O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

martes, 5 de julio de 2011

Á RICA HORCHATA DE CHUFAS!


A horchata encántame dende que era pequeniña e ía de vacacións a Cartaxena , pero teño que confesar que cando mirei esta receita de horchata con botóns quedei abraiada. Coido que aos nenos pasaralles igual cando lles poñades ,na merenda ou cando teñan moita sede,un vaso ben fresquiño de horchata con estas simpáticas galletas inseridas nun cordeliño.

Aínda que esta bebida non é popular en Galiza,agora pódense mercar as chufas en tódalas superficies comerciais,non como cando eu era pequena ,que tiña que esperar a ir o Levante español para gozar desta bebida espectacular,sá e fabulosa polas súas propiedades.

Coido que unha das receitas de verán máis típicas e refrescantes é a horchata de chufas.A horchata é unha bebida preparada con auga, zucre e chufas. As chufas son uns pequenos tubérculos subterráneos con forma de nóz pequeniña e seca.
 A horchata é rica en minerais e vitaminas, entre os que destacan o fósforo, o potasio e as vitaminas C e E. Tamén achega numerosas encimas que facilitan a dixestión. Non contén lactosa nin cafeína, nin gluten, aínda que algunhas marcas comerciais engádenlle proteína de leite, pero hoxe ímosvos a explicar como preparar horchata natural, polo que os nenos alérxicos ou  con non toleranza ao leite poden tomala sen problemas.

Pensades que é complicado? Nada máis lonxe da realidade.
Ao choio!

Horchata
Ingredientes horchata:

250g de chufas
150g de zucre
Litro e medio de auga fría.
A miña avóa poñía unha cáscara de limón dentro a macerar,antes de introducila no frigo.
Galletas botón
Ingredientes botóns:


400g de fariña
150g de zucre
150g de manteiga
1 ovo
esenza de vainilla
Preparación horchata:

Pór a remollo as chufas a noite anterior. Triturar coa Thermomix de xeito progresivo, velocidade 5-7-9.

Engadir a auga ,aos poucos, mentres se segue batendo para sacar así todo o mollo das chufas.

Pasar todo o líquido obtido por un colador de tea e a continuación pola de novo no vaso do thermomix e engadir o zucre . Programar 1 minuto, velocidade 5-10.

Gardar no frigorífico,se queredes, coa cáscara de limón.

Preparación botóns:

Facer un círculo coa fariña e ir engadindo dentro os demáis ingredientes.
Traballar ata conseguir unha masa fácil de manipular e non pegaxosa.

Estirar a masa resultante ata que teña medio cm de grosor.
 Cortar cun cortapastas redondo e facer a forma de botón.

Hornear en forno prequentado a 160º durante 7 minutos ou ata que estean lixeiramente douradas


Servir a horchata acompañada duns botón,e a GOZAR,que estamos no verán!.
A Perecho vaille gostar moitísimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.