O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 2 de mayo de 2015

FELÍZ DÍA DAS NAIS!

ESTE ANO,POR MOR DA CRISE, NON DISPOÑÍAMOS DE MOITO ,PERO SÍ DE MOITA IMAXINACIÓN E CARIÑO PARA FACER UN BONITIÑO AGASALLO ÁS NOSAS NAIS,OU A AQUELAS PERSONAS QUE FAN DE NAI NAS NOSA VIDAS.

PRIMEIRO,APROVEITAMOS OS BONEQUIÑOS DE  ROMANOS E ROMANAS QUE NOS FIXERON COMPAÑA  EN TANTAS E TANTAS ACTIVIDADES DO NOSO PROXECTO EDUCATIVO DESTE CURSO.
DECIDIMOS POÑERLLES UN IMÁN AUTOCOLANTE PARA COLOCALOS NAS PORTAS DOS NOSOS FRIGORÍFICOS.
SON TAN CHULOS QUE VAN QUEDAR XENIAL EN CALQUERA SITIO E ÁS NOSAS FAMILIAS VAILLES ENCANTAR,ADEMÁIS DE QUEDAR UN BONITO RECORDO PARA SEMPRE,POIS ESTÁN PLASTIFICADOS.
XA EXPLICAMOS,NOUTRA ENTRADA ANTERIOR,O DESELVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES E A ELABORACIÓN DOS MESMOS.

DESPOIS,DECIDIMOS APROVEITAR A GOMA EVA AMARELA QUE SOBROU DOS OVOS DE PASCUA,E OS ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO,QUE NORMALMENTE BOTAMOS AO LIXO NA NOSA CASA,PARA FACER UN BONITO PRENDEDOR QUE SERVE PARA POÑER PENDURADO CUN FÍO,PRENDIDO COMO UN BROCHE OU DE ADORNO NUNHA DEADEMA...,COMO QUEIRADES UTILIZALO.
PARA A SÚA ELABORACIÓN UTILIZAMOS:ANACOS SOBRANTES DE GOMA EVA,PERFORADORAS DE DÚAS FORMAS,BOTÓNS DE PRENDAS QUE XA NON NOS SERVEN ,PEGAMENTO,DIVERMAGIC,PRENDEDOR E CINTA AMERICANA DA NOSA CONSERXE.
MIRADE COMO O FIXEMOS E QUE LUCIDOS QUEDARON.
NON FAI FALLA MOITA PASTA PARA FACER UN BONITO AGASALLO.


PERO...TEMOS QUE FACER UN BONITO E ORIXINAL ENVOLTORIO COS ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO.
A PROFE FIXO O ENCARGO DE TRAER UN ROLO Á CLASE,SEN NECESIDADE DE PEDILO POR Tokapp ,E RESULTOU QUE FORON MOI RESPONSABLES E TROUXÉRONNO MOI PRONTO,ATA ALGÚNS TROUXERON MÁIS DUN.
MIRADE QUE CHULIS!
PARECE MENTIRA QUE DUN ROLO POIDA SAÍR UN ENVOLTORIO TAN CHULI.
A MEIRANDE PARTE DELES LEVAN,O NOME DA NAI DESTINATARIA,ESCRITO POR ELES.

DE SEGURO QUE VALORADES MOITO O ESFORZO E O CARIÑO CO QUE FIXERON ESTES AGASALLOS.
VOLO MERECEDES POLO VOSO AMOR E ADICACIÓN .
APROVEITAMOS PARA AGRADECER A COLABORACIÓN,ADICACIÓN E INTERESE DE TÓDOLOS PAIS, NAIS,AVÓS,... QUE NOS AXUDARON,NOS OBRADOIROS DOS MARTES POLA TARDE E NAS ACTIVIDADES DE AULA E CENTRO,A FACER REALIDADE OS NOSOS SOÑOS,DURANTE ESTES TRES ANOS COA PROFE MARICRUZ.
ANIMAMOS AOS QUE COLABORARON POUCO A QUE O FAGAN NA SEGUINTE E APAIXOANTE ETAPA, QUE VAI VIR, NA EDUCACIÓN PRIMARIA.
A EDUCACIÓN É COUSA DE TOD@S,NON SÓ DOS MESTRES E A COLABORACIÓN DE TOD@S MERECE A PENA.
SON OS VOSOS FILL@S OS QUE SE BENEFICIAN DA VOSA ADICACIÓN.
E,PARA VÓS ESTE FERMOSO VÍDEO.
DANNOS IGUAL FACER PROPAGANDA DE COCA-COLA,PERO E QUE O VÍDEO É PRECIOSO E SEMPRE TEÑEN UNS VÍDEO-MENSAXES TAN CHULOS...

FELÍZ DÍA PARA TODAS AS PERSONAS QUE SON NAIS OU FAN DE NAIS!



4 comentarios:

  1. Encantoume o agasallo !!!!! Non fai falla gastar moito para facer un bonito recordo , a veces as cousas recicladas son as mais bonitas. Moitas Grazas :)

    ResponderEliminar
  2. Felicidades ás mamis, grazas polos agasallos !

    ResponderEliminar
  3. Muy bonito el regalo y menos mal que llegó el día porque Elia no aguantaba ni un minuto más sin dárselo a mama.
    un saludo y muchas gracias.

    ResponderEliminar
  4. É precioso, encantóume. O teño de prendedor no meu abrigo. Pero sobre todo gustóume a ilusión e satisfación que tiña Cristian no momento de darmo.
    Gracias profe por pasar tempo con eles preparando este detalliños. Un saudo da nai de Cristian

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.