Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS PARA AS VACACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS PARA AS VACACIÓNS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de septiembre de 2015

CONSELLOS PARA QUITAR O CUEIRO E AS NOSAS VACACIÓNS DE VERÁN DOS NOSOS SEGUIDORES.

A RA KANDOO,QUE COÑECEDES DA TELE,QUERE AXUDARVOS A PRACTICAR  ESTE VERÁN,CO SEU BAILE,UN POUQUIÑO DE PSICOMOTRICIDADE.
TAMÉN QUERE XOGAR UN POUQUIÑO CONVOSCO A XOGOS EDUCATIVOS QUE HAI NA SÚA PÁXINA WEB.
SEGURO QUE O PASAREDES,CON ELA,XENIAL.
PARA PODER XOGAR CON ELA TEDES QUE PREMER NA FOTO DA RÁ.

PARA BAILAR COMO TOLOS,NA PRAIA,NA ALDEA,NA MONTAÑA,NA CASA...AQUÍ TEDES O SEU VÍDEOCLIP,  "O KANDUBIDU".

TEDES QUE FACERLLE MOITO CASO PORQUE É MOI BOA .POR ISO É AMIGA MIÑA E DE PERECHO,A MASCOTA DA NOSA AULA.



E AGORA,UNS CONSELLIÑOS PARA AS NOVAS FAMILIAS QUE VAN TER OS SEUS FILLOS/AS COA PROFE MARICRUZ,SOBRE O CONTROL DE ESFÍNTERES.
ESPERO QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

O verán é a época ideal para que os nenos e nenas deixen o cueiro. Para axudarlles a dar ese paso, Dodot lanzou o Kampeoonato Kandoo, unha simpática ferramenta que lles axuda a prepararse en tres disciplinas: limparse o cuiño, cepillarse os dentes e lavarse as mans.
A maioría dos pais elixen o verán para quitar o cueiro aos seus fillos. Antes de empezar o curso que vén o “cole dos maiores” os nenos teñen que controlar esfínteres.Iso si, recorda que cada neno leva o seu propio proceso. 
O Kampeoonato Kandoo que puxo en marcha Dodot pode ser unha boa ferramenta para axudar aos peques a deixar o cueiro e adquirir os seus primeiros hábitos de hixiene. Dá consellos aos pais, inclúe instrucións para os nenos ,paso a paso, protagonizadas pola raniña de Kandoo e ofrece persoais divertidos para descargarse da web. 
Os 10 consellos para pais que queren axudar ao seu fillo a deixar o cueiro
1) Non poñas obstáculos á súa curiosidade e gañas de aprender. 

2) Explica ao teu fillo/a,que ten que limparse tantas veces como sexa preciso.

3) As instrucións teñen que ser moi sinxelas ao principio e ilas complicando aos poucos.

4) Converte a aprendizaxe nun xogo no que o teu fillo/a será o experto. Por exemplo, dille que faga de pai e que ensine a ir ao baño soiño á súa boneca ou ao seu peluche preferido.

5) Elixe pezas que sexan fáciles de abrochar e desabrochar, por exemplo, pantalón e saia de goma elástica.

6) Supervísao cando practique e, no caso de que sexa necesario, corríxelle con bromas.

7) Se o neno non o consegue á primeira, non fagas diso algo traumático e volve tentalo.

8) Felicita ao teu fillo polo esforzo realizado.

9) Ofrécelle oportunidades para que poida tomar decisións.

10) Incúlcalle hábitos de hixiene: limparse soiño, lavarse as mans e cepillarse os dentes.

