O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 25 de enero de 2013

CONFECCIONAMOS UN GIF DO INVERNO ENTRE TODOS.

COLOREAMOS UN BONECO DE NEVE.
PICAMOS, POLO REDOR,O BONECO E A NOSA POESÍA DO INVERNO.
PEGAMOS AS DÚAS PEZAS NUN FOLIO AZUL NO QUE PUNTEAMOS ,CO DEDO MANCHADO DE TÉMPERA BRANCA,PARA FACER NEVE E FACEMOS UNHAS ONDAS DE DIVERMAGIC AZUL BRILANTE.
TAMÉN PUXEMOS DIVERMAGIC LARANXA NO NARÍZ DO BONECO.
FIXÉMOSLLE UNHA FOTO AOS NOSOS TRABALLOS E ELEXIMOS UN DELES.
GARDAMOS A FOTO NO NOSO ORDENADOR E LOGO SUBÍMOLA A UNHA PÁXINA WEB PARA TRANSFORMALA NUN FERMOSO GIF INVERNAL.
ELEXIMOS UN MARCO ENTRE TODOS E PUXÉMOSLLE COMPLEMENTOS.
VOLTAMOS A GARDAR NO ORDENADOR A NOVA COMPOSICIÓN PARA VOLTAR A SUBILA E COLOCAR O EFECTO NEVE.
MIRADE COMO QUEDOU!
A QUE ESTÁ CHULI?



UN FERMOSO TRABALLO GLOBALIZADO,REALIZADO CON TÉCNICAS DIVERSAS E FEITO ENTRE TODO@S.

2 comentarios:

  1. Bonito traballo¡¡¡¡ En casa cantamos todos a cantiga do inverno :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas grazas polo voso comentario.Os comentarios son moi importantes para o noso blogue.Unha aperta de Perecho e Maricruz.

      Eliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.