Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta COUSAS QUE NON SABE TODO O MUNDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COUSAS QUE NON SABE TODO O MUNDO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de marzo de 2013

8 DE MARZO:"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA".


EU,A PROFE MARICRUZ.
ELAS,AS MULLERES TRABALLADORAS DO MUNDO.
DENDE ESTE BLOGUE,EU,MARICRUZ,UNHA MULLER TRABALLADORA,QUERE RECORDARVOS QUE O DÍA 8 DE MARZO,CELÉBRASE,EN TODO O MUNDO,"O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA".POR ISTA RAZÓN POÑO Á VOSA DISPOSICIÓN ESTES ENLACES DE INTERESE,QUE NOS FALAN DA HISTORIA DESTE DÍA E ALGUNHAS COUSAS INTERESANTES QUE TODO O MUNDO DEBERÍA SABER.DENDE A ESCOLA TRABALLAMOS,DÍA A DÍA, SEMPRE POLA IGUALDADE E A NON DISCRIMINACIÓN,AGORA SÓ FAI FALLA QUE TAMÉN SE FAGA DENDE AS VOSAS CASAS.

AS MULLERES TRABALLARON,TRABALLAN E TRABALLARÁN SEMPRE DENTRO E FORA DA CASA,POLOS SEUS PRINCIPIOS,VALORES,DEREITOS E RECOÑECEMENTO,PORQUE SEMPRE,Ó LONGO DOS TEMPOS,LOITARON DURAMENTE POLO QUE AMARON:ÁS SÚAS FAMILIAS E Á SÚA TERRA.
Maricruz
ENLACES DE INTERESE:
E AGORA UN CONTO PARA REFLEXIONAR GRANDES E PEQUENOS.
"O libro dos Porcos"
Libro escrito por Anthony Browne e editado por Kalandraka.
Presentación elaborada pola biblioteca do CEIP "MESTRES GOLDAR" de Vigo,cole onde a profe Maricruz impartiu clase.
Editado en vídeo polo CEIP "VÍCTOR SÁENZ" de Mazaricos para a celebración do 8 de Marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
Música: "Les jours tristes" de Yann Tiersen.

miércoles, 6 de febrero de 2013

EXPLICACIÓN SINXELA DE COMO SE FAN AS FILLOAS.



INGREDENTES:
-200 gr de fariña.
-5 ou 6 ovos.
-2 vasos de leite.
-manteiga ou unto para a tixola.

Preparación:
Bátense tódolos ingredientes e obtemos unha pasta bastante líquida. Se os ovos son moi grandes é mellor utilizar cinco e probar se a pasta que queda é o suficientemente líquida para que se estenda ben pola tixola e ademais calle ben.
Coción:
As filloas prepararanse nunha tixola, preferiblemente das que son para as filloas porque teñen o bordo máis baixo e a filloa será máis fácil de voltear cando estea lista. Se non se dispón desta tixola ou ferro especial calquera tixola serve. Ponse ao lume e se unta coa axuda dunha servilleta mollada en aceite, para que non quede moito aceite na tixola e as filloas non salgan grasosas. Unha vez que a tixola estea ben quente bótase unha cucharada da pasta na tixola e cóbrese o fondo da tixola coa mestura de modo que quede unha película moi delgada no fondo da tixola. As filloas a diferenza das panquecas ou tortitas son moi delgadas. Cando os bordos da filloa comecen a dourar se voltea e cocíñase polo outro lado. Colócase nun prato e se apilan as filloas unhas enriba das outras, asi conservarán mellor a calor e quedarán máis suaves.
Consellos:
As filloas cocíñanse moi rápido polo que non debemos descoidar en ningún momento a tixola e debemos controlar o lume para que non as queime.
Se queres filloas doces podes botar un pouco de zucre na mestura ou espolvorear zucre enriba da filloa recén feita.



SE PREFERIDES AS ORELLAS,PREMEDE NA FOTO DAS QUE SE FIXERON NA ESCOLA E TEREDES A RECEITA.
 NON ESQUEZADES QUE O 8 DE FEBREIRO,DÍA DO DESFILE DE ENTROIDO,IMOS FACER UNHA DEGOSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA FESTA E PRECISAMOS DA VOSA AXUDA.SE TEDES TEMPO E GANAS PODEDES FACER UNHAS LARPEIRADAS E TRAELAS Á ESCOLA ÁS 9 DA MAÑÁ PARA DEGOSTALAS AO REGRESO DO PASARRÚAS.
XA SABEDES QUE ESTADES  TODOS CONVIDADOS.
SAIREMOS DA ESCOLA ÁS 11 DA MAÑÁ,CAMIÑO DE BOUZAS.PODEDES IR CONNOSCO NO PASARRÚAS.OS PAIS E NAIS QUE SE TEÑEN QUE DISFRAZAR NA ESCOLA VIRÁN ÁS 10h PARA VESTIRSE NA AULA E AXUDAR Á PROFE MARICRUZ.
ESPERO QUE AS RECEITAS VOS FORAN DE AXUDA.  
QUE FAME! VOUNAS FACER AGORA MESMO.
BO PROVEITO.
PERECHO E MARICRUZ.

viernes, 19 de octubre de 2012

COMO RECOPILAN OS ROEDORES O ALIMENTO PARA O INVERNO?

