O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 27 de abril de 2012

O APASIOANTE MUNDO DOS DINOSAURIOS.

O Concello de Nigrán presentou onte Dinosauros Park, unha exposición de máis de 2.000 metros cadrados que albergará máis de 50 réplicas a escala real de dinosauros de 30 especies diferentes, e que permanecerá aberta ao público entre mañá, sábado, e o próximo 23 de setembro en Praia América. 
Dinosauros Park é un evento didáctico e lúdico dirixido a toda a familia, que permitirá ao público coñecer con detalle o mundo dos dinosauros, como eran, as súas orixes, a súa extinción, de que se alimentaban, etc.
 A exposición estrutúrase en diversas zonas organizadas de forma tal que os visitantes adquiran unha visión espazo-temporal, todo iso interactuando con réplicas de dinosauros e fósiles,algúns deles animados e que emiten sons reais, películas, animatronix, xogos e moito máis, así como cunha réplica dun exemplar de 12 metros de alto coroando o acceso ao recinto. O acto de presentación contou coa participación do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, e Rubén Comesaña, responsable de Mercadotecnia de Dinosauros Park. 
 Nos meses de abril e maio, a exposición estará aberta os venres de 16.30 a 21.00 horas e os sábados e domingos de 10.00 a 22.00 horas. A partir do 20 de xuño, coincidindo coas vacacións estivais dos máis pequenos, a actividade estará operativa os sete días da semana, en horario ininterrompido de 10.00 a 22.00 horas. O prezo da entrada será de 5 euros para os nenos e de 7 euros para os adultos.
 Dinosauros Park instalarase en Nigrán tras o seu paso por cidades como Madrid, Barcelona, Xirona ou Mérida, entre outras, o que suporá unha oportunidade única para dar un paseo pola prehistoria e o mundo dos dinosauros. Neste sentido, o alcalde de Nigrán subliñou o gran labor da Concellaría de Turismo, 'que nos permitirá gozar dunha actividade moi atractiva para todos os públicos'. O rexedor incidiu tamén na inxección que suporá para a economía local contar cunha actividade que prevé recibir máis de 20.000 visitantes nos próximos meses.
PARA SABER TODO SOBRE O MUNDO DOS DINOSAURIOS...PREMEDE NESTE PARQUE XURÁSICO E DESCUBRIREDES MOITAS COUSAS INTERESANTES.

QUEREDES XOGAR E APRENDER?
POIS PODEDES FACELO CON "TORBELLINO" DE ECASALS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.