O blogue dos alumn@s e exalumn@s da profe Maricruz,de ed. infantíl,
do CEIP "Virxe do Rocío" de Bouzas-Vigo(Galiza).
O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.
ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS. SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET. UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.
Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega
O DÍA 22 DE MARZO,ENTREGÁRONSE OS PREMIOS ÁS FAMILIAS PARTICIPANTES NO CERTAME"LENDAS DE AMOR DE BOUZAS".
HOUBERON AGASALLOS PARA TÓDALAS FAMILIAS PARTICIPANTES E TRES PREMIOS ESPECIAIS.
ESTAMOS MOI ORGULLOSOS PORQUE A NOSA AULA DE 3 ANOS FOI A QUE MÁIS PARTICIPOU DE TÓDALA ESCOLA E ADEMÁIS OTORGÁRONSE DÓUS PREMIOS ESPECIAIS,DOS TRES OTORGADOS,A DÚAS DAS NOSAS FAMILIAS.
XA VOS MOSTRAMOS,NOUTRAS ENTRADAS ANTERIORES,OS TRABALLOS PRESENTADOS POLAS NOSAS FAMILIAS PARTICIPANTES E SÓ QUEDOU UN DOS PREMIOS ESPECIAIS,SEN PUBLICAR NO NOSO BLOGUE,É O DA FAMILIA DE SILVIA,POIS FOI PRESENTADO POLA SÚA IRMÁ IRENE,NA SÚA AULA.
SE QUEREDES LEMBRAR ESTE EXCELENTE TRABALLO,PREMEDE NA FOTO DE ALEXANDRE,O NOSO PREMIO ESPECIAL.
PREMIO ESPECIAL TAMÉN PARA A FAMILIA DE SILVIA E IRENE.
E AGORA,UNHA ESCOLMA DE FOTOS DOS PREMIOS DOS ALUMN@S E EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ.
GRAZAS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA DA NOSA ESCOLA,EN ESSPECIAL Á PROFE CRIS ,POLOS AGASALLOS,Á PROFE MARICRUZ POR ANIMARNOS TANTO A PARTICIPAR E ÁS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN.
XA SABEDES QUE A SEMANA PASADA FOI A "SEMANA DA FROITA NA ESCOLA".ESTE É UN PROXECTO DA XUNTA DE GALIZA PARA QUE OS RAPACES CONSUMAN FROITA,POLO MENOS UNHA SEMANA AO MES,NA ESCOLA.
ESTAMOS MOI CONTENTOS PORQUE CONSEGUIMOS QUE TÓDOLOS NOSOS ALUMNOS/AS TOMARAN UNHA PEZA DE FROITA AO DÍA.
MOITOS DOS NOSOS RAPACES NON TEÑEN COSTUME DE TOMALA E OS PROFES CONQUERIMOS,CO NOSO ESFORZO E FACÉNDOLLES COMPRENDER AS SÚAS PROPIEDADES E BENEFICIOS E FACENDO UNHA CAMPAÑA POSITIVA SOBRE ELAS,QUE CONSUMIRAN AS FROITAS QUE CORRESPONDÍAN A CADA DÍA,CON LEDICIA.
O PROFESORADO QUEREMOS QUE O CONQUERIDO SE PERPETÚE NAS CASAS.PREGAMOS ÁS FAMILIAS QUE CONTINÚEN CON ESTA LABOR POLA SAÚDE DOS SEUS FILLOS/AS.
SABEMOS QUE MOITOS DE VÓS ESTADES SORPRENDIDOS DE QUE OS VOSOS FILLOS/AS ESTEAN CONSUMINDO FROITA.
MIRADE AS FOTOS.
O PROGRAMA FOI:
LUNS:MANDARINAS.
MARTES:PLÁTANOS.
MÉRCORES:PERAS.
XOVES:FRESAS.
VENRES:MAZÁS.
APRENDIMOS CORES,FORMAS,TEXTURAS,FROITAS QUE SE COMEN CON PEL, SEN PEL,AS QUE TEMOS QUE LAVAR,AS SÚAS PROPIEDADES...
E FIXEMOS UN MONTÓN DE TRABALLOS,COÑECIMOS A BALOO,O OSO DO LIBRO DA SELVA,AMANTE DAS FROITAS E MOITÍSIMAS COUSAS MÁIS.