MIRADE A ESTE HAMSTER,COMO ALMACENA A COMIDA QUE ATOPA,PARA LOGO LEVALA ATA A SÚA MADRIGUEIRA E ASÍ TER COMIDA DABONDO PARA HIBERNAR NO INVERNO.
OS ESQUÍOS,OS OURIZOS,AS DONICELAS...FAN DE IGUAL XEITO QUE O HAMSTER .
ASOMBRÁDEVOS DA CAPACIDADE DOS SEUS CACHETES(Mofletes).
É UNHA FABULOSA CESTA DA COMPRA.

SABEDES O QUE É HIBERNAR?
OS VOSOS FILLOS/AS SI QUE O SABEN.

Durante o inverno, nas rexións tépedas e frías, a natureza permanece como durmida. Vai frío, o chan cóbrese de neve, as plantas repousan (algunhas perderon as follas) e os insectos non abundan: as condicións de vida vólvense difíciles e o alimento escasea. A hibernación é un bo xeito de pasar a estación fría sen dificultades!
Coa calor da primavera... a natureza rexorde e o alimento volve estar dispoñible. Os animais que  hibernaron durante o inverno volven ao seu estado normal.
QUE ANIMAIS HIBERNAN?Os animais que hibernan son pequenos mamíferos, principalmente roedores.
Moitos roedores hibernan durante todo o inverno, como as marmotas, os hámsters, os esquios de terra,as donicelas ou os muscárdinos. Algunha vez oíches a expresión ,durmes como un lirón?? Dise iso porque os liróns son uns mamíferos pequenos que dormen durante todo o inverno. En climas moi fríos os liróns poden hibernar durante seis meses. Seguro que ti nunca durmiches tanto!
Ademáis dos roedores, tamén hibernan outros mamíferos, como o ourizo e algúns morcegos. As aves, xeralmente, non hibernan; pero realizan longas migracións ata zonas máis cálidas, onde pasan o inverno. O chotacabras pachacua ou chotacabras de Nattal, que vive en América do Norte, é unha das poucas aves que realmente hibernan. Estes paxaros pasan o inverno dormidos nos buracos das rochas. Outros paxaros, como o vencejo común ou a anduriña, son capaces de aletargarse e poden chegar a ese estado de letargo en calquera momento, cando o alimento empeza a escasear; con todo, non se considera unha verdadeira hibernación.
COMO SE PREPARAN Os ANIMAIS PARA HIBERNAR?Durante o verán e comezos do outono, os animais que van  hibernar empezan a comer moito máis que antes. Engordan e acumulan reservas en forma de graxas. Por exemplo, o lirón duplica o seu peso antes de empezar a hibernación.
Ademáis, os animais preparan coidadosamente o refuxio onde van pasar eses meses: a marmota fai un tobo no chan e recúbrea con herbas; o ourizo acondiciona un niño con follas ou herbas; o lirón elixe unha cavidade, como o buraco dunha árbore e o tapiza con plantas.
No tobo, os animais adoitan a forma dunha bóla para protexerse mellor do frío. Cando varios hibernan xuntos, se apelotonan uns xunto aos outros.
SE QUEREDES MIRAR FOTOS DE ANIMAIS QUE HIBERNAN,PREMEDE NESTA PRECIOSA FOTO DE OURIZOS.
UNHA COUSA MOI IMPORTANTE:
SE ATOPADES OURIZOS,DONICELAS...NESTA ÉPOCA DO ANO,NON OS COLLADES POIS AMEDRÉNTANSE E DESORIÉNTANSE DO SEU HÁBITAT E É MOI PERXUDICIAL PARA ELES.
NON ESQUEZAMOS QUE ESTÁN EN PERIGO DE EXTINCIÓN E PODEN MORRER,AÍNDA QUE OS DEIXEMOS DESPOIS EN LIBERDADE,AO NON ATOPAR A SÚA CASIÑA.
AGORA XA A TEÑEN MONTADA PARA O INVERNO E NON LLES DARÍA TEMPO A FACER OUTRO REFUXIO.
OBSERVÉMOLOS A DISTANCIA,CON ISO XA É DABONDO.
SE RESPEITAMOS Á NATUREZA,RESPEITÁMONOS A NÓS MESMOS.
NA NOSA AULA TRABALLAMOS UN FERMOSO CONTO QUE FALA DUN OSO QUE HIBERNOU E É UN CANTO Á AMIZADE.
"OSCAR TIENE FRÍO".
ESCOITAMOS O CONTO,TRABALLAMOS A SÚA DRAMATIZACIÓN,A COMPRENSIÓN DO TEXTO E O QUE NOS QUERE COMUNICAR O DESENLACE DO CONTO.
SE QUEREDES ESCOITALO,PREMEDE NA PORTADA DO LIBRO E ESCOITAREDES A VOZ DUNHA GRAN AMIGA E EXCOMPAÑEIRA DE ESCOLA DA PROFE MARICRUZ,A PROFE DOLO DO CEIP "CHANO PIÑEIRO" DE GONDOMAR,ANTIGA ESCOLA DA NOSA PROFE.
UNHA APERTA MOI FORTE A TÓDOLOS COMPAÑEIROS/AS E EXALUMNOS/AS DA PROFE MARICRUZ DO CEIP "CHANO PIÑEIRO".

