O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 23 de febrero de 2015

ESCRIBIMOS COMO OS NEN@S ROMANOS NA ESCOLA.

O NOSO PRIMEIRO CONTACTO COAS LETRAS ROMANAS TÉMOLO CANDO A PROFE MARICRUZ PRINCIPIOU A DECIRNOS COMO ERA A LINGUA QUE FALABAN E ESCRIBÍAN OS ROMANOS.E QUE AS NOSAS DÚAS LINGUAS,O GALEGO E O CASTELÁ, PROCEDÍAN DO LATÍN.DECATÁMONOS QUE MOITAS DAS NOSAS PALABRAS ERAN MOI PARECIDAS AO LATÍN.
A PROFE COPIOU AS LETRAS ROMANAS PARA FACER A NOSA PANCARTA DE ENTROIDO,"COLISEUM BURBIDAE",COLISEO DE VIGO.
BURBIDA É CÓMO SE CHAMABA VIGO NAQUEL ENTONCES,PORQUE" VICUS" É MOI POSTERIOR.
NÓS PRACTICAMOS TAMÉN A CALIGRAFÍA ROMANA.
É MOI PARECIDA Á NOSA.


EMPEZOU O NOSO INTERESE EN SABER SE HABÍAN ESCOLAS EN ROMA,ADEMÁIS DAS ESCOLAS DE GLADIADORES.
POIS CLARO QUE SÍ!,PERO SÓ ERAN PARA OS NEN@S PATRICIOS E O MAGISTER,OU MESTRE,ERA,NORMALMENTE,TRAIDO DE GRECIA,E SABÍA MOITO DE TÓDALAS MATERIAS.OS NENOS TIÑAN UNHA EDUCACIÓN DIFERENTE ÁS NENAS.
O MAGISTER DABA AS SÚAS CLASES NUNHA SÁ,DESTINADA PARA ISO,DENTRO DAS DOMUS ROMANAS,A TÓDOLOS RAPACES DUNHA MESMA FAMILIA.
ESTUDAMOS OS DIFERENTES INSTRUMENTOS,CÓMO SE CHAMABAN E CÓMO SE UTILIZABAN.

TABLETA-TABLILLA-TÁBULA ROMANA CON PUNZÓN DE ESPÁTULA.
GRAZAS A TERE CHACÓN,POIS ESTE TRABALLO,QUE ATOPAMOS EN INTERNET. SERVIUNOS DE MOITO E FIXO QUE POIDÉRAMOS VISUALIZAR TODO O QUE NOS CONTABA A PROFE.
TAMÉN NÓS FIXEMOS UN MINI OBRADOIRO DE ESCRITURA,TAL E COMO O FACÍAN OS NEN@S NAS TABLETAS DE LAMA OU NAS CERATA,CON CERA DE ABELLA.
NÓS UTILIZAMOS PLASTILINA,RODELES,ESPÁTULAS,COITELOS PLÁSTICOS E PUNZÓNS.
MIRADE,MIRADE!

FOI MOI DIVERTIDO CONVERTIR A NOSA AULA NUN AULA ROMANA POR UNS INTRES.
QUE BEN O PASARON!
Á PROFE SE LLE OCORREN COUSAS MOI ORIXINAIS E DIVERTIDAS.
II OBRADOIRO DE "ESCRIBIMOS COMO OS NEN@S ROMANOS".

ENCÁNTANOS APRENDER DESTE XEITO.!

3 comentarios:

  1. Cantas cousas están a aprender os nosos fillos. Cristian estame ensinando cousas que non tiña nin idea. Grazas "magister".

    ResponderEliminar
  2. Estes nenos son uns expertos¡¡¡ Grazas profe por ensinarlles dunha forma tan lúdica :)

    ResponderEliminar
  3. Qué orixinal, así aprender é moi divertido ! Silvia

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.