UNHA DAS FACETAS DESTE SON OS SEUS FROITOS,CARNOSOS E SECOS,OS ANIMAIS NO OUTONO,A NOSA CONTORNA E O MAGOSTO EN GALIZA,NA NOSA CONTORNA E NA ESCOLA.
NOUTRAS ENTRADS DOUTROS ANOS XA VOS EXPLICAMOS O QUE É O MAOSTO E ,NESTA ENTRADA,ABORDAREMOS AS SÚAS ORIXES.
Murguía relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían a morte e o viño novo a vida. Mariño Ferro tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de aí que a castaña apareza nos ritos funerarios. Sexa como for, si se atopou relación da castaña con ritos funerarios e documéntase dende antigo o costume de asar castañas ese día.
Outros autores tamén reflicten a relación entre os defuntos e este costume de asar castañas. O historiador Bernardo Barreiro recolle esta descrición das enchentes que se celebraban xa no século XVI para celebra-lo Día de Defuntos:
Os notables da
parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares
convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban
castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais.
Mais, a explicación máis repetida lévanos a pór en relación este
substantivo co verbo agostar, que significa ‘facer perder a humidade’, o
que se pode dar por unha calor excesiva, como a que se lles aplica ás
castañas no magosto.En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a san Martiño de Tours. Existe constancia dalgunhas prácticas supersticiosas relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa.Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as ánimas viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do purgatorio, e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.
E AGORA UNHA PEQUENA MOSTRA DALGUNHAS ACTIVIDADES DE AULA E DE CENTRO.
*ESTUDO DOS ANIMAIS NO OUTONO:
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN NA RECOLLIDA DE FROITOS DE OUTONO E FOLLAS SECAS.
*COÑECEMENTO,ESTUDO,CLASIFICACIÓN E DEGOSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO.
*DISTINTIVOS DÍA DA FESTA.
*CORNETES OU CUCURUCHOS PARA AS CASTAÑAS.
*CANTIGAS,POEMAS,REFRÁNS...
* DIVERSOS CONTOS E ACTIVIDADES LINK SOBRE A CASTAÑA E O MAGOSTO.
*FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA.
- OBRADOIROS PARA AS FAMILIAS. Dende as nove da mañá un gran grupo de pais e nais colaboradores, adicaron todas as súas enerxías a atasnicar as castañas doadas pola ANPA da escola, revisar as traídas polas familias, preparar os asadores, pegar carteis, colaborar cos mestres na organización dos obradoiros de nenos, e facer o gran cartel que presidía a festa.
- OBRADOIROS PARA O ALUMNADO.Os nosos nenos e nenas, prepararonse de 9 a 11 nas clases, para celebrar do mellor xeito posible o Magosto. Foi dende as 11:30, cando en grupos cooperativos, con nenos de varias idades mezcladas, gozaron das distintas actividades preparadas para eles.
DISTRIBUÍMONOS EN CATRO GRUPOS MIXTOS,DIFERENCIADOS POR CORES.
OS DA PROFE MARICRUZ FORON O GRUPO AZUL.
MIRADE,MIRADE,QUE CAMPIÓNS E CAMPIONAS TEMOS!
ADEMÁIS,POIDEMOS DEGOSTAR AS CASTAÑAS COAS NOSAS FAMILIAS E ATA FACERNOS UNHA FOTO TOD@S XUNTOS.
PASÁMOLO FENOMENAL!
MOITÍSIMAS GRAZAS AO ANPA DA NOSA ESCOLA,POLO GRAN TRABALLO QUE FIXERON,PARA QUE ESTA FESTA SAÍRA MARABILLOSAMENTE BEN.