O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 13 de enero de 2013

GÚSTANOS O INVERNO!

ESTA SEMANA ESTIVEMOS A TRABALLAR,ENTREOUTRAS COUSAS,O INVERNO EN TÓDOLOS SEUS ASPECTOS:NAS PERSOAS,NOS ANIMAIS,NAS PRANTAS...
APRENDIMOS ESTA POESÍA TAN CHULI.
O CHAPEAU,O ABRIGO E A CALEFACCIÓN.
VESTIMOS Á NOSA ÁRBORE CATARINA DE INVERNO CON FOLERPAS DE NEVE(ALGODÓN) E NEVE ARTIFICIAL EN SPRAI.

Fixemos unhas pequenas boliñas de algodón que logo
pegamos na nosa árbore.
De seguido esporeamos neve de mentira e...
Quedou superlinda!
Mirade,mirade!


E LOGO APRENDIMOS A CANTIGA CON PICTOGRAMAS.

TAMÉN NOS OCUPAMOS DOS CAMBIOS CLIMÁTICOS,OS DÍAS E AS NOITES,A NOSA FORMA DE VESTIR...CO XOGO DO INVERNO DE AGREGA.
PREME NA FOTO PARA REPASAR NA CASA O QUE APRENDIMOS.
DECORAMOS OS CRISTAIS DA NOSA AULA CON FOLERPAS E UN ENORME BONECO DE NEVE.
A QUE ESTÁ MOI BONITIÑO?
GÚSTANOS MOITO O CONTO DE "O BONECO DE NEVE" QUE TRABALLAMOS NA AULA SOBRE OS ESTADO DA AUGA E OS EFECTOS QUE A CALOR E O FRÍO FAN SOBRE ELA.NON SÓ UTILIZAMOS O CONTO PARA ESTE MENESTER SENON QUE COLLIMOS CUBIÑOS DE  XEO E MIRAMOS O QUE LLE PASABA CANDO LLE APLICÁBAMOS A CALOR DAS NOSAS MÁNS.
PREME SOBRE O BONECO DE NEVE DA NOSA VENTÁ PARA MIRAR O CONTO.TEN DÚAS PARTES.
ESTAMOS A ELABORAR UN BONITO TRABALLO DE INVERNO,PERO ESTO É UNHA SORPRESA PARA MÁIS ADIANTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.