O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 27 de marzo de 2014

ESTA FIN DE SEMANA:FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO!

ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE A 
"FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO".



CARTAFOL GAÑADOR 2014

PLANO DO CASCO VELLO E AS MARCACIÓNS DAS ZONAS DOS EVENTOS A DESENVOLVER.
Venres 28 de marzo
10:00 h. Apertura do mercado
12:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza da Costitución, Zona 1)
17:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza do Berbés, Zona 8)
18:00h. Inauguración da festa ( praza do Berbés, Zona 8)
18:15h. Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés, Zona 8)
19:00h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)
21:30h. Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés (praza do Berbés, Zona 8)
23:00h. Peche do mercado

Sábado 29 de marzo
10:00 h. Apertura do mercado
11:00 h. Foliada infantil ( praza da Pedra, Zona 4)
12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza do Pedra, Zona 4)
17:00 h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)
18:00 h. Actuación da ETRAD ( praza da Igrexa, Zona 4)
21:30 h. Concerto de Sés “co xenio destrozado”  (praza do Berbés, Zona 8)
23:00 h. Peche do mercado

Domingo 30 de Marzo,día grande da Festa
10:00 h. Apertura do mercado
10:30 h. Exhibición de cetrería ( praza do Berbés, Zona 8)
11:00 h. Demostracións de oficios tradicionais
11:30 h. Contacontos Codia e Miolo 
( praza do Berbészona 8)
12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
12:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (praza da Pedra, Zona 4)
12:30 h. Exhibición de improvisación en verso “Regueifas” CIOV 
(praza do Berbés,
Zona 8)
17:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (Porta do Sol)
17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
18:00 h.Representación da Reconquista da Vila de Vigo 
21:00 h. Peche do mercado


ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS
Durante os tres días máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos.

 PREGUNTÁDELLE AOS VOSOS FILL@S POR CARMIÑA E MICHEL E VEREDES A HISTORIA QUE VOS CONTAN E CANTO SABEN DA RECONQUISTA.
PASARÉMOLO SUPERBEN E LEMBRAREMOS COMO CACHAMUIÑAS E O POBO DE VIGO,GAÑARON A BATALLA AOS FRANCESES.

1 comentario:

  1. Gracias por la info. Aprovecharemos mañana para ir :) ya que hubo que trabajar :(

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.