LIMOS E ASOCIAMOS OS SEUS NOMES ÁS SÚAS IMAXES.
TAMÉN DEBUXÁMOLAS.
EN GALEGO E EN CASTELÁ E AS QUE PELAMOS E AS QUE TEMOS QUE LAVAR PARA MANTER UNHA HIXIENE ALIMENTARIA...,AS ÁCIDAS,AS DOCES...
ESPERAMOS,NO MES DE ABRIL,TER OUTRA SEMANA DA FROITA.
VOS AVISAREMOS PARA ADECUAR AS MERENDAS COMO NO MES DE MARZO.
DENDE ESTE BLOGUE,EU,MARICRUZ,UNHA MULLER TRABALLADORA,QUERE RECORDARVOS QUE O DÍA 8 DE MARZO,CELÉBRASE,EN TODO O MUNDO,"O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA".POR ISTA RAZÓN POÑO Á VOSA DISPOSICIÓN ESTES ENLACES DE INTERESE,QUE NOS FALAN DA HISTORIA DESTE DÍA E ALGUNHAS COUSAS INTERESANTES QUE TODO O MUNDO DEBERÍA SABER.DENDE A ESCOLA TRABALLAMOS,DÍA A DÍA, SEMPRE POLA IGUALDADE E A NON DISCRIMINACIÓN,AGORA SÓ FAI FALLA QUE TAMÉN SE FAGA DENDE AS VOSAS CASAS.
AS MULLERES TRABALLARON,TRABALLAN E TRABALLARÁN SEMPRE DENTRO E FORA DA CASA,POLOS SEUS PRINCIPIOS,VALORES,DEREITOS E RECOÑECEMENTO,PORQUE SEMPRE,Ó LONGO DOS TEMPOS,LOITARON DURAMENTE POLO QUE AMARON:ÁS SÚAS FAMILIAS E Á SÚA TERRA. Maricruz
E AGORA UN CONTO PARA REFLEXIONAR GRANDES E PEQUENOS.
"O libro dos Porcos" Libro escrito por Anthony Browne e editado por Kalandraka. Presentación elaborada pola biblioteca do CEIP "MESTRES GOLDAR" de Vigo,cole onde a profe Maricruz impartiu clase. Editado en vídeo polo CEIP "VÍCTOR SÁENZ" de Mazaricos para a celebración do 8 de Marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Música: "Les jours tristes" de Yann Tiersen.
Fai uns
3600 anos, cando os Celtas arribaron ás nosas terras procedentes da Galia,
existían, segundo aseguran diversos historiadores, varios poboados erixidos sobre o mar con multitude de palafitos.
Un destes poboados orixinouse levantado sobre uns baixos ou arrecifes rochosos
existentes entón na Ría de Vigo, que foron coñecidos como «Carreiro
de fora» e «Carreiro de dentro»,tamén chamados corredoiras, e que
estaban situados na proximidade dun altozano avanzado na costa, que logo se chamaría «Cerrillo dos Caravallos», rodeado por unha magnífica
e extensa praia que ocupaba, a un e outro lado, unha longa lonxitude de costa.
Neste cerrillo, e entre os anos 1582 e 1626 da nosa era, levantaríase a actual
igrexa parroquial de San Miguel de Bouzas, e a gran praia sería
sacrificada, posterior e recentemente.
CARREIRO DE FORA(ONDE SE ATOPAN AS CONSERVEIRAS E OS ASTELEIROS).
CARREIRO DE DENTRO(PRAIA DE BOUZAS)
SACRIFIZO DOS CARREIROS EN PROL DO PROGRESO.