viernes, 12 de octubre de 2012

DÚAS VISITAS SORPRESA: "O BARDO ABELARDO"E PICOLINDO.



QUE É UN BARDO?
Entre os antigos celtas, un bardo (do celta *bardos, do PIE *gwerH2 e a través do latín bardus"erguer a voz, louvar") era unha especie de poeta oficial cuxa misión era celebrar os grandes feitos nacionais, especialmente as accións heroicas e as vitorias.
Os bardos da Galia (bardos), Bretaña (barz ou barth) e a Gran Bretaña (bard) constituían unha clase social con privilexios especiais. Continuou a existir en Irlanda (bard) e Escocia, onde na época medieval eran músicos itinerantes, empregados ás veces por un señor para o que compuñaneuloxios (ou sátiras, chegado o caso). Hoxe só se pode falar de bardos propiamente en Gales, onde reviviron a raíz de xogos florais, coñecidos como Eisteddfodau, que se recuperaron a partir de1822. No Gales moderno, un bardd é un poeta que participou nunha Eisteddfod.
Os bardos foron idealizados durante o Romanticismo por autores como Walter Scott e polosceltistas. O termo acabou significando "poeta lírico" e aplicóuselle tanto a William Shakespeare como a Eduardo Pondal. Durante o século XX o termo perdeu esa connotación celtista e acabou designando a calquera poeta.
Nós temos o noso bardo particular do DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA do concello de Vigo,
”O bardo Abelardo”,que visitou a nosa escola e fixo as delicias de todos os nenos e nenas de ed. Infantil,do noso cole.
MOITAS GRAZAS,BARDO ABELARDO,POR FACERNOS UNHA VISITIÑA E FACERNOS SENTIR TAN FELICES.
VOLVE PRONTO!

MIRADE QUE BEN O PASAMOS E CÓMO DE SÚPETO APARECEU PICOLINDO.
VÍDEO DUNHA DAS ACTUACIÓNS.



sábado, 21 de julio de 2012

OS MARISCOS DA RÍA DE VIGO COS NOMES AUTÓCTONOS.



A profe Maricruz,con case 3 anos.
CANDO EU ERA PEQUENIÑA,TÓDOLOS NENOS/AS DE VIGO SABÍAMOS OS NOMES DE TÓDOLOS SERES VIVOS QUE ATOPÁBAMOS NAS NOSAS PRAIAS E XOGÁBAMOS CON MOITOS DELES NOS NOSOS CALDEIRIÑOS  CHEOS DE AUGA, CON CRANGREXOS ,AMEIXAS,ERMITAÑOS...E VOLTANDO O CONTIDO DELES O MAR,DE NOVO,PARA QUE NON MORRERAN E SEGUIR ASÍ GOZANDO DELES.AGORA,OS NOSOS FILLOS/AS SABEN MOI POUCO DELES,POR ISO UN DOS EMPEÑOS DA PROFE MARICRUZ E QUE OS SEUS RAPACIÑOS SAIBAN MOITAS COUSAS SOBRE O MAR DE VIGO E ASÍ APRECIARÁN A SÚA BELEZA, RIQUEZA E O RESPEITO AO MAR E AS SÚAS CRIANZAS.
A RÍA DE VIGO É A NOSA VIDA E SE NON A RESPEITAMOS NON NOS RESPEITAREMOS A NÓS MESMOS. PARA ISO TEMOS QUE COÑECELA.
A ESENCIA DA NOSA RÍA É A ESENCIA DE SER VIGUÉS.
A PROFE FIXO ESTA ESCOLMA DE ANIMAIS MARIÑOS DA RÍA.
PODEDES APRENDER DESTA PRESENTACIÓN E ASÍ RECOÑECELOS NAS NOSAS PRAIAS.