Controlar esfínterés non é algo que o neno aprenda.
 É unha conquista natural que se alcanza aos poucos e cando o noso fillo estea preparado.
O verán, a mellor época para deixar o cueiro.
-Toman máis líquidos e máis alimentos ricos en fibra, o que propicia que aumente o número de veces que os nenos teñen que ir ao baño.
-As altas temperaturas tamén poden ser boas aliadas: se hai algún escape, resulta máis fácil cambiarlles porque levan pouca roupa.
-Temos máis tempo libre para observarlles e axudarlles.
Trucos para unha "despedida" rápida do cueiro.
-Mercar un orinal  ou un adaptador de inidoro,de atractivas cores ou debuxos que lle guste e chame a súa atención.
-O neno ten que relaxarse no baño. Algúns nenos veno como un lugar frío, onde sempre hai que obedecer. Convén que tamén pasen momentos divertidísimos nel, como os xogos á hora do baño.
-No caso dos nenos, procura que fagan pis sentados en lugar de facelo de pé. Así é máis fácil que se relaxen e poden aproveitar para facer o pis e a caca ao mesmo tempo.
-Aproveita o momento de cambiar o cueiro sucio para ensinarlle onde debe facelo a próxima vez. Pedímoslle que nos acompañe ao lixo e que tire,él mesmo,o seu cueiro.
O segredo do éxito neste proceso radica na paciencia. Non debes imporllo. El decide cando deixar o cueiro e obrigarlle non serve de nada.
Moitas consultas dos pais teñen que ver co control dos esfínteres: os seus atrasos, as súas complicacións, os seus retrocesos, as súas dificultades... Eu aconsello, case sempre o mesmo: paciencia, tranquilidade, tolerancia, non apresurarse, non presionar, evitar a tensión, tempo ao 
tempo... Sobre todo, paciencia.

Cal é o mellor momento para empezar?
-Cando comeza a ter noción do tempo, é dicir, a distinguir entre "agora e
«despois". Así poderá avisar a tempo cando queira ir ao baño.
-Cando empeza a nomear os seus excrementos como "pis" e "caca".
-Se mostra incomodidade cando está mollado, moléstalle o cueiro, quere quitarllo ou nos avisa para que lle cambiemos.
Como principiar
Podemos comezar preguntándolle: "Queres que che quitemos os cueiros e facer pis e caca no orinal, agora que xa es máis grande?".

O de "grande", se llo dicimos, debe soar a estímulo, non a chantaxe. Se contesta que si, estupendo!. Se se nega, é mellor deixalo para máis adiante. 
Por que tantas precaucións? A esta idade o neno empeza a afirmarse como persoa, e faio a miúdo a través do "non quero". Por iso convén buscar, para empezar este adestramento, os momentos nos que o noso fillo estea de bo humor e en boa sintonía connosco.
Non convén mostrar un interese excesivo na retirada do cueiro. O neno, que depende para todo dos maiores, sente que este é un dos poucos terreos en que pode facer a súa santa vontade. O seu corpo é seu e o baleira cando quere. Se non está de boa gana connosco, a ocasión é magnífica para levarnos a contraria en algo que el controla e que, polo visto, interésanos tanto.
Os temidos escapes
-Pode ocorrer que o noso fillo dea o seu consentimento pero siga tendo "escapes". É o máis normal e non hai que contrariarse, rifarlle nin ridiculizarle. É máis, se eses escapes son continuos, podémoslle volver pór os cueiros unha tempada.
-Hai nenos que pasan por unha etapa na que, sen controlar aínda do todo, néganse a porse cueiro para saír á rúa, porque senten maiores. Fará falta paciencia e diplomacia, e se cadra hai que restrinxir as saídas uns días.
-Non queren o orinal, vanse a un recuncho... Algúns pais ven posta a proba a súa paciencia cando o seu fillo dá por liquidado o cueiro pero aínda non tolera o orinal nin o inodoro. Ás veces, hai que deixarlle que de xeito sinxelo llo faga encima. De verdade que o pobre non ten outra saída.

Son días difíciles para eles, pero serán breves se rodeamos de amor ao noso fillo/a e sabemos transmitirlle o noso agarimo incondicional.
Esta canción gustaralles moitísimo e da bos resultados. 
Axudaravos!

E AGORA,IMOS MOSTRARVOS ALGUNHAS FOTOS QUE FORON ENVIADAS POLOS NOSOS SEGUIDORES. 
O VERÁN DE MARTA. 
MARTA  FOI,ESTE VERÁN,COA SÚA FAMILIA,A ALACANTE E PASOU POR UNHA DAS CIDADES ROMANAS MÁIS IMPORTANTES DE ESPAÑA,SEGOVIA.LEMBROUSE DE TÓDOLO APRENDIDO COA PROFE MARICRUZ,SOBRE OS ROMANOS E QUEDOU ABRAIADA ANTE O IMPOÑENTE  ACUEDUCTO.
MANDOU,DENDE ALÍ,UN SAÚDO PARA TOD@S.
QUE GUAPAAA!
 QUE SORTE,MARTA!

TAMÉN ENVIOUNOS UNHA CARTA E UNHA FOTO, 
ANTÍA.
Ola profe!!! Que tal o verán? Xa quedan poucos días para voltar ao cole. 
Estouno desexando!! Teño moita ilusión por estrear tantooo libro novo.
  Envíote unha foto das miñas derradeiras mergulladuras do verán.
Un bico, Antía.