Así,
aqueles oestrymnios, semente dos futuros boucenses, asentáronse nun lugar que,
por devandito instinto, atoparon favorable tanto para a seu defensa como para a
súa supervivenza.Como xa vos contamos no anterior capítulo vivían
principalmente da pesca e demáis produtos da mar, baixando durante o día a
terra ,dende o seu húmido refuxio nos palafitos,para aprovisionarse de auga,
vexetais e dalgunha que outra peza de caza, que usaban tanto para alimento como
para proporcionarse, coas súas peles, as súas precarias e escasas vestimentas. En canto ao auga, dispoñían dela nun lugar moi
próximo, pois existía un abundante manantial nas proximidades do lugar onde
hoxe está a praza de Diego Santos, ao principio da Rúa de Ramón Álvarez,
coñecido antes como a « Fonte Vella », o redor
dela montaron algunhas cabanas para a súa estadía diurna, que rodearon con
parapetos térreos e estacadas, denominado como «bouza» a cada un
destes recintos, segundo continúase chamando aínda hoxe, no idioma campesiño, á
porción de terreo pechado sobre si mesmo en todo o seu perímetro, o que sen
dúbida deu, posteriormente, orixe ao topónimo de BOUZAS.
FONTE VELLA,NO MEDIO DA PRAZA,NO CARREIRO DE DENTRO.
FONTE Á MATERNIDADE NO CARREIRO DE FORA.
Pero isto foi porque se
decataron que tendo auga,vexetais,moluscos,peixes e poidendo ter,nese terreo
pechado,animais que se poden domesticar e que poidan server de alimento,cría e
axuda de carga,xa non facía tanta falla pasar o inverno na xunqueira de O
Rocío,aínda que de cando en vez foran a cazar xabaríns,cervos,etc.O asentamento
humán de O Rocío,onde está a nosa escola ,é posterior e dependeu da extensión
cara a esa zona,dos habitantes de Bouzas.
GRANXA NEOLÍTICA ASENTADA NUNHA BOUZA.
GANDO VACUNO NUNHA BOUZA.
A
vestimenta que levaron os nosos rapaces no Entroido,corresponde a estes
oestrymnios xa asentados e con vestimentas máis ricas.Pero xa é parte do
seguinte capítulo.
Pódese
consultar a webteca deste traballo,na entrada correspondente ao capítulo primeiro:”Antes dun asentamento definitivo”,neste blogue.
Traballo
de investigación realizado pola profe Maricruz e os nenos e nenas de 3 anos.
Aproveitamos para ensinarvos o excelente traballo que fixeron os nen@s de tres anos sobre o mar de Bouzas.
Despois de traballar o mar en calma,treboadas,picada,na posta de sol,no amancer,na noite,os animais do mar de Bouzas,o mar co reflexo da lúa,do sol,dos fogos das festas do Cristo,etc,as emocións que nos facían sentir,as súas cores según o ceo e sempre mirando ao noso mar con respeito e admiración porque grazas a él estamos onde estamos e somos como somos,mirade,por favor, o mar de Bouzas a través dos ollos dos nosos pequenos.Vai sorprendervos.
AS XERACIÓNS DE NEN@S QUE FORON ALUMN@S DA PROFE MARICRUZ XA SABEN UNHA LENDA MARAVILLOSA ,DE AMOR,QUE SE DESENVOLVEU EN BOUZAS:"O CABALEIRO DAS CUNCHAS",POLA SÚA BELEZA ,CONTIDO HISTÓRICO E ORIXE DA CUNCHA XACOBEA.
OS NEN@S DE 3 ANOS NON ÍAN SER MENOS E TRABALLÁMOLA DENTRO DO NOSO "PROXECTO BOUZAS".
PODEDES PREGUNTAR AOS VOSOS PEQUENOS POR ELA.XA A COÑECEN MOI BEN.
SE ALGÚN DE VÓS NON ,EIQUÍ A TEDES.
ESTÁ EN CASTELÁ,PORQUE ASÍ É COMO CHEGOU ATA NÓS.TÉDELA TRADUCIDA AO GALEGO NA CIRCULAR ENVIADA ÁS VOSAS CASAS.
CABALEIRO FEITO POLOS RAPACES DE PRIMARIA.O MAR FOI COLOCADO POLOS NOSOS RAPACES DE 3 ANOS E AS CUNCHAS FORON REALIZADAS POLA FAMILIAS.GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
O CABALEIRO DAS CUNCHAS.
Cuenta
una vieja leyenda que:
Cuando
traían a Galicia el Cuerpo del Apóstol Santiago…pasado Portugal, ya en las
costas de Galicia, en un lugar llamado Bouzas que está enfrente de las Islas de
Baiona ,se celebraba una boda entre una hermosa dama y un gentilhombre. Jóvenes
y de muy importantes y señaladas familias.