 
 NON SABEDES A SORPRESA DA PROFE MARICRUZ AO MIRAR,NA PRAIA DE SAMÍL,A MIGUEL E ADRIÁN,NO CAMPAMENTO DE VERÁN.NESTA FOTO ESTÁN COA SÚA MONITORA DO CAMPAMENTO.
FOI UNHA GRAN SORPRESA E MOITOS,MOITOS BIQUIÑOS E APERTAS DE LEDICIA VOARON POLA PRAIA.
LEMBRADE QUE PODEDES MANDAR AS VOSAS FOTOS DE VACACIÓNS,TANTO OS NENOS/AS DESTE CURSO COMO OS NOVOS ALUMNOS/AS DE 3 ANOS QUE VAI TER A PROFE MARICRUZ,DESTE XEITO ÍMONOS COÑECENDO TODOS,OS ANTIGOS ALUMNOS E OS NOVOS.
UNHA APERTA DE PERECHO E MARICRUZ.

lunes, 9 de julio de 2012

CAL É A ORIXE DE QUE OS PEREGRINOS LEVEN UNHA CUNCHA DE VIEIRA?


SABEDES QUE O NOSO COLE ESTÁ SITUADO EN "BOUZAS".
OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ,INVESTIGARON O QUE PASOU FAI MOITO,MOITO TEMPO NA SÚA PRAIA,FIXEMOS UNHA PÁXINA DA NOSA REVISTA ESCOLAR CON ESTA LENDA TAN BONITIÑA E DEBUXAMOS A MIRAGRE TAL E COMO A IMAXINARON OS RAPACES.
Aquí tedes a lenda,traducida do castelá antigo.
Cuenta una vieja leyenda que:
Cuando traían a Galicia el Cuerpo del Apóstol Santiago “…pasado Portugal, ya en las costas de Galicia, en un lugar llamado Bouzas que está enfrente de las Islas de Baiona se celebraba una boda entre una hermosa dama y un gentilhombre. Jóvenes y de muy importantes y señaladas familias.
La familia del novio procedía de Amaia, en el Reino de Galicia. Era hijo de la Reina Claudia Lupa, hija de Cayo Julio César y de su primera mujer Cornelia a la cual dejó en España en su segunda venida.
Su padre era Lobo Lobesio, Señor del castillo Lupario junto a Padrón, y al cual el Emperador Augusto hizo Régulo de Galicia.
El hijo de ambos Lobesio Rivano estaba celebrando sus bodas con Caya Valeria, hija de Caya Lobia y de Puctonio Marcelo en el hermoso lugar llamado Bouzas, situado en mitad de la Ría de Vigo, justo enfrente de las Islas Baiona, que fue el lugar elegido para celebrar la boda.
Uno de los entretenimientos de la boda, además de música, danzas y justas era competir a diversos juegos como “ abofardar”, juego en el que los señores, montados a caballo, lanzaban al aire sus cañas, bofardas o lanzas, teniendo que recogerlas al galope de sus caballos antes de que cayesen al suelo.
Cuando llegó el turno del novio, éste lanzó su bofarda y, mientras esperaba su caída, observó cómo el viento desviaba  súbitamente su trayectoria dirigiéndola hacia la Ría. El Caballero azuzó su caballo para no perder la lanza en el mar y, en su desesperado intento, lo que consiguió finalmente fue hundirse en el agua con su caballo y desaparecer.
A medida que el tiempo transcurría y la desesperación de todos aumentaba, vieron acercarse una barca luminosa que se dirigía hacia el punto donde había desaparecido el novio y su caballo.
Cuando ya todos lo daban por muerto,
 ¡ sucedió el gran milagro !. Al paso de la barca luminosa, el Caballero emergió milagrosamente de las aguas con sus ropas y caballo cubiertos de Conchas de Vieira.
Atónito y confundido por los hechos ocurridos, el Caballero dirigió su mirada hacia los tripulantes de la nave quienes, emocionados, alzaron sus ojos al cielo exclamando:
“-Verdaderamente quiere Jesucristo manifestar su poder delante de ti y de aquellos que están en esta tierra, para bien y honra de éste, su vasallo, que llevamos en esta nave para darle cristiano enterramiento. Nuestro señor Jesucristo quiso mostrar a través de ti, a los presentes y a los futuros,que quien a éste su vasallo quieran amar y servir, deberán visitarlo allí donde fuese enterrado llevando conchas como esas de las que tú estás cubierto, como sello de privilegio. Él, a cambio, les ofrecerá que el Día del Juicio Final sean reconocidos por Dios como vasallos suyos, y por la honra que le hicieron a su vasallo y amigo Santiago al visitarlo y reverenciarlo, los resucitará en su Santa Gloria y Paraíso”.
Después de escuchar a los discípulos, el Caballero pidió que lo bautizasen y regresó a la playa donde se reunió con su novia y les contó a los presentes lo ocurrido.
Se había Instituido la Viera como símbolo del Peregrino y Sello de Salvación.
A NOSA PÁXINA ,DA REVISTA ESCOLAR,FAI UN RESUMO,EN GALEGO,DESTA LENDA.

