O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 7 de mayo de 2015

AO TEATRO...!A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS.

Esta mañá estivemos no auditorio do teatro da Fundación "A Banca",para ver unha obra de teatro musical,
"A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS".
A través de cancións con tintas de pop, rock, reggae ou bossa nova, cóntase a historia da amizade entre unha nena e un grilo. Ambos descóbrennos emocións e sentimentos, ensínannos a vivir e conseguen que nos mergullemos nun universo máxico. Unha historia que nos fai medrar uns centímetros en doses de ilusión, creatividade e imaxinación.
Trátase de historias para os máis cativos, para aprender, ser e sentir, para convencernos de que podemos crear outra realidade.Baseada no libro-disco,do mesmo título,e que nós recomendamos ás familias,os nosos rapaces identificáronse cos seus protagonistas e interactuaron,activamente,cos actores-cantantes.
Pasáronno fenomenal!
Os nosos nen@s prepararon a visita uns días antes nas aulas,aprendendo o conto,cantando algunhas das cancións,traballando o que é un teatro e o comportamento  que temos que ter nos sitios onde se ven espectáculos.
Para obter máis información sobre o libro-disco,podedes premer na portada do mesmo.
Texto de Magín Blanco
Ilustracións de Iván Prieto

Letra e música de Magín Blanco, Uxía e João Afonso

Colaboran: Uxía, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Fred Martins, Guillermo Fernández…

Produción artística e musical: Uxía




Este é o conto que os nosos nen@s prepararon antes de ir ao teatro.


Leer más publicaciones en Calaméo
Se queredes cantar connosco a canción da 
"Nena Menciñeira",
que é a cantiga que lle canta a nena ao seu amigo o grilo,cando éste atópase maliño e non ten ganas de cantar,premede no corazón.

E AGORA,AS FOTOS DESTA SAÍDA.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS NOS VOSOS PCs.
ALGUNHAS DAS FOTOS ESTÁN UN POUCO MOVIDAS E NON SAÍRON MOI BEN,POIS NON SE PODE UTILIZAR O FLASH NO TEATRO.
O MÁIS IMPORTANTE É A LEDICIA QUE EXPRESAN AS SÚAS FACIANAS.
PREMEDE NA FOTO.


3 comentarios:

  1. Muchas gracias Maricruz por conseguir tener estas salidas tan interesantes y por este reportaje, me descargue casi todas las fotos, están muy divertid@s ;), (gran recuerdo)
    Alba vino super contenta y me explico con todo detalle todo lo que vivió esa mañana.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Fantástica salida, lo pasaron genial :)

    ResponderEliminar
  3. Silvia se lo pasó muy bien, vió a un actor que también canta en maría fumasa, cuyo disco Le encanta . Gracias.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.