La
familia del novio procedía de Amaia, en el Reino de Galicia. Era hijo de la Reina Claudia Lupa,
hija de Cayo Julio César y de su primera mujer Cornelia a la cual dejó en
España en su segunda venida.
Su
padre era Lobo Lobesio, Señor del castillo Lupario junto a Padrón, y al cual el
Emperador Augusto hizo Régulo de Galicia.
El
hijo de ambos Lobesio Rivano estaba celebrando sus bodas con Caya Valeria, hija
de Caya Lobia y de Puctonio Marcelo en el hermoso lugar llamado Bouzas,
situado en mitad de la Ría
de Vigo, justo enfrente de las Islas Baiona, que fue el lugar elegido para
celebrar la boda.
Uno de
los entretenimientos de la boda, además de música, danzas y justas era competir
a diversos juegos como “ abofardar”, juego en el que los señores, montados a
caballo, lanzaban al aire sus cañas, bofardas o lanzas, teniendo que recogerlas
al galope de sus caballos antes de que cayesen al suelo.
Cuando
llegó el turno del novio, éste lanzó su bofarda y, mientras esperaba su caída,
observó cómo el viento desviaba súbitamente su trayectoria dirigiéndola
hacia la Ría. El
Caballero azuzó su caballo para no perder la lanza en el mar y, en su
desesperado intento, lo que consiguió finalmente fue hundirse en el agua con su
caballo y desaparecer.
A
medida que el tiempo transcurría y la desesperación de todos aumentaba, vieron
acercarse una barca luminosa que se dirigía hacia el punto donde había
desaparecido el novio y su caballo.
Cuando
ya todos lo daban por muerto, ¡ sucedió el gran milagro !.
Al
paso de la barca luminosa, el Caballero emergió milagrosamente de las aguas con
sus ropas y caballo cubiertos de Conchas de Vieira.
Atónito
y confundido por los hechos ocurridos, el Caballero dirigió su mirada hacia los
tripulantes de la nave quienes, emocionados, alzaron sus ojos al cielo
exclamando:
“-Verdaderamente quiere Jesucristo manifestar
su poder delante de ti y de aquellos que están en esta tierra, para bien y
honra de éste, su vasallo, que llevamos en esta nave para darle cristiano
enterramiento. Nuestro señor Jesucristo quiso mostrar a través de ti, a los
presentes y a los futuros,que quien a
éste su vasallo quieran amar y servir, deberán visitarlo allí donde fuese
enterrado llevando conchas como esas de las que tú estás cubierto, como sello
de privilegio. Él, a cambio, les ofrecerá que el Día del Juicio Final sean
reconocidos por Dios como vasallos suyos, y por la honra que le hicieron a su
vasallo y amigo Santiago al visitarlo y reverenciarlo, los resucitará en su
Santa Gloria y Paraíso”.
Después
de escuchar a los discípulos, el Caballero pidió que lo bautizasen y regresó a
la playa donde se reunió con su novia y les contó a los presentes lo ocurrido.
Se había Instituido la Viera como símbolo del
Peregrino y Sello de Salvación.
BASEÁNDONOS NESTA LENDA CONVOCAMOS UN CONCURSO:
"AMOR NAS NOSAS LENDAS"
EIQUÍ TEDES AS BASES E ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN.
ANIMÁDEVOS!
PUBLICAREMOS OS VOSOS TRABALLOS NESTE BLOGUE.
E...FALANDO DE AMOR E AMIZADE,ESES SON TEMAS QUE ,AÍNDA QUE SEMPRE ESTÁN PRESENTES NAS NOSAS ENSINANZAS,ESTES DÍAS FORON REFORZADAS E CELEBRÁMOLO NA NOSA AULA.
TRABALLAMOS O QUE É O AMOR E A AMIZADE,A PALABRA "AMOR",DECORAMOS OS VIDROS DA AULA,EXPRESAMOS O NOSO AMOR,CANTAMOS CANTIGAS,RECITAMOS POEMAS CURTOS,MIRAMOS VÍDEOS...
ESTES SON ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS.
E DE SEGUIDO,A HISTORIA DE AMOR QUE MÁIS LLE GUSTA AOS VOSOS FILL@S.
