O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 1 de julio de 2011

É IMPORTANTE QUE AS FAMILIAS SAIBAN QUE...

Benqueridas familias:

Con motivo da nova orde que a Consellería de Educación pretende sacar adiante, o claustro de mestr@s do CEIP Virxe do Rocío quere poñer no voso coñecemento o porque do seu total rexeitamento  á devandita orde.

Segundo a Consellería  “o cambio de xornada lectiva, que se vai aplicar o vindeiro curso e coa que pretendemos levar a cabo as actuacións que apoien e reforcen a calidade a través da atención á diversidade, labores de apoio, desdobramentos, substitucións breves ou apoio a outros mestres, entre outros,  redundarán en beneficio do alumnado”

Isto non é certo. Explicamos por que:

*    O cambio na xornada lectiva dos docentes, que non aumento, vai supoñer un descenso no número de mestr@s que desenvolven o seu labor no centro.

  *O descenso no número de docentes vai supoñer, á súa vez, a imposibilidade de realizar as actividades que se viñan desenvolvendo en cursos anteriores (biblioteca, TIC, festivais, saídas…), por non haber persoal abondo.

  *A actividade da biblioteca do centro, verase grandemente reducida ou mesmo anulada.

* As horas de docencia na aula TIC(informática) terán que ser suprimidas.

*   Os alumnos, en xeral,  van ver diminuída a calidade docente, nomeadamente os alumnos con dificultades específicas (alumnos con NEAE) xa que non van poder contar cos apoios precisos.

*   A escaseza de persoal vai supoñer un “baile” de docentes nas distintas aulas.

*   A obriga de desenvolver labores que non son propias do profesorado, a máis de supoñer a perda de postos de traballo, vai redundar na deficiencia da atención docente dos alumnos.

Todas estas cuestións atinxen tanto aos docentes como ás familias, xa que estas van constatar un empeoramento na calidade do ensino, cuestión esta que supoñemos non será do seu agrado, como tampouco é do noso.

Como podedes ver, todo isto non vai supoñer unha mellora na calidade do ensino, como dende a Consellería nos queren facer crer, senón un claro deterioro da mesma.

O Claustro de mestres do CEIP Virxe do Rocío

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.