O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 9 de marzo de 2014

OS NOSOS DEBUXOS DOS"MERDEIROS".


COMO XA SABEDES,A PROFE MARICRUZ LEVA TRABALLANDO O ENTROIDO VIGUÉS CON TÓDOLOS ALUMN@S QUE PASAN POLAS SÚAS MÁNS.NA ENTRADA ANTERIOR FIXEMOS UNHA RESEÑA DE ENTRADAS DOUTROS ANOS,ONDE SE FALABA DO ENTROIDO NA NOSA CIDADE E A LABOR DA ASOCIACIÓN VECIÑAL E CULTURAL"CASCO VELLO" DE VIGO,NA RECUPERACIÓN DA FIGURA DO "MERDEIRO".
ESTE CURSO TIVEMOS A SORTE DE QUE,AÍNDA QUE VIÑERON SÓ PARA ED. PRIMARIA,POIDEMOS MIRALOS NA NOSA ESCOLA,COMO SE PODE VER NAS FOTOS DA ENTRADA ANTERIOR.
OS NEN@S QUE SON AGORA ALUMN@S DA PROFE,LEVAN DÓUS CURSOS,DURANTE O ENTROIDO,A TRABALLAR SOBRE ESTA FIGURA E AGORA,QUE XA SON UNS VERDADEIROS ARTISTAS,ATREVÉRONSE A DEBUXAR AOS MERDEIROS TAL E COMO ELES,A TRAVÉS DOS SEUS OLLOS,OS MIRAN.
VERDADEIROS ARTISTAS!


E AGORA UN DOS VÍDEOS,MÁIS INTERESANTES, SOBRE OS MERDEIROS.
XA SUBIMOS OUTROS NOUTRAS ENTRADAS PERO FALTÁBANOS ESTE.
DISFRUTADE Á VEZ QUE APRENDEDES SOBRE O NOSO ENTROIDO E A NOSA HISTORIA.

QUEREMOS QUE SAIBADES QUE OS NOSOS DEBUXOS ENVIARANSE Á ASOCIACIÓN "CASCO VELLO",POR E-CORREO.
DE SEGURO QUE LLES VAN  ENCANTAR!
SE QUEREDES SABER AS ACTIVIDADES E EVENTOS DESTA ASOCIACIÓN ,PREMEDE 
NESTA IMAXE.

2 comentarios:

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.