O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 6 de octubre de 2012

CHEGOU O OUTONO Á NOSA AULA!



ESTAMOS A TRABALLAR O OUTONO E ESTE É UN XOGO PARA APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE ESTE TEMA E QUE OS VOSOS FILL@S COÑECEN BEN.
OS NOSOS NENOS/AS DE 3 ANOS SABEN XA ALGUNHAS DESAS COUSAS.
O XOGO SERVIRALLES PARA LEMBRALAS CONVOSCO NA CASA.
PREMEDE  NA FOTO E A XOGAR CON ELES!

TAMÉN PODEDES DISPOR DÉL NO LATERAL ESQUERDO DO NOSO BLOGUE ,DEBAIXO DO TEMPO.
A PROFE MARICRUZ PEDÍU AOS NEN@S FOLLAS SECAS E SÓ ELIA TROUXO UN MONTÓN DELAS.
PRECISAMOS MÁIS DE CORES:LARANXA,AMARELO E VERMELLO,POIS MARRÓNS XA TEMOS MOITAS,PARA DECORAR A NOSA ÁRBORE.
MIRADE QUE BONITO ESTÁ A QUEDAR.
A NOSA ÁRBORE É "A CASTAÑA CATARINA" CONVERTIDA EN ÁRBORE,PERO ESTO É UNHA SORPRESA QUE  TEMOS PREPARADA SOBRE O CONTO QUE ESTAMOS A TRABALLAR NA AULA,ASÍ QUE TEREDES QUE ESPERAR UN POUQUIÑO.
MENTRAS ESPERADES PODEDES CANTAR A CANCIÓN DO OUTONO QUE TANTO LLES GUSTA AOS VOSOS FILL@S.

O OUTONO CHEGOU Á BOUZA,ONDE VIVE PERECHO.
MIRADE ONDE ESTÁ AGOCHADO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.