UN BICO MOI FORTE DE PERECHO,OS NEN@S E A PROFE MARICRUZ.
A nosa aula está a
traballar cómo eran os seus primeiros habitantes,cómo vestían,cómo vivían ,cómo
se alimentaban…Estes habitantes viñeron dende o río Douro,buscando terrras
fértiles e que lles deran abondante alimento e refuxio.
Antes,as illas Cíes estaban unidas a Monte Ferro e a Ría de
Vigo era unha gran ensenada que tiña unha única saída ao brasvío Océano Atlántico,Cabo Home,por iso a nosa Ría
era mansa e era como unha gran lagoa.Os nosos primeiros habitantes eran os Oestrymnios ,que
habitaban na costa occidental galáico-portuguesa dende o período eneolítico.
Eran grupos ou clans baseados nun
matriarcado.Os clans con lazos de parentesco agrupábanse en tribus,que se
defendían mutuamente dos ataques dos clans veciños.
Oestrymnios significa ,en grego,comedores
de ostras e moluscos ,o sexa,mariscadores.
Foron os inventores do sistema de secado da
zapata,tabeirón gato para algúns. a zapata
era a pintarroxa, melgacho ou melga para outros. Consultando a Guía dos peixes de Galicia
e dentro da familia dos Scyliorhinidae
atopamos o melgacho,
a roxa e a zapata. Posiblemente os
mariñeiros engloben aos tres dentro dunha única denominación. Do que non queda
dúbida é de que a zapata
é un pequeno tabeirón.e que o seu secado tanto na praia como dentro dos
barcos,abertos sen testa nen vísceras e colocados nunca cruceta de madeira, é anterior
ao sistema de salazón romano,coa finalidade de conservar o peixe para o seu
consumo nos días que non se podería nin pescar nin marisquear.
ZAPATA COMO A QUE LEVA ,NUNHA CRUCETA, IKER NA MAN.
Os primeiros boucenses eran seminómadas.Os
seus poboados eran estacionais.No verán construían palafitos sobre a beira da praia do que os boucenses consideran
a”Corredoira darriba”,zona de asteleiros e parte posterior da conservería
Alfageme hoxe,para refuxiarse das bestas que habitaban nas fragas achegadas e
colocar a secar as zapatas pescadas nas crucetas que fabricaban con paus.A
zapata,segue a ser o plato típico de Bouzas e séguese a realizar o seu sistema
de secado,exactamente igual que os primeiros boucenses.Naquela área achegábanse
varios manantiais e fontes que aínda hoxe se conservan. Pódese,aínda atopar a
zapata na feira dos domingos pola mañá e nalgunhas tendas de comestibles.
PALAFITO
CORREDOIRA DARRIBA a primeiros do século XX.
No inverno abandoaban a praia para instalarse
no humidal ou bouza sita no barrio de”O Rocío”,con vivendas semiesféricas
feitas con longas xestas que pola súa flexibilidade eran ideais para tal
finalidade e cubertas con peles de animais.Alí cazaban e se protexían dos
temporais atlánticos.
PREPARÁNDOSE CARA AO INVERNO.
CAZA POLAS FRAGAS ACHEGADAS.
Atopáronse bifaces ou cantos rodados puídos
coa técnica do percutido,por ambas caras,para raspar e cortar as peles e a
carne dos animais que cazaban.Un deses bifaces foi atopado por un antigo alumno
da nosa escola e atópase no museo “Quiñones de León” de Vigo,ademáis de moitas
puntas de frechas.
BIFAZ,RASPADOR E CORTADOR.
Traballo de investigación realizado por MARIA
DE LA CRUZ SÁNCHEZ
BLÁZQUEZ para dar a coñecer aos nenos/as do CEIP”Virxe do Rocío”de Vigo(Bouzas)
unha parte descoñecida da historia de Bouzas.
Agradecementos
aos veciños anónimos de Bouzas e amigos boucenses que me proporcionaron
información de incalculable valor.
A PROFE MARICRUZ TENTOU RECUPERAR UN POUCO DE
HISTORIA PARA OS NENOS BOUCENSES E DISEÑOU UNHA COMPARSA DE ENTROIDO “PRIMEIROS
BOUCENSES”.