MIRADE QUE TRABALLOS MÁIS BONITOS FIXERON OS NEN@S DA PROFE MARICRUZ COA MÚSICA DE FONDO DA OBRA DE MARTÍN CÓDAX"ONDAS DO MAR DE VIGO",POETA E BARDO DA IDADE MEDIA QUE CANTOU AO NOSO MAR,E FOTOS DA VILA DE BOUZAS.

AGORA APAREZO EU,PERECHO,NA PRAIA DE BOUZAS.ESTO NON É UNHA  MIRAGRE, SENON COUSA DO ORDENADOR DA PROFE MARICRUZ.
A QUE É GUAI ESTA LENDA?
A QUE NON SABÍADES ESTO?
POIS É QUE SEMPRE TEMOS COUSAS  NOVAS QUE APRENDER.
NON VOS ESQUEZADES QUE ESTA FIN DE SEMANA SON AS FESTAS DE BOUZAS CUNS FOGOS ESPECTACULARES.
ESTAS FESTAS ESTÁN CONSIDERADAS DE INTERESE TURÍSTICO E OS FOGOS SON RETRANSMITIDOS POLA TELEVISIÓN DE GALICIA.
SE NON PODEDES ESTAR ,MIRÁDELAS,O DOMINGO  NOITE,POLA TVG .
SE QUERES SABER O PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS,PREME NA FOTO DO SEU PREGOEIRO ILUSTRE,O EXFUTBOLISTA DO R.C CELTA DE VIGO, DO REAL MADRID E A SELECCIÓN ESPAÑOLA,MICHEL SALGADO.
Michel Salgado,cidadá ilustre de Vigo,e para nós,o mellor lateral dereito,ao que queremos e admiramos moitísimo todos,grandes e pequenos.
MOITOS BIQUIÑOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

miércoles, 28 de marzo de 2012

A HISTORIA DE CARMIÑA E A RECONQUISTA DE VIGO.

EU,PERECHO,QUERO CONTARVOS UNHA HISTORIA QUE OS RAPACES DA CLASE DA PROFE MARICRUZ COÑECEN MOI BEN:"A HISTORIA DE CARMIÑA E MICHEL".
SEGURO QUE VOS ENCANTARÁ.
AH! NON VOS ESQUEZADES QUE ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE A "FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO".
A PROGRAMACIÓN DA FESTA E OS EVENTOS ESTÁN POSTOS NO ENCABEZADO DO NOSO BLOGUE.
SÓ TEDES QUE PREMER NO CARTEL GAÑADOR DESTE ANO.
ÍMOLO PASAR XENIAL!.
ESTE ANO,"A BRINCADEIRA"DE BOUZAS,QUE COMO SABEMOS É A RECONQUISTA DA VILA DE BOUZAS E QUE POR ,NORMA XERAL ,CELÉBRASE A FIN DE SEMANA SEGUINTE Á RECONQUISTA DE VIGO,PASARÁ A CELEBRARSE MÁIS TARDE QUE DE COSTUME POR COINCIDIR COA SEMANA SANTA.XA VOS IREMOS INFORMANDO.
PODEDES MIRAR AS FOTOS DA REPRESENTACIÓN DA LOITA DO POBO DE VIGO CÓS FRANCESES,DO ANO PASADO,PREMENDO NA FOTO.
SE QUEREDES LEMBRAR COMO CANTAN OS NOSOS RAPACES A CANTIGA DE CARMIÑA,COAS CUNCHAS,PODEDES BUSCAR A ENTRADA CORRESPONDENTE DO MES DE ABRIL DO 2011,NO NOSO BLOGUE OU NO DE PICOLINDO.
TAMÉN TEDES OUTRA OPCIÓN:QUE VOLA CANTEN ELES NA CASA E ASÍ,SE NON A SABEDES,APRENDÉDELA VÓS.
MOITOS BICOS,PERECHO.

.

domingo, 11 de marzo de 2012

UN EXEMPLO DE INTEGRACIÓN CULTURAL A SEGUIR.

