O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 4 de febrero de 2015

DERRADEIRA XUNTANZA E OBRADOIRO ENTROIDO 2015.

Estimadas familias:
COMO PARECE QUE ALGUNHAS FAMILIAS,A PESARES DE TER DADA EN NUMEROSAS OCASIÓNS,NO BLOGUE DE PERECHOI,XUNTANZAS, OBRADOIROS E UN FOLIO CON TODAS AS INDICACIÓNS…AÍNDA NON SABEN COMO TEÑEN QUE VIR OS SEUS FILLOS NA COMPARSA,VOLVO A REMITIR O RESUMO DA XUNTANZA DO 20 DE XANEIRO,QUE VOS DERA POR ESCRITO NUN FOLIO(Non se voltará a dar máis información ao respecto).

*Vestiario a traer de casa polos nen@s para a comparsa.

-NENOS ROMANOS:xersei branco,leguin,piterpan ou medias brancas,botas negras ou marróns e colar dourado grande.
-NENAS ROMANAS:xersei branco,medias o leguins brancos,xoias douradas(pulseiras non).Terán que vir maquilladas da casa e peiteadas cunha cola de cabalo superalta con goma grosa sen adornos.As nenas Terán que levar unas bailarinas ou zapatos vellos, días antes á escola,para botarlles purpurina dourada.Só fallan os zapatos de Noelia.
-GLADIADORES/AS:xersei e leguins ou medias marróns.Lembrade traer as perneiras de pel e as capas dos oestrynmios,e demáis complementos,feitos na casa e nos obradoiros,antes do día da comparsa.Na cabeza,como cada un vai diferente,as familias xa teñen preparadas as súas cousas.Tamen teñen que vir coa faciana hidratada da casa.
-ANIMAIS:Xa se falou con cada familia en particular.Teñen que vir maquillados da casa.
*NORMAS PARA O DESFILE DE ENTROIDO:
-ANTES DO PASARRÜAS:Só poderán pasar ao aula os país e nais que van disfrazados na comparsa.Os que non pertencen á comparsa deberán esperar na rúa ata que saiamos da escola cara a Bouzas.
-DURANTE O PERCORRIDO:Os país que non vaian disfrazados terán que ir pola beirarrúa.Non se darán bebidas nin alimentos aos rapaces.Non sacarán aos rapaces fora da comparsa sen poñelo en coñemento da titora.
-DESPOIS DO PERCORRIDO:Esperarán a que a comparsa chegue ao aula e os nen@s coman as larpeiradas de entroido.Despois poderán estar con cada un deles e poderán degustar as larpeiradas,pero primeiro son os rapaces.Non poderán sacar ao nen@ da escola,antes da hora de saída, sen poñelo en coñecemento da titora.
TÓDOLOS COMPLEMENTOS TERÁN QUE ESTAR PREPARADOS O MARTES,10 DE FEBREIRO.HABERÁ UNHA XUNTANZA PARA ULTIMAR DETALLES.
Aproveito para comunicar que o TOKAPP xeral da nosa aula non funciona.

Unha aperta da profe Maricruz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.