O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 18 de abril de 2012

ESTAMOS REALMENTE EMOCIONADOS,MOI EMOCIONADOS!

POR QUE?POIS PORQUE O NOSO HUMILDE BLOGUE FOI ADMITIDO PARA PARTICIPAR NOS PRESTIXIOSOS 
"PREMIOS ESPIRAL DE EDUBLOG 2012".
AS FAMILIAS DA NOSA AULA E MOITOS COMPAÑEIROS/AS DE PROFESIÓN ,QUE SON VISITANTES DO NOSO BLOGUE E O UTILIZAN COMO FERRAMENTA DE TRABALLO NAS SÚAS AULAS,ANIMARON Á PROFE MARICRUZ,QUE NON FAI O SEU BLOGUE PARA OBTER NINGÚN MÉRITO ,SENON PARA OS OBXECTIVOS QUE TODOS VÓS SABEDES E QUE ESTÁN NO ENCABEZADO DO NOSO BLOGUE,A QUE SE PRESENTASE NO CERTAME.
GRAZAS A EDUBLOG POR ELEXIR O NOSO TRABALLO.
MIRADE QUE CONTENTOS ESTÁN OS PROTAGONISTAS DO NOSO BLOGUE.
AÍNDA QUE NON GAÑEMOS NADA,O FEITO DE SER ELEXIDOS COMO CANDIDATOS NOS EMOCIONA ENORMEMENTE E ESE XA É UN GRAN PREMIO PARA NÓS.
EIQUÍ TEDES O ENLACE NO QUE ESTÁ PUBLICADA,NA REDE,A NOSA CANDIDATURA.
PREMEDE NO LOGO DOS PREMIOS PARA MIRALA.
E SE CHE GOSTA O NOSO BLOGUE,PREME TAMÉN PARA FACER O TEU COMENTARIO.
MOITAS GRAZAS ÓS NENOS/AS DE 5 ANOS,QUE FIXERON POSIBLE QUE A PROFE MARICRUZ E AS SÚAS FAMILIAS COLABORARAN NUN SOÑO COMÚN,UTILIZANDO ESTA FERMOSA FERRAMENTA QUE É O NOSO BLOGUE:
UNHA EDUCACIÓN INTEGRAL NA CASA E NA ESCOLA.
ESTASTE ESQUECENDO DE MÍN!,PERECHO,O VOSO AMIGO.
EU TAMÉN AXUDEI MOITO Á PROFE E PICOLINDO TAMÉN.
GRAZAS A MOITAS COUSAS QUE EU FIXEN OS NENOS/AS APRENDERON A SOÑAR,IMAXINAR,APRECIAR A NATUREZA...
EU TAMÉN AXUDEI,JI,JI,JI!
TES RAZÓN.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TUA MAXIA .
QUERÉMOSTE,PERECHO!
PARA NÓS,QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE ANO,COMO PROXECTO DE CENTRO,
AS EMOCIÓNS...É EMOCIONANTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.