O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 24 de mayo de 2015

DÍA DA INTERCULTURALIDADE NA NOSA ESCOLA E IOGA NA NOSA AULA.

O DÍA 21 DE MAIO FESTEXAMOS O
 "DÍA DA INTERCULTURALIDADE".

ESTE ANO APROVEITAMOS O TRABALLO QUE FIXEMOS CO NOSO PROXECTO DAS MARABILLAS DO MUNDO PARA ABORDAR, DUN XEITO MÁIS PROFONDO,O VALOR DO COÑECEMENTO E ENRIQUECEMENTO MUTUO ENTRE TÓDALAS CULTURAS DO MUNDO.
VIMOS A BEN QUE AS FAMILIAS QUE VIAXARON ÁS MARABILLAS,VIÑERAN A CONTARNOS A SÚA EXPERIENCIA,COUSAS DAS CULTURAS ONDE ESTÁN AS MARABILLAS,TROUXERAN FOTOS,OBXECTOS...
NA NOSA AULA OFRECEUSE A TÍA DE ALEXANDRE,SANDRA,QUE VIAXOU A MOITAS DAS MARABILLAS DO MUNDO MODERNO E DO MUNDO ANTIGO.
ALEX ESTABA SUPERORGULLOSO DA SÚA TÍA QUE FÍXONO FENOMENAL.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE PARTICIPARON NO EVENTO,EN ESPECIAL A ELA,
A SANDRA.
AO REMATAR AS SEIS EXPOSICIÓNS,OS NEN@S DAS REPECTIVAS FAMILIAS FIXERON ENTREGA DUN DIPLOMA REPRESENTATIVO DO EVENTO.
SE QUEREDES VER AS FOTOS,PREMEDE NESTA E PODEREDES DESCARGAR AS QUE QUEIRADES NO VOSO PC,COMO DE COSTUME.

E...FALANDO DA INTERCULTURALIDADE,IMOS FACER REFERENCIA A UNHA DISCIPLINA MOI ESPECIAL QUE LEVAMOS TODO O CURSO A DESENVOLVER NA NOSA AULA.
XA SABEDES QUE OS VOS NEN@S TEÑEN PSICOMOTRICIDADE COA PROFE MARICRUZ,TODOS OS DÍAS, E COA PROFE MARTA,UNHA VEZ Á SEMANA.
A SESIÓN DA PROFE MARTA CONSISTE EN FACER  IOGA COS RAPACES,AO REMATAR A SÚA SESIÓN .
QUE É O IOGA?

Ioga é un nome xenérico que denomina a un conxunto de disciplinas espirituais, mentais e físicas centradas principalmente en prácticas de desenvolvemento humano, que ten a súa orixe na India e que actualmente están amplamente difundidas en todo o mundo.
Máis especificamente o Ioga é unha das seis āstikas, ou escolas filosóficas indias e, no seu sentido máis pragmático, é un conxunto de técnicas para liberar a persoa das amarras que lle impiden a desexada unión co divino.
oga, da raíz sánscrita yuj, nomea o xugo que se usa para unir a xunta de bois ao arar a terra. Por extensión, vén significar unión e, no caso do Ioga entendido como filosofía ou disciplina, designa a unión que é liberación: a unión do eu ou conciencia individual (Atman) co absoluto ou conciencia universal (Brahman).
A principal división do ioga adoita establecer tres grandes pólas ou enfoques:
TÉNTASE DE APROVEITAR,DOUTRAS CULTURAS,
TODO AQUILO QUE PODE SER BENEFICIOSO PARA O NOSO CORPO E O NOSO ESPRITO.
De seguido,vos presentamos as fotos dunha sesión de masaxe e
relaxación das que facemos cada día ao rematar a clase.
 Como podedes observar fanno realmente ben, así que vos convidamos a que gocedes deses masaxistas que tedes na casa.


E AGORA,UN PAR DE VÍDEOS PARA QUE POIDADES PRACTICAR NA CASA COS VOSO FILL@S.
ANIMÁDEVOS!



2 comentarios:

  1. Grazas a Profe Marta polo vídeo de ioga, a Antia encántalle o masaxe ao rematar a clase :)

    ResponderEliminar
  2. É estupendo. Cristian xa me fixo uns cantos masaxes destes. Son marabillosos. É canta profesionalidade jeje (espalda recta, brazos estirados, ollos cerrados etc). Da gusto ter o masaxista na casa. Un saudo a tod@s

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.