Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 26 de octubre de 2012

"LAGARTI":Unha sorpresa no patio da escola.


Imos falar das lagartijas máis normais que hai en Galicia, as que é máis probable que vexamos e/ou collamos saíndo ao campo ou en calquera pobo ou cidade. A máis normal de todas é a chamada “lagartija hispánica ou ibérica”, en latín “Podarcis hispanica”.

Esta é a que atopou Pablo,o noso novo conserxe,no patio do cole e tróuxonola á clase mentres acendiamos o precioso e terrorífico calacú de Iria coas luces apagadas da clase.

Tamén hai outra lagartija moi común que é a chamada “lagartija colilarga”, en latín “Psammodromus algirus”, chamada así pola extensión da súa cola, a cal supera a do propio corpo.
ESTE É LAGARTI.

Á mantenta diso,de todos é sabido a facilidade con que as lagartijas perden a súa cola. En realidade non é que lla quitemos,como pensaba Pablo,o noso conserxe, ao porlles a man enriza, senón que son elas mesmas as que a rachan mediante un mecanismo incrible. Desta forma a lagartija escápase e como ademáis a cola segue movéndose durante bastante tempo, moitas veces o animal que intentou cazala queda sorprendido e sen saber que facer. O caso é que moitas lagartijas sálvanse así dunha morte segura. E o máis sorprendente aínda é que a cola vólvelles a saír e de feito é frecuente ver lagartijas ás cales medroulles unha nova cola. Ata este fenómeno pódelles suceder máis dunha vez na súa vida.
Con todo ,a perda da cola ten consecuencias para o animal, posto que a nova non é nin tan grande nin tan flexible nin resistente como a primitiva. Así que as lagartijas con segundas ou terceiras colas móvense con máis dificultade, regulan peor a temperatura do seu corpo e perden parte do seu atractivo sexual, xa sexan machos ou femias. Así que coidado ao capturar lagartijas, procurade facelo con coidado para que non perdan a cola e, ante a dúbida, mellor será deixalas en paz e limitarnos a observalas e facerlles algunhas fotografías.


A vida das lagartijas vai entre os tres e os cinco anos (ás veces máis), gran parte dos cales pásanos hibernando nas covas ou gretas onde habitan. No entanto se o día é asollado, poden saír a tomar o sol ou ata capturar algún insecto se é que os hai.
Na primavera e verán aliméntanse de pequenos saltóns, escaravellos, pulgóns, grilos, etc. ou ben arañas, así como larvas de distintos insectos. Ás veces son capaces de comer ás súas propias críanzas se conseguen cazalas, claro. Á súa vez as lagartijas son bocado preferido de lagartos, víboras, culebras, aves como a pega, os mouchos, os alcotanes, os alcaudones, etc., ou mamíferos como a donicela, o gato montés ou o propio gato doméstico.

Os machos defenden o seu territorio dos outros machos, podéndose presenciar algunhas pelexas espectaculares. Isto ten lugar entre os meses de marzo e xuño. Os vencedores teñen acceso ás femias ás que practicamente “capturan”. Éstas escavan pequenos ocos na terra onde depositan os ovos (de 3 ó 4 ata 15 ou máis, segundo especies) e dos que ao cabo de cinco semanas ou ás veces ata case tres meses, saen unhas pequenas lagartijitas que tardan un ano en facerse maiores. No mesmo ano poden facer dous ou tres postas.
Logo de observala e aprender cousas sobre ela,puxémola en liberdade, onde a atopou Pablo,xunto coa súa coliña.Seguro que a estaba esperando a súa familia ,dentro dos muros do noso cole.
Puxémoslle de nome “Lagarti”.Lagarti,que teñas uns felices soños este inverno.Seguro que a voltamos a ver na primavera.Foi unha cousa rara vela nesta época do ano,pois debería estar xa hibernando.Non se quixo perder este marabilloso día de sol e calor de finais de outubro.


ATA PRONTO,LAGARTI!
E GRAZAS,PABLO,POLA SORPRESA.


Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.