OS DESEÑOS DOS TRAXES E A SÚA ELABORACIÓN SON
UNHA IDEA ORIXINAL DA PROFE MARICRUZ BASEOUSE PARA O DESEÑO DO DISFRÁZ, EN TÓDALA INFORMACIÓN RECOPILADA.
OS MATERIAIS SON NATURAIS NA SUA MEIRANDE PARTE,RECICLADOS E RECICLABLES.
OS DISFRACES FORON REALIZADOS EN OBRADOIROS
COAS FAMILIAS DOS NENOS,OS MARTES DE CADA SEMANA,DENDE NOVEMBRO Á
XANEIRO.GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE CO SEU ESFORZO E ADICACIÓN FIXERON POSIBLE QUE
ESTA RECUPERACIÓN DA NOSA IDENTIDADE FOSE POSIBLE.
COMO SE FIXO O DISFRAZ E A PANCARTA DA NOSA COMPARSA?
E AGORA UNHA ESCOLMA DE FOTOS DO PASARRÚAS,MERENDA NA ALAMEDA DE BOUZAS,XUIZO DO MECO,CASTIGO DO MECO E XANTAR DE LARPEIRADAS DE ENTROIDO DOADAS POLAS FAMILIAS.
ESPERAMOS QUE SAIBADES UN POUQUIÑO MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DAS NOSAS COSTAS,ADEMÁIS DE PASALO ESTUPENDAMENTE BEN. PRONTO SEGUIREMOS A CONTAR MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS.ESTADE ATENTOS ÁS NOSAS PUBLICACIÓNS.
INGREDENTES: -200 gr de fariña. -5 ou 6 ovos. -2 vasos de leite. -manteiga ou unto para a tixola.
Preparación: Bátense tódolos ingredientes e obtemos unha pasta bastante líquida. Se os ovos son moi grandes é mellor utilizar cinco e probar se a pasta que queda é o suficientemente líquida para que se estenda ben pola tixola e ademais calle ben. Coción: As filloas prepararanse nunha tixola, preferiblemente das que son para as filloas porque teñen o bordo máis baixo e a filloa será máis fácil de voltear cando estea lista. Se non se dispón desta tixola ou ferro especial calquera tixola serve. Ponse ao lume e se unta coa axuda dunha servilleta mollada en aceite, para que non quede moito aceite na tixola e as filloas non salgan grasosas. Unha vez que a tixola estea ben quente bótase unha cucharada da pasta na tixola e cóbrese o fondo da tixola coa mestura de modo que quede unha película moi delgada no fondo da tixola. As filloas a diferenza das panquecas ou tortitas son moi delgadas. Cando os bordos da filloa comecen a dourar se voltea e cocíñase polo outro lado. Colócase nun prato e se apilan as filloas unhas enriba das outras, asi conservarán mellor a calor e quedarán máis suaves. Consellos: As filloas cocíñanse moi rápido polo que non debemos descoidar en ningún momento a tixola e debemos controlar o lume para que non as queime.
Se queres filloas doces podes botar un pouco de zucre na mestura ou espolvorear zucre enriba da filloa recén feita.
SE PREFERIDES AS ORELLAS,PREMEDE NA FOTO DAS QUE SE FIXERON NA ESCOLA E TEREDES A RECEITA.
NON ESQUEZADES QUE O 8 DE FEBREIRO,DÍA DO DESFILE DE ENTROIDO,IMOS FACER UNHA DEGOSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA FESTA E PRECISAMOS DA VOSA AXUDA.SE TEDES TEMPO E GANAS PODEDES FACER UNHAS LARPEIRADAS E TRAELAS Á ESCOLA ÁS 9 DA MAÑÁ PARA DEGOSTALAS AO REGRESO DO PASARRÚAS.
XA SABEDES QUE ESTADES TODOS CONVIDADOS.
SAIREMOS DA ESCOLA ÁS 11 DA MAÑÁ,CAMIÑO DE BOUZAS.PODEDES IR CONNOSCO NO PASARRÚAS.OS PAIS E NAIS QUE SE TEÑEN QUE DISFRAZAR NA ESCOLA VIRÁN ÁS 10h PARA VESTIRSE NA AULA E AXUDAR Á PROFE MARICRUZ.