O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 30 de mayo de 2015

QUE SEMANA TAN FANTÁSTICA! VISITA DO PROFE GABRIEL E VAMOS AO CIRCO.

O LUNS  VISITOUNOS O PROFE DE GUITARRA GABRIEL.
XA NON É A PRIMEIRA VEZ QUE VEN Á NOSA ESCOLA A CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE A GUITARRA,A SÚA HISTORIA,TIPOS,EVOLUCIÓN DA MÚSICA...
PASÁMOLO MOI BEN,APRENDIMOS MOITO E LLE AGRADECEMOS,ENORMEMENTE,QUE VEÑA AO NOSO COLE,DESINTERESADAMENTE.
COMO A PROFE XA SABÍA DA SÚA VISITA,PREPAROUNOS MOI BEN ANTES,DESTE XEITO NON NOS SOARÍA A CHINÉS TÓDOLO QUE ÍA EXPLICANDO O PROFE.
PRINCIPIOU COAS CARACTERÍSTICAS DA GUITARRA,COMO SE PRODUCE A EMISIÓN DE SON,TIPOS ,EVOLUCIÓN E ORIXE,PARA LOGO DAR UNHA SERIE DE PEQUENOS CONCERTIÑOS ENTRE EXPLICACIÓN E EXPLICACIÓN.
A PROFE TRÓUXONOS UNHA PÚA DE GUITARRA,TOCÁMOLA E APRENDIMOS A DEBUXALA.
IMOS APROVEITAR PARA AGASALLAR, COS NOSOS DEBUXOS, Á PROFE TETÉ PORQUE XUBÍLASE E TEMOS PREPARADAS ALGUNHAS SORPRESAS PARA ELA.PERO ESTO É UN SEGREDO QUE AÍNDA NON SE PODE REVELAR.
EIQUÍ TEDES UN PEQUENO ADIANTO.
CHULO,VERDADE?
E QUE Á PROFE TETÉ GÚSTANLLE MOITO AS GUITARRAS E GABRIEL É O SEU PROFE.
POIS XA VEREDES,MÁIS ADIANTE,O QUE LLE TEMOS PREPARADO NA NOSA AULA.
AGORA,UN VÍDEO PARA QUE VOS CULTURICEDES UN POUCO SOBRE A ORIXE DA GUITARRA E AS FOTOS DA CLASE-CONCERTO.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGAR A PRESENTACIÓN SE VOS FACEDES UNHA CONTA EN KIZOA.É DE VALDE,O SEXA GRATIS.





MOITAS GRAZAS,PROFE GABRIEL!
E AGORA UNHA SAÍDA MOI ESPERADA POR TOD@S...
IMOS AO CIRCO!
AO CIRCO QUE ESTÁ NA AVENIDA DE CASTELAO,MOI PRETO DA NOSA ESCOLA.
FOI FANTÁSTICO!
ATA O PROFE JUÁN CONVERTEUSE,POR UNS INTRES,EN PAIASO...
CANTO RIMOS!
É O CIRCO...

TIVEMOS,CADA UN,A NOSA ENTRADA,DESPOIS DE PAGALA,CLARO.
O QUE PASA É QUE TIVEMOS UN PREZO ESPECIAL,POR SER NÓS.
AGORA,PARTE DA ESPECTACULAR ACTUACIÓN DO PROFE JUÁN!
video

IMOS POR DÚAS QUENDAS DE FOTOS,AS DA PROFE ÁNGELA E AS DA PROFE MARICRUZ.SON UNHA MOREA DELAS.
PARA PODER VER AS DA PROFE ÁNGELA,PREMEDE NA FOTO DO CARTEL PUBLICITARIO  QUE ESTÁ UN POUCO MÁIS ARRIBA.
AS DA PROFE MARICRUZ XA ESTÁN DE SEGUIDO.



VOLTARÍAMOS DE BOA GANA!
QUEREMOS DAR AS GRAZAS ÁS FAMILIAS,QUE NOS FIXERON COMPAÑA NO PERCORRIDO ATA O EMPRAZAMENTO DO CIRCO E AXUDÁRONNOS A VIXIAR AOS NEN@S DURANTE A ACTUACIÓN.
SEN A VOSA AXUDA NON SERÍA POSIBLE FACER ESTE TIPO DE ACTIVIDADES,TAN FERMOSAS E EMOCIONATES,PARA OS NOSOS RAPACES.

2 comentarios:

  1. Grazas profe por adicarlle tanto do teu tempo a facer este blogue. Grazas por estar pegada todo o día a cámara de fotos para que nós poidámos ver sen estar ahí as cousas que fan.
    Mil grazas por todo profe Maricruz.
    Familia de Cristian

    ResponderEliminar
  2. A visita do Profe Gabriel estivo moi ben, pero o que máis lle gustou a Antía foi a saída ao Circo!!!!! Chegou a casa contentísima, non paraba de contarme todos os detalles. Moitas grazas ao colexio por estas saídas :)

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.