O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 31 de julio de 2011

SANTORO:UN GRAN ARTISTA VIGUÉS QUE COÑECE O NOSO BLOGUE.

FRANCISCO RAFAEL SANTORO.


Nace en Sta. Isabel, Fernando Poó (Guinea Ecuatorial) no ano 1961, fillo de vigueses chega a España no 1969.
 En 1974 ingresa na Escola de Artes de Vigo onde cultiva o debuxo artístico e a pintura durante os anos 
74, 75, 76 e 77.
  En 1984 adéntrase ,da man do decorador Roberto Terrón, no mundo 
da decoración, deseño gráfico, arquitectura de interiores e mobiliario.

Coñecedor das cores que bañan Galiza, traballa na paisaxe galega,  á que leva en exposicións  
por distintas cidades de España. 
O seu é un impresionismo  que vai cara a  unha maior síntese dos
elementos representados. Posue unha paleta rica, grata, capaz de recrear ambientes sinxelos con gran 
encanto. 
Debuxante moi seguro, reinventa a realidade.
Destaca como paisaxista, aínda que o millor da sua obra é a  tipoloxía popular galega do mar e do agro.
É tamén un consumado acuarelista sobre a base dun debuxo inequívocamente sólido.
Actualmente reside e traballa no seu estudo-obradoiro en Vigo (PONTEVEDRA).

É amigo da profe Maricruz e ela quere que coñezades algo da súa obra,a súa galería virtual e fotos dalgúns dos seus cadros.


Para visistar a súa galería virtual,premede no seguinte enlace:



Queremos que saibades que os artistas non están lonxanos de nós,senon que moi preto e debemos valorar a súa labor e o seu arte.Algún dos nosos nenos/as seguro que poderán ser  grandes pintores como o amigo de Perecho e a profe.Para iso tedes que estudiar e practicar mucho, e se chegades a ser un bo artista poderedes gañarvos a vida decorando os espazos da xente para facelas máis felices coa vosa arte.Iso é maravilloso.
Dende o noso blogue queremos dar o noso apoio a tódolos artistas de Vigo.
Santoro é seguidor do noso blogue e mira tódolos vosos debuxos.Algún día virá ó noso cole a facernos unha visita.
As obras de arte non só están nos museos,existen galerías onde se poden mercar ou tamén pódense mercar ó artista directamente e decorar a vosa casa con obras maravillosas como estes dóus cadros que están na casa da profe Maricruz.O arte está ó alcance de todos nós,o caso é valorar se queremos un bolso de marca ou un cadro que admirar cada día.Algúns costan menos que un xogo  para a videoconsola dos nosos fillos.Está claro  o que nós,Perecho e Maricruz, preferimos "Arte",arte dos pintores,dos oleiros,dos escultores,dos ferreiros...
A ría de Vigo e as Illas Cíes dende a Praia da Sereiña(Vigo).  

Illa de Toralla, Peirao e Praia de Canido(Vigo)


MOITOS BIQUIÑOS E SEGUIDE GOZANDO DAS VACACIÓNS.
NON VOS ESQUEZADES DE MANDAR OS VOSOS DEBUXOS Á PROFE MARICRUZ.
PERECHO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.