OS ALUMNOS/AS DO IES CASTELAO DE VIGO,CONFORMAN UN PEQUENO MAPAMUNDI DE 27 PAISES DIFERENTES.
ELES,XUNTO COS SEUS PROFES ,FAN QUE A EDUCACIÓN SEXA VERDADEIRAMENTE ENRIQUECEDORA.
CON MOITO TRABALLO E ILUSIÓN FORMAN PARTE DO PROGRAMA "ARCE" DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E ESTÁN INMERSOS NO PROXECTO"CREACIÓN, INTEGRACIÓN E REDES" ,XUNTO CON IES DE XETAFE,PLASENCIA E MELILLA.
E  VOS CUESTIONAREDES:POR QUE A PROFE MARICRUZ PON ESTA NOVA NO NOSO BLOGUE?
TEN UNHA RESPOSTA MOI SINXELA.UNHA DAS PROFES,ARTÍFICE DESTE PROXECTO, É AMIGUIÑA DA PROFE TETÉ E DA PROFE MARICRUZ,É "EREA DEL RÍO IGLESIAS."
É A GUAPÍSIMA MORENA QUE ESTÁ A CARÓN DA PROFE MARICRUZ.
ADEMÁIS DE SER UNHA DAS MELLORES AMIGAS DA PROFE,É:UNHA EXCELENTE PROFESORA ,INMERSA EN MOITOS PROXECTOS EDUCATIVOS E UNHA MAGNÍFICA INVESTIGADORA E ESCRITORA.
INVESTIGOU,EN CUBA,SOBRE UNHA MULLER GALEGA QUE FOI TODO UN EXEMPLO DE MODERNIDADE  E VANGARDA:"MARÍA MUÑÓZ"
EREA ESCRIBIU UN LIBRO MARAVILLOSO SOBRE A VIDA E TRABALLO DESTA GALEGA EN CUBA.
O LIBRO É:"MARÍA MUÑÓZ PORTAL,SU OBRA MUSICAL EN CUBA"
A FOTO É DA PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO.
VERDADEIRAMENTE ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DELA E...A QUE NON SABÍADES QUE É SEGUIDORA DO NOSO BLOGUE E COÑECE A PERECHO?
POIS SÍ,E GÓSTALLE MOITÍSIMO!
O DÍA 10 DE MARZO FORON NOVA NO FARO DE VIGO.
MIRADE ...

SE QUERES MIRAR A NOVA MÁIS GRANDE,PREME NAS FOTOS.
A PROFE EREA É A SEXTA ESCOMEZANDO POR ONDE TÍ QUEIRAS.
A ESCOLA PÚBLICA É MARAVILLOSA.
TRABÁLLASE MOITÍSIMO E CON MOITÍSIMAS DIFICULTADES,SEN SOBRESOLDOS,PERO ISO SÍ,CON MOITA ADICACIÓN E TRABALLO INCONDICIONAL DOS PROFES COMO EREA.
SE QUEREDES SABER COUSAS SOBRE O PROXECTO,PREMEDE NO LOGO.
E SE QUEREDES SABER AS COUSAS ESTUPENDAS QUE FAI ESTE IES DE VIGO ,PREMEDE NA FOTO DO "IES CASTELAO".

NORABOA,EREA E COMPAÑEIROS/AS ,POLO VOSO TRABALLO!
NÓS TAMÉN SOMOS OS VOSOS SEGUIDORES E SEGUIDORAS.

jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2.012.

O ANO PASADO ADICAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA Á FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO.ESTE ANO IMOS FACER MENCIÓN A UNHA MULLER QUE ABRIU CAMIÑOS INSOSPEITADOS PARA PODER CHEGAR A QUE HOXE NÓS ,AS MULLERES,POIDAMOS VOTAR EN ESPAÑA E EXERCER UN DEREITO FUNDAMENTAL:"O SUFRAXIO UNIVERSAL".
ESTA ESPECTACULAR MULLER FOI...
"CLARA CAMPOAMOR".
A CONTINUACIÓN  TEDES UN GRAN TRABALLO,DUNHA COMPAÑEIRA MESTRA, SOBRE A FIGURA DESTA MULLER .
É MÁIS AXEITADA PARA O TERCEIRO CICLO DE ED. PRIMARIA,PERO SEGURO QUE ÓS NOSOS NENOS/AS TAMÉN APRENDEN MOITAS COUSAS.
PREMEDE NA FOTO DE CLARA E...A APRENDER MOITAS COUSAS DUNHA MULLER EXEMPLAR.
E AGORA ,ACTIVIDADES PARA NENOS/AS DO 1º E 2º CICLO DE ED. PRIMARIA.
PREMEDE NO TRABALLO DA JUNTA DE ANDALUCÍA SOBRE CLARA.




FAI O QUEBRACABEZAS DE CLARA.
XA SABES QUE PODER VARIAR O NÚMERO DE PEZAS PARA QUE POIDADES XOGAR TÓDALA FAMILIA.

miércoles, 15 de febrero de 2012

APRENDE COUSAS SOBRE O ENTROIDO DE VIGO.


O Deus Momo no Vigoentroido

Tódalas cidades teñen algo que fai característico a sua festa do entroido. En Verín teñen os peliqueiros; en Brasil, as grandes comparsas con música, baile e cor;...e en Vigo temos o Deus Momo e a Comitiva Rexia que o acompaña. Este ser mitolóxico, é o centro do noso entroido; o que diferencia o carnaval de Vigo, de tódolos demáis.

