O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 6 de febrero de 2015

Visita ao "MUSEO DO MAR " de Vigo.Comían os romanos peixe?

O MARTES,3 DE FEBREIRO,REALIZAMOS POR FIN AUNHA SAÍDA GRATUITA TOTALMENTE.TEMOS QUE AGRADECER AS XESTIÓNS DA PROFE BELÉN E A PROFE MARICRUZ PARA QUE ISTO FORA POSIBLE,POIS A ENTRADA AO MUSEO DO MAR COSTA 3 EUROS E O BUS OUTROS 3.AÍNDA ASÍ SAÍUNOS DE VALDE.
ÍAMOS CON MOITA ILUSIÓN.NÓS,NA AULA, APRENDIMOS O PROCESO DAS SALINAE, E A CONSERVACIÓN DOS ALIMENTOS QUE FACÍAN OS ROMANOS.POIS,MENOS MAL,POIS O CONTIDO DA SAÍDA NADA TIÑA QUE VER CO TÍTULO DA ACTIVIDADE.

NUN PRINCIPIO LEVÁRONNOS AO ACUARIO E RESULTOU QUE NÓS XA SABÍAMOS OS NOMES DOS PEIXES DA RÍA.
NÓS DIXÉMOSLLE QUE NON ÍAMOS A ISO ,SENON A APRENDER COUSAS DOS ROMANOS,PERO ,DE SÚPETO LEVOUNOS AS RUINAS DO CASTRO DE ALCABRE,QUE XA COÑECÍAMOS.O MELLOR FOI O MUSEO DAS COUSAS DE ROMA.POUQUIÑAS PERO BONITIÑAS.NON NOS EXPLICOU COUSAS DO MUSEO PERO A PROFE FIXO MOITAS FOTOS PARA ESTUDALAS NO AULA.
NON NOS GUSTOU QUE NOS PUXERA A PELEXAR COMO SI FÓSEMOS CASTREXOS E ROMANOS,NIN TAMPOUCO APOSTAR CON DIÑEIRO NO CIRCO ROMANO,PORQUE É FOMENTAR A VIOLENCIA E O XOGO,PERO POLO MENOS DISFRAZÁMONOS E MIRAMOS UNHAS ÁNFORAS DE AUGA E OUTRAS DE ACEITE,E XOGAMOS A ALGÚNS XOGOS.A VERDADE É QUE NON APRENDIMOS NADA NOVO.NON SEI SE É PORQUE TEMOS MOITO NIVEL OU PORQUE A MONITORA TIÑA MOITA PRESA.POLO MENOS SAÍMOS DA ESCOLA E MIRAMOS AOS PEIXIÑOS,QUE SON PRECIOSOS E ,ADEMÁIS,FIXEMOS UN REPASO DOS PEIXES DA RÍA.

DE TÓDOLOS XEITOS,DAMOS AS GRAZAS A SONIA.XA SABEMOS QUE NUNHA HORA POUCA COUSA SE PODE FACER E ELA NON SABE O NIVEL QUE TEMOS,QUE ,A VERDADE,É MOI ALTO PARA A NOSA IDADE.SONIA FIXO O QUE  POIDO EN MOI POUCO TEMPO. PERO O FEITO DE COLLER UN BUS,DE CANTAR NEL,DE MIRAR AOS PEIXIÑOS E DE FACER COUSAS DIFERENTES AO HABITUAL,SON MOTIVO DABONDO PARA ESTAR MOI LEDOS.
EIQUÍ VOS MOSTRAMOS AS FOTOS DA VISITA .ELAS FALAN POR SI MESMAS.
O QUE MÁIS NOS GUSTOU...O MUIÑO MANUAL E O XABARÍN DE PELUCHE.
GUSTOUNOS MOITO MÁIS A QUE FIXEMOS,TAMÉN CON SONIA,CANDO TÍÑAMOS 3 ANOS.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS.TEDE EN CONTA QUE,COMO NON NOS DEIXARON FACELAS CON FLASH,NON SAEN MOI NÍTIDAS E,Á MÍNIMA QUE ALGUÉN SE MOVE,SAEN BORROSAS.
PREMEDE NA FOTO PARA IR AO ALBUME.
VOS RECOMENDAMOS IR COS VOSOS FILL@S
A SALINAE"CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL EN VIGO".
É MOI INTERESANTE. VOLO DIGO PORQUE A NÓS NON NOS DAN A VISITA PORQUE NON SE OFERTA A RAPACES DE EDUCACIÓN INFANTÍL.
PREMEDE NA IMAXE PARA OBTER TÓDALA INFORMACIÓN.

2 comentarios:

  1. Grazas profe por todas a fotos que sacáches. Casi casi é como si nós poideramos ir a excursión tamén. E grazas porque a visita saíra de valde, hoxe en día é un pouco raro non ter que pagar por algo. Un saúdo a todos.
    Cristian e familia

    ResponderEliminar
  2. Hola!! Es un orgullo que la clase tenga tanto nivel , que tengan conocimientos que niños de primaria desconocen .... Ahí se nota la Profe que tienen :)

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.