O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 6 de abril de 2012

NICO,UN ARTISTA MOI CREATIVO.

A Fundación Barrié presenta, por primeira vez en España, Type in Motion, unha exposición do Museum für Gestaltung Zürich (Museo do Deseño de Zúric) que se mostrou na súa sede de Vigo desde o 1 de decembro ata o 1 de abril de 2012. A exposición está comisariada por Andrés Janser, Conservador do Museum für Gestaltung Zürich.

Sexa na pantalla do noso computador, na televisión ou ata nas fachadas dos edificios, debido á dixitalización da vida cotiá en moitas ocasións atopámonos ante o fenómeno de texto en movemento. Esta exposición mostrou estes novos xeitos de ?ler o mundo?.
A dixitalización da vida cotiá creou unha situación na que hoxe en día vemos por todas as partes palabras, frases e ata textos completos en movemento, sexa na pantalla do computador, na televisión ou nas fachadas dos edificios. Os deseñadores utilizan todo o seu enxeño para utilizar fontes tipográficas dinámicas nunha gran variedade de dispositivos. Deste xeito amplían e modifican os distintos xeitos que temos de ler o mundo?. Reaccionamos con maior atención, obtemos unha enorme cantidade de información, moita da cal actualízase constantemente, dunha superficie de pequenas dimensións, ou nos entretemos dun xeito sorprendente. O ritmo de devanditos textos a miúdo sincronízase con música ou sons que percibimos simultaneamente.
Un sábado ,Nicolás, asistiu ao obradoiro da fundación Barrié e foi moi interesante.
A animación que fixo Nico quedou moi chula.



O programa que utilizan é o GIMP 2.6 ,pódese baixar tranquilamente porque é libre e o tutorial para poder utilizalo está nestoutro enlace


É moi sinxelo e pódense facer ,en clase e en casa,cousas moi lucidas e super curiosas.
NORABOA,NICO!
ESTÁS FEITO UN ARTISTA.

1 comentario:

  1. Graciassssss¡¡¡ Mary Cruz. Un bico grande de Nicolás.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.