O Deus Momo, trátase dun Deus Grego, que representa o espírito de inculpación malintencionada e crítica inxusta. Vai rodeado de seres infernais e da comitiva Rexia.

A sua presenza é o centro do entroido Vigués, toda a festa rodea a este Deus. O cal sempre aparece acompañado do Rei e da Raíña do entroido, e dos paxes reais, os diaños, o que é chamado a Comitiva Rexia; así como dos campesiños do pobo.A festa dura mentres o Deus Momo vive, pero o martes a noite...o Deus Momo sofre un esvaecemento, e despídese de todo o pobo, coas agallas e carácter que os caracterízan; e dando as grazas polo recibimento que a cidade lle ofreceu.
O pobo cunha gran pena e moitas lágrimas, faille un memorial e chora a sua pérdida, recorrendo as rúas de Vigo, para despedir o Deus do entroido e logo enterrar as súas cinzas.
Desta forma, o espírito descansa do Deus Momo descansa tranquilo, ata o entroido seguinte.

QUE É UN MERDEIRO?
Cando chega o Entroido os vigueses transfórmanse en Merdeiros ou cabicheiros. Antigamente, isto facíano os mariñeiros para ridiculizar aos labregos, con quen, ao parecer, tiñan diferenzas. Os mariñeiros asumían a súa identidade imitando as vestimentas dos cabicheiros, persoas do rural que recollían cabiche e baleiraban os pozos negros da cidade para abonar os seus campos. Por iso tentaban imitalos ríndose dos seus comportamentos e das súas roupas: usando o pucho, os símbolos das súas vestimentas e o farol; sempre esaxerando ao máximo o seu comportamento social tremendamente anárquico.
O Merdeiro é maleducado e un pouco violento. Corre, salta e grita co ánimo de asustar á xente, e ademais vai armado dunha vara coa que intenta golpear á xente coa que tropeza. 

Os Merdeiros afacían vagar de xeito improvisado polas rúas da cidade, en solitario ou en pequenos grupos carentes de organización.
 Na actualidade, o Merdeiro é a única figura do entroido urbano en Vigo, e o seu valor antropolóxico é comparable a outras manifestacións moi coñecidas como os Peliqueiros de Laza, as Pantallas da Limia ou os Cigarróns de Verín.


E AGORA DÓUS VÍDEOS SOBRE A RECUPERACIÓN DA FIGURA DO MERDEIRO,NO ENTROIDO DE VIGO.

domingo, 18 de diciembre de 2011

PARA TÓDOLOS NENOS/AS ROMANESES DA NOSA ESCOLA.


O NADAL EN ROMANÍA
A tradición máis importante de Romanía é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a tempada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira denominada steaua, que está cuberta con papel brilante e decorada con campás e cintas de cores.
Unha pintura da Sacra Familia está pegada no centro da estrela e todo isto colócase sobre o pau que suxeita quen o leva. O que máis gusta sobre os Nadais deste país é o espírito do Nadal que se sente no aire,todos esquécense dos problemas de todo un ano, a ilusión dos nenos ao recibir un agasallo, non piden cousas, porque alí hai pobreza ,confórmanse co que sexa.
Antes de todo, as nais adoitan preparar COZONAC unha clase de panee- toné, ou algo así, que é un pan doce,  recheo de crema de chocolate e noces, e que os nenos esperan con impaciencia que o saque do forno para probalo quente. Faio nun forno ao lume de leña. Despois preparan o xantar, que como aquí, ten que ser especial, xa que toda a familia reúnese  nas casas. Pasteis caseiros e preparados específicos de carne de porco que se mata unha semana antes de Nadal, cunha clase de ritual moi antigo, unha tradición que se gardou durante séculos. E a noite antes de Nadais, todos os nenos do pobo van a todas as casas do pobo a cantar panxoliñas, para que todos teñan sorte no aninovo.Dábanselles a troque noces e roscas, e voltaban a casa así pola mañá, conxelados pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos doces.Toda esa noite o pobo énchese do canto e das risas dos nenos.O día de Nadal van todos á igrexa, e alí está case todo o pobo ,a xente non colle toda dentro.
Logo, todos volven ás súas casas e poñen a mesa porque os fillos van visitar ós seus pais con netos e sobriños, xúntase toda a familia, do máis vello ao máis pequeniño, e as festas continúan ata a noite.A xente bota moito de menos esta tempada a atmosfera de felicidade e de festa de alí.Tamén  adornan a árbore de Nadal, con doces e bolas, luces e xoguetes, se hai nenos na casa, isto faise a noite antes de Nadal.Os agasallos non son cousas caras, pero para os nenos son o mellor do mundo xa que os trouxo o vello Papa Noël ou San Nicolás, depende da relixión que profesen.
Todo é alí diferente, a xente pásao mellor, dado que se poden permitir cousas así só tres veces ao ano: de Nadais, noite vella e pascuas.
Alí o Nadal celébrase algo diferente.O Nascemento do Neno Xesús, é unha tolemia de xente correndo en procura de agasallos, mesas festivas e pouco máis. Noutros países ortodoxos, como Bulgaria, Romanía ou Grecia, o que se conmemora e, no día 6,  o bautismo de Cristo, mentres o Nadal é o 25 de decembro como en Occidente. En Romania, en Chipre e  Grecia, os popes, ademáis, van de casa en casa e bendín os fogares con albahaca mollada en auga bendita. Os romaneses, ortodoxos, non poñen o belén nin celebran o día de Reis. No seu caso, é San Nicolás o que, o 24 de decembro, chega cargado de agasallos. 
E AGORA,UNHA PRECIOSA PANXOLIÑA POPULAR DE ROMANÍA.


