O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 2 de marzo de 2014

UN ENTROIDO ADICADO Á CELEBRACICIÓN DESTA FESTA EN GALIZA.

COMO XA SABEDES,O NOSO PROXECTO DE CENTRO ESTE CURSO É "GALIZA 365",E O NOSO SUBPROXECTO DE AULA,"OS PORCOS CELTAS",POLO QUE,NO NOSO ENTROIDO CENTRÁMONOS NA RIQUEZA DESTA FESTA NA NOSA TRADICIÓN.
O TRABALLO DOS PROFES E A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS FOI MOI ENRIQUECEDORA.IMOS MOSTRARVOS,NESTE BLOGUE,UNHA PEQUENA ESCOLMA DALGUNHAS ACTIVIDADES E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS SOBRE ESTE GRAN PROXECTO.
ACTIVIDADES DE AULA.
ELABORACIÓN PANCARTA COMPARSA.

CARAUTAS DE PORQUIÑOS E XOANIÑAS.
PAPIROFLEXIA-CHAPEAU DE PAPEL E DECORACIÓN,APROVEITANDO UNHA DAS ORDES DO MECO.


OBRADOIROS FAMILIAS-CONFECIÓN DISFRACES PORQUIÑOS CELTAS.
PASOS-CONFECIÓN DISFRAZ PORQUIÑO.
ACTIVIDADES PDI,CANTIGAS,QUEBRACABEZAS,U.D...,GRAZAS A ESCOLMA DO CEIP"FRIAN TEIS".PREMEDE NA FOTO DE GRUPO E VEREDES A CANTIDADE DE ACTIVIDADES QUE FIXEMOS E QUE PODEREDES FACER NA CASA COS VOSOS FILL@S.
CONFECIÓN TRAXES E COMPLEMENTOS PAIS E PROFES PARA A NOSA COMPARSA.
E AGORA O DESFILE INDIVIDUAL DA NOSA MANDA DE PORQUIÑOS CELTAS.

UNHA PRECIOSA MANDA DE PORCOS CELTAS. on PhotoPeach

ACTIVIDADES DE CENTRO
DURANTE TODA A SEMANA,O NOSO MECO,DONA GALIZA,DEU ORDES DIARIAS QUE TÍÑAMOS QUE CUMPRIR ,SENON TERÍAMOS DIFERENTES PERO DIVERTIDOS CASTIGOS.
AS ORDES SON ELABORADAS POLOS NENOS DE ED. PRIMARIA E CADA DÍA,DEZ MINUTOS ANTES DE SAÍR DA ESCOLA,XUNTÁMONOS NO PATIO PARA QUE DONA GALIZA NOS DÉ A ORDE PARA O DÍA SEGUINTE.FOI MOI DIVERTIDO E A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NO SEU CUMPRIMENTO FOI DUN 95% ,POLO QUE ESTAMOS MOI LEDOS.AS ORDES FORON ENVIADAS,POR ESCRITO,ÁS FAMILIAS E TAMÉN FORON PUBLICADAS ,DIARIAMENTE,NESTE BLOGUE.
VISITA DOS MERDEIROS,FIGURA TÍPICA DO ENTROIDO DE VIGO,AOS NEN@S DE PRIMARIA E Á NOSA AULA,XA QUE UNS DOS DIFUSORES DESTA FIGURA DO NOSO ENTROIDO E UN QUERIDO AMIGO DA PROFE MARICRUZ,"FANECO"DONO DO BAR DO MESMO NOME,SITO NO CASCO VELLO DE VIGO E MEMBRO DE DITA ASOCIACIÓN CULTURAL-VECIÑAL.
SE QUEREDES SABER AS MESMAS COUSAS QUE SABEN OS VOSOS FILL@S SOBRE OS MEDEIROS,PREMEDE NA FOTO DA VISITA Á NOSA AULA E OS NOSOS MARABILLOSOS MERDEIROS DA NOSA ESCOLA.
OS NEN@S SABEN MOI BEN O QUE TEÑEN QUE FACER CANDO ATOPEN UN MERDEIRO POLAS RÚAS DE VIGO.
E AGORA A CANTIGA DO NOSO PASARRÚAS,QUE XUNTO CO SON DOS ASOUXERES DOS CIGARRÓNS DE VERÍN , OS "OING,OING" DOS NOSOS PORQUIÑOS DE GOMA E A MÚSICA DA NOSA MEGAFONÍA MÓBIL ,FIXERON ESPERTAR Á BISBARRA DE COIA E BOUZAS.
E DE SEGUIDO FOTOS DO GRAN PASARRÚAS ,QUE PODEREDES DESCARGAR NO VOSO ORDENADOR.
TEDE EN CONTA QUE AS FOTOS NON SON SÓ DOS NEN@S DE 4 ANOS ,SENON TAMÉN DOS EXALUMN@S DESTA E AS FAMILIAS DESTES NEN@S.
PREMEDE NA SEGUINTE FOTO PARA MIRALAS E DESCARGALAS.
EN BREVE PUBLICAREMOS MÁIS FOTOS E ALGÚN QUE OUTRO VÍDEO.
AGRADECEMOS DE CORAZÓN A GRAN COLABORACIÓN DAS FAMILIAS,SEN ELAS NON SERÍA POSIBLE ESTA MARABILLOSA FESTA.
FELIZ ENTROIDO A TOD@S!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.