 Perecho dí que é Samíl,eu coido que tamén.
Grazas polas vosas fotos.
Temos moitas gañas de estar convosco de novo.
PERECHO E MARICRUZ.

lunes, 6 de julio de 2015

MÁIS TRUNFOS DO NOSO AMIGO XULIO.

COMO XA SABEDES TOD@S ,TEMOS,ENTRE OS NOSOS SEGUIDORES,UNHA MOREA DE SUPERCAMPIÓNS.
SEMPRE FACÉMONOS ECO DOS TRUNFOS DE TODOS ELES.

O NOSO AMIGO XULIO,XOGADOR DE ÉLITE DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE XADREZ,QUEDOU TERCEIRO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA,CELEBRADO EN SALOBREÑA(GRANADA),DO 25 AO 28 DE XUÑO.
DURAS PARTIDAS DE MÁIS DE DÚAS HORAS,NAS QUE DESTACOU O NOSO SUPERCAMPIÓN.
AO MELLOR,XULIO,É SELECCIONADO PARA IR AO MUNDIAL!
ESTAREMOS ATENTOS ÁS PRÓXIMAS NOVIDADES.

XULIO É O RAPAZ QUE ESTÁ Á DEREITA DO SELECCIONADOR NACIONAL.
XA O COÑECEDES.
PARABÉNS,XULIO!
SEGUE ASÍ!
PERO ÉSTA NON É A ÚNICA NOVIDADE,SENON QUE TAMÉN FOI SEGUNDO CLASIFICADO  EN PADRÓN,NO "TORNEO DISTRIBUNOSA",NA CATEGORÍA SUB 10.
SE QUEREDES ESTAR AO TANTO DE TÓDOLOS EVENTOS DO XADREZ EN ESPAÑA,
PREMEDE NA FOTO QUE A PROFE MARICRUZ DESCARGOU,DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE XADREZ,QUE TEDES DEBAIXO.

ÁNIMO XULIO,TÍ PODES CHEGAR TODO O LONXE QUE QUEIRAS!
TES TODO O NOSO APOIO.

sábado, 20 de agosto de 2011

PARA FACER OS RETRATOS QUE QUEIRAS E IMPRIMILOS.

A PROFE MARICRUZ.
A QUE SE  ASEMELLA?
IGUAL QUE A PROFE MARICRUZ FÍXOSE ESTE RETRATO,VÓS PODEDES FACER OS QUE QUEIRADES E LOGO IMPRIMILOS NAS VOSAS CASAS.
PODEDES FACER RETRATOS VOSOS,DOS VOSOS FAMILIARES ,AMIGOS...PASAREDES UN RATO DIVERTIDO E TRABALLAREDES ASÍ UN POUQUIÑO DE ESQUEMA CORPORAL NESTAS VACACIÓNS.
ESTE XOGO SÓ TEN UN DEFECTO,QUE NON TEN NIN ORELLAS NIN PESTANAS E NON SE PODE VARIAR A COR DOS OLLOS,PERO ISO VÓS O POIDEDES REMEDIAR DEBUXÁNDOAS CANDO ESTEA IMPRESO O RETRATO.

PREME NO SEGUINTE ENLACE :

jueves, 11 de agosto de 2011

FESTAS DE SAN ROQUE EN VIGO.

LEMBRADE QUE O 16 DE AGOSTO É FESTA LOCAL EN VIGO.
CELÉBRASE A ROMARÍA DE "SAN ROQUE" NUN ENCLAVE EMBLEMÁTICO PARA A NOSA CIDADE,O PAZO DE SAN ROQUE.
CÓMO CHEGAR ATA A ROMARÍA?



É UNHA ROMARÍA POPULAR NA QUE SE CANTA,TÓCASE A GAITA E A PANDEIRETA,CÓMESE POLBO,CHURRASCO E CHOURIZOS E SE REALIZAN UNHA SERIE DE ACTOS,TANTO RELIXIOSOS COMO LÚDICO-FESTIVOS DO AGRADO DE GRANDES E PEQUENOS.

SAN ROQUE É UN SANTO MOI  MIRAGREIRO E QUERIDO POR TODOS  OS VIGUESES E VIGUESAS.

NON PODEDES FALTAR.
NA MENTRES,OS MÁIS CATIVOS PODEN IR APRENDENDO ESTA CANCIÓN TAN DIVERTIDA E QUE É UN EXERCIZO ESTUPENDO DA LINGUAXE.