CRACIUN FERICIT SI UN AN NOU FERICIT!

miércoles, 2 de noviembre de 2011

NOVEMBRO:Mes do magosto e os porquiños.

COMO NOS GOSTAN OS PORQUIÑOS!
SOBRETODO OS NOSOS PORCOS CELTAS,RECENTEMENTE RECUPERADOS,POIS ESTABAN EN PERIGO DE EXTINCIÓN.
MIRADE QUE BONITIÑOS SON.
PERO O QUE MÁIS NOS GOSTA DELES SON AS BOAS COUSAS 
QUE NOS DAN.
A VER SE SABEDES O NOME DALGUNHAS DELAS?
FALAREMOS DELAS NA CLASE.
NÓS SABEMOS AS PARTES DA CACHEIRA DO PORQUIÑO PORQUE XA AS DEMOS NOS CURSOS ANTERIORES,PERO ESTE ANO APRENDEREMOS ALGUNHAS PARTES DO CORPO,COMO ESTAS...
.
O ANO PASADO APRENDIMOS UNHA CANCIÓN SOBRE O NOSO AMIGO O PORQUIÑO .
ÍMOLA LEMBRAR!


PRONTO SERÁ O MAGOSTO E COMEREMOS UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS LLE GOSTAN ÓS PORQUIÑOS:"AS CASTAÑAS".
SE QUEREDES SABER DO NOSO MARAVILLOSO "PORCO CELTA"PREMEDE NO ENLACE, QUE APARECE DEBAIXO DESTE PRECIOSO PORQUIÑO ,E DESCUBRIREDES COUSAS QUE NON SABÍADES DEL.

SE VOS PETA COLOREAR ÓS TRES PORQUIÑOS DO CONTO,PREMEDE NO ENLACE QUE APARECE DEBAIXO DA FOTO DESTES TRES VALENTES QUE SOUPERON VENCER Ó LOBO.
FARÉMOLO TAMÉN NA PDI(PIZARRA DIXITAL) DA NOSA ESCOLA.

LEMBREMOS ESTE CONTO MARAVILLOSO.

ENCÁNTANNOS OS PORQUIÑOS!

lunes, 22 de agosto de 2011

UNHA GRAN SORPRESA PARA TRISTÁN E PARA TODOS NÓS:LUCÍA PÉREZ.

PERECHO E MARICRUZ RECIBIRON UNHA MENSAXE MOI ESPECIAL DE TRISTÁN.
LEMBRÁDEVOS DE LUCÍA PÉREZ,A REPRESENTANTE DE  ESPAÑA EN EUROVISIÓN,QUE É CURMÁ DE MARGARITA,A COIDADORA DO NOSO COLE? POIS MIRADE QUEN ESTÁ CON TRISTÁN EN BAIONA.
MENSAXE DE TRISTÁN:
Hola Perecho e Maricruz; soy Tristán:
Llegamos el miércoles 17 de Salvador de Bahía y mis padres me tenían preparada una sorpresa.
Esta noche del 18 de Agosto me llevaron a ver a Lucía Pérez que actuaba en la Fiesta del Turista en Baiona.
¡Qué bien lo pasamos!
Y pude hablar con ella, sacarme varias fotos en su compañía, me dedicó su disco.... ¡Con lo que que a mí me gusta Lucía Pérez...!
Pues te envío un par de fotos para que las colgueis en el blog.
Ya falta menos para vernos en el cole.
Un beso muy fuerte:
TRISTAN
QUE SORTE E QUE GUAPOS!
XA NOS TRAERÁS O DISCO Á CLASE E
CANTAREMOS E BAILAREM,OS TODOS XUNTOS,



ENCÁNTANOS LUCÍA PÉREZ!