZ,PARA CONTINUAR CUN TRABALLO INTERDISCIPLINAR QUE,AO FINAL,LEVARÍANOS UN MES PARA DESENVOLVELO.
CREAMOS MATERIAIS,FIXEMOS ACTIVIDADES DIVERSAS DE MATEMÁTICAS,PLÁSTICA,NATURAIS,PSICOMOTRICIDADE,
MÚSICA,EMOCIÓNS,DOS SENTIDOS,...E APRENDIMOS MOITO,MOITO.
SACÁMOSLLE MOITO PARTIDO A ESTA FERMOSA HISTORIA SEN PALABRAS DE SUZY LEE,"ONDA".
NESTA ENTRADA SÓ IMOS FACER CONSTANCIA DAS ACTIVIDADES MÁIS RELEVANTES QUE SE PODEN PLASMAR EN IMAXES E SONS E FACERVOS PARTÍCIPES DE PARTE DO NOSO TRABALLO,DO QUE SENTÍMONOS SUPER ORGULLOS@S.
EN PRIMEIRO LUGAR QUEREMOS QUE COÑEZADES A ESTA ESTUPENDA AUTORA,PREMENDO NA FOTO DELA.

HAI MOITOS VÍDEOS EN YOUTUBE,SOBRE O CONTO,E TODOS SON FENOMENAIS,PERO ÉSTE É O QUE MÁIS LLES GUSTA AOS RAPACES.
QUIZAIS PORQUE É O ÚNICO QUE PRESENTA MOVEMENTO.

 DE SEGUIDO ,A REPORTAXE SOBRE O CONTACONTOS DE VÍCTOR, TRABALLO MOTÓRICO CO PAPEL DE SEDA,
"SOMOS ONDAS DO MAR"E
A CANCIÓN QUE PUXO A PROFE,PARA FACER OS MOVEMENTOS DAS ONDAS.
PODÉDELA CANTAR COS VOSOS FILL@S,NA CASA,E FACER OS MOVEMENTOS.E MOI DIVERTIDO!

A PESARES DE TER MOITO MEDO ,POIS NUNCA TÍÑASE ENFRONTADO A NEN@S TAN CATIVOS,XA QUE É PROFE PERO DE NEN@S MAIORES,FÍXONO FENOMENAL.
NON HAI NADA COMO MOSTRARSE NATURAIS E TRANSMITIR EMOCIÓNS COAS VERBAS E COS XESTOS ANTE A XENTE,DA IGUAL A IDADE QUE TEÑAN OS INTERLOCUTORES.

PODEDES VISITAR O NOSO ESTUPENDO MURAL,NO PASIÑO DE ED. INFANTÍL. 
 PERO...COMO O FIXEMOS?
MIRADE,MIRADE,CANTO TRABALLO!
PRINCIPIÁMOLO CON VÍCTOR E TRABALLAMOS,DURANTE CATRO SESIÓNS MÁIS,PARA REMATALO.




ONDA:CONFECCIÓN MURAL. - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

 TRABALLAMOS OS SONS DO MAR,AS GAIVOTAS,O SEU VÓ,AS ONDAS,O MOVEMENTO,O VENTO DO MAR,AS CUNCHAS ,OS MOLUSCOS DA RÍA DE VIGO,OS OLORES DO MAR...E AS EMOCIÓNS DA NENA,QUE ATA PUXÉMOSLLE "MAR" DE NOME,PORQUE  PARÉCESE A ELA.
PARA EMPATIZAR E TRABALLAR COAS EMOCIÓNS DA NENA ELABORÁRONSE MATERIAIS DIVERSOS.
ENTRE ELES ESTÁN A "CAIXA DAS EMOCIÓNS DE MAR" E O XOGO,ADEMÁIS DUN TRABALLO INDIVIDUAL SOBRE AS NOSAS EMOCIÓNS ANTE AS ONDAS E ANTE AS DIFICULTADES DA VIDA.
AS MIÑAS EMOCIÓNS:ONDA. on PhotoPeach
A CAIXA DAS EMOCIÓNS DE MAR.
NESTAS FOTOS SAE O EXEMPLO DE REBECA.DE COMO TOD@S E CADA UN DOS NOSOS NEN@S,EXPRESARON AS EMOCIÓNS E TRABALLARON CON ELAS.



A CAIXA DA GRAFOMOTRICIDADE. 
CAIXA FEITA POLO CONSERXE PABLO,PINTADA E DECORADA POR NÓS E RECHEA COA AREA QUE SOBROU DO MURAL E DOS TRABALLOS INDIVIDUAIS.
UNHA MOSTRA DE CÓMO,CON MATERIAIS DE REFUGALLO,PÓDENSE CREAR OUTROS MOI VALIOSOS E PRÁCTICOS.
QUEREMOS AGRADECER A VÍCTOR,PAPÁ DE MAR,O SEU ENTUSIASMO,O SEU TEMPO PARA VIR AO CONTACONTOS E PARTE DO MURAL,A SÚA PACIENCIA.
Á OUTRA PERSOA ESPECIL,TAMEN CHAMADA VÍCTOR,PAPAI DE MAR,QUE ELABOROU AS BONEQUIÑAS QUE LOGO NÓS COLOREAMOS E DECORAMOS.
ÁS FAMILIAS POR PROPORCIONARNOS A AREA E AS CUNCHAS.
E A PABLO,O CONSERXE, POR FACERNOS A CAIXA DE GRAFOMOTRICIDADE,QUE TÍÑAMOS SOÑADO.
GRAZAS A TOD@S OS QUE VIÑERON A VISITAR O NOSO MURAL E VALORARON O NOSO TRABALLO E ESFORZO.
QUIXEMOS FACER UN AGASALLO ESPECIAL Á FAMILIA DE MAR,
UN DVD CON TODO O MATERIAL VISUAL(VIDEOS,FOTOS,DOCUMENTOS...),AUDITIVOS,PDFs,GIFS...,
ADEMÁIS DUN TRABALLO DE EMOCIÓNS COAS SINATURAS DE TOD@S POR DETRÁS.

NON FAI FALLA DICIR QUE OS MATERIAIS ESTÁN A DISPOSICIÓN DE CALQUERA DOS MESTRES DO CENTRO QUE O PRECISEN.
SÓ TEÑEN QUE PEDIRLLOS Á PROFE MARICRUZ.
TODOS ELES PÓDENSE ADAPTAR A CALQUERA NIVEL EDUCATIVO E É UN PROXECTO INTERDISCIPILINAR CUNHA MOREA DE POSIBILIDADES.
DEIXADE VOAR Á IMAXINACIÓN!

2 comentarios:

  1. Menudo trabajo en equipo!!!! Da gusto ver como los peques aprenden gozando con lo que hacen. Víctor, como te lo has currado, enhorabuena! Y nuestra profe como la Jurado..."La más grande"!

    ResponderEliminar
  2. Como me gustou iso da caixa das emocions. E a caixa que fixo Pablo, da grafomotricidade, estupenda. Todo o que sobra vale. Que bo e reciclar.
    Víctor, este ano quedan poucos dias pero paro o curso que ven xa podes ir preparando outro conto. Contamos contigo jejeje.
    O mural quedou espectacular.
    Un bico.
    Nai de Rebeca

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.