Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN 2015.RECURSOS DIDÁCTICOS SAMAÍN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN 2015.RECURSOS DIDÁCTICOS SAMAÍN. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de noviembre de 2015

SAMAÍN,NA NOSA AULA E NA NOSA ESCOLA.


NESTA ENTRADA NON IMOS EXPLICAR COUSAS SOBRE O SAMAíN EN GALIZA,PORQUE XA ESTÁN ESXPLICADAS,NOUTRAS ENTRADAS SOBRE O TEMA,E SERÍA REDUNDANTE FACELO.
AOS NOSOS NEN@S EXPLÍCAMOSLLES QUÉ ERA O SAMAÍN E,SOBRE TODO,CENTRÁMONOS NO TEMA DO MEDO E DOS OSOS DO CORPO E A SÚA IMPORTANCIA.
UNHAS DAS COUSAS QUE FIXEMOS ,E QUE NOS ENCANTOU,FOI DECORAR A NOSA AULA,PREPARAR A ATILANO,O NOSO ESQUELETE,APRENDER A IMPORTANCIA DOS OSOS NO NOSO CORPO,OS NOMES DALGÚNS DELES,APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE O SAMAÍN...MOGOLLÓN DE COUSAS.
FIXEMOS MOSTROS ,COLOREAMOS CABAZAS NA NOSA PDI,APRENDIMOS A COR LARANXA,FIXEMOS MONTAXES FOTOGRÁFICAS TERRORÍFICAS,APRENDIMOS QUE É UN VAMPIRO,UNHA MEIGA,UNHA PANTASMA,UN CALACÚ,CONTAMOS CONTOS DE MEDO,UFFFF,MOITÍSIMAS,MOITÍSIMAS COUSAS.
QUEDOUNOS A CLASE PRECIOSA,MIRADE.
AH!,FIXEMOS MOITA PSICOMOTRICIDADE COA PROFE,BAILAMOS CON ALASKA"BAILANDO" E OUTRAS PEZAS NAS QUE TÍÑAMOS QUE FACER O QUE FACÍAN OS ESQUELETES.COMO RIMOS!,JI,JI...
CANTAMOS CANTIGAS SUPERDIVERTIDAS E FOMOS DE PERCORRIDO POLAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTÍL E 1º DE PRIMARIA,PIDINDO "CHUCHES OU CHULAS" PORQUE SENON...ASUSTARÍAMOS!,COMO SE FACÍA ANTIGAMENTE NAS NOSAS ALDEAS.
POLO CAMIÑO ASUSTAMOS A UNHA MOREA DE PROFES.
E ATA RECIBIMOS A VISITA DALGÚNS DELES,TENTANDO ASUSTARNOS,PERO...NON É POSIBLE,PORQUE SABEMOS QUE ESTAS PERSONAXES SÓ SAEN NO CINE E NOS LIBROS DE CONTOS E MOITOS SON PRODUCTO DA NOSA IMAXINACIÓN.TAMÉN SABEMOS QUE NÓS TEMOS UN ESQUELETE DENTRO E QUE GRAZAS A ÉL PODEMOS COMER,CORRER,XOGAR,BAILAR...,SEN ÉL SERÍAMOS COMO BONECOS DE TRAPO.
COMA SEMPRE,FAREMOS UNHA ESCOLMA DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS,PORQUE POÑELAS TODAS SERÍA IMPOSIBLE.

UNHA TERRORÍFICA ARAÑA E UNHA PANTASMA PARA ASUSTAR Á FAMILIA.

UNHAS TERRORÍFICAS ARAÑAS E UNHA PANTASMA PARA CASA. on PhotoPeach  

MOITO TRABALLIÑO PERO...A QUE QUEDARON PRECIOSAS? 
AGORA, A CANTIGA FAVORITA DOS VOSOS FILL@S.
CANTARON MOITAS:LA BRUJITA TAPITA,SAMAÍN DE MAMMÁ CABRA...,PERO COMA ÉSTA NINGUNHA,
A CANCIÓN DOS ESQUELETES.
CANTADE CON ELES NA CAS E XA VEREDES.
CONTO-CANCIÓN;"CORRE,CORRE CABACIÑA"
ESTE CONTO,QUE TAMÉN PODEDES ATOPAR EN LIBRO,NA BIBLIOTECA DA ESCOLA,E TAMÉN A CANCIÓN,FORON MOI TRABALLADOS NA AULA E NA BIBLIOTECA.


OUTRA ACTIVIDADE  QUE LLES GUSTOU MOITO FOI A DE COLOREAR,CABAZAS E ELEMENTOS DO SAMAÍN,ON LINE,NA PDI DA AULA.
PREMENDO NA FOTO,PODÉDELO FACER NA CASA E IMPRIMILA.
http://fiestas.dibujos.net/halloween/calabaza.html
TAMÉN,NA PDI, FIXEMOS UNHAS TERRORÍFICAS COMPOSICIÓNS,COA AXUDA DA PROFE MARICRUZ, COAS NOSAS FOTOS.
CADA UN DE NÓS ELIXÍU A QUE MÁIS LLE GUSTOU.
IDES MORRER CO MEDOOOOO!



PARA DAR MOITO,MOITO MEDO! on PhotoPeach  

 DECORAMOS A NOSA AULA CON COUSAS QUE MERCOU A PROFE E CON OUTRAS QUE FIXEMOS NÓS,COMA POR EXEMPLO ESTAS VIDRIEIRAS ESPECTACULARES QUE SE VEN DENDE FORA DA ESCOLA.


DECORACIÓN DA AULA E DAS VIDRIEIRAS PARA O SAMÍN. on PhotoPeach
O MÉRCORES DISFRAZÁMONOS DE VAMPIRIÑOS PARA ASUSTAR AS NOSAS FAMILIAS E ASÍ,AO DÍA SIGUINTE,O NEN@ QUE NON TIVERA DISFRÁZ ,PODERÍA IR DE VAMPIRIÑO.
MIRADE TODO O PROCESO E O GUAPIÑOS QUE ÍAN.
ESTAS FOTOS ESTÁN EN PICASA,PARA QUE POIDADES DESCARGALAS NOS VOSOS PCs.
O  QUE SE PODE FACER CUNHA SIMPLE BOLSA DE LIXO,CINTA AILLANTE,UNHAS GOMIÑAS PARA O PELO,PURPURIÑA E BARRAS DE MAQUILLAXE.POR ISA RAZÓN SE VOS MANDOU TRAER AOS RAPACES DE NEGRO OU VERMELLO.NON VOS PODÍAMOS DICIR NADA,POIS ERA UNHA SORPRESA PARA VÓS .


PRECISÁBAMOS