SE QUEREDES SABER A HISTORIA DE SAN ROQUE,PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE.

martes, 28 de junio de 2011

LECTOESCRITURA DE NIVEL MEDIO.

ONTE PERECHO VOS PRESENTABA UN XOGO DE GRAO AVANZADO DE LECTOESCRITURA.
HOXE RECOMÉNDAVOS ESTE DE GRAO MEDIO.
CADA ÚN DE VÓS TEN QUE IR MIRANDO CAL É O MÁIS AXEITADO Ó NIVEL DO SEU FILLO/A E IR AUMENTANDO A DIFICULTADE ,A XOGOS E ACTIVIDADES MÁIS COMPLEXAS ,DAS QUE VOS RECOMENDAMOS.

PREME NO ENLACE DE ABAIXO.

AÍNDA QUE FAGADES MOITAS ACTIVIDADES NO BLOGUE,NON VOS ESQUEZADES QUE AS VACACIÓNS SON PARA XOGAR,DESCANSAR E PASALO MOI BEN COA VOSA FAMILIA ,XA QUE DURANTE O CURSO ESTADES POUCO TEMPO CON ELA.
BIQUIÑOS,PERECHO.

lunes, 27 de junio de 2011

PREESCRITURA PARA NIVEIS AVANZADOS.

SE QUEREDES QUE OS VOSOS FILLOS/AS ESCOMENCEN A PRACTICAR COAS LETRAS MINÚSCULAS E O SEU COMPLICADO TRAZADO,PODEDES FACELO CON ESTA ACTIVIDADE,PERO SEMPRE CUN ADULTO SUPERVISANDO.ESTA ACTIVIDADE ASEMÉLLASE Á METODOLOXÍA DE ESCRITURA DA PROFE MARICRUZ EN CANTO ÓS ENLACES ENTRE AS LETRAS E OS XIROS.
É unha actividade difícil e poucos poderán facelo nun principio,por iso puxen nivel avanzado.Non vos preocupedes se non son capaces de facelo,pois esto é parte do curriculum do curso que ven e de 1º de primaria.
PREME NO ENLACE DE ABAIXO.

jueves, 23 de junio de 2011

ESTUPENDA ESCOLMA DE XOGOS E ACTIVIDADES.

XOGOS E ACTIVIDADES,EN INGLÉS E CASTELÁ,PARA TODOS OS RAPACES DA CASA E TÓDOLOS NIVEIS EDUCATIVOS,INFANTÍL,PRIMARIA E SECUNDARIA.
PREME NO ENLACE DE ABAIXO.

A DIVERTIRSE APRENDENDO!





VOUME CORRENDO A BALAIDOS.
ESTOU DESEXANDO COMER SADIÑAS ASADAS E MIRAR A FOGUEIRA VIRTUAL.
TEÑO TANTA FAME,QUE ME COMO ATA AS LETRAS CANDO ESCRIBO!
PON TÍ AS LETRAS QUE ME COMÍN,JI,JI,...
OS NENOS/AS DE 4 ANOS,QUE XA SON DA CLASE DOS MAIORES,SEGURO QUE XA SABEN CALES SON.

viernes, 10 de junio de 2011

ACTIVIDADES QUE RECOMENDA PERECHO PARA O VERÁN.

PERECHO VOS RECOMENDA QUE ADEMÁIS DE XOGAR COS RECURSOS DO NOSO BLOGUE,TAMÉN XOGUEDES,SEMPRE COA AXUDA DUN ADULTO OU IRMÁN MAIOR,COS SEGUINTES XOGOS:





IDE PRACTICANDO.
A PROFE E EU BUSCAREMOS MÁIS COUSAS INTERESANTES PARA ESTE VERÁN.NAMENTRES PODEDES IR PREPARANDO A EXCURSIÓN DO DÍA 21 DE XUÑO Ó "CLUBE HÍPICO ALAZÁN".
SE QUEREDES SABER O QUE IDES FACER ALÍ,MIRADE O VÍDEO DO CEIP DE MALLÓN-NIGRAN E O CEE SALADINO CORTIZO-VIGO,ONDE PÓDESE VER Á PROFE BELÉN,A VER SE A RECOÑECEDES.
NON VOS ESQUEZADES DAS RECOMENDACIÓNS QUE VOS FIXERON AS PROFES NA CIRCULAR REMITIDA ÁS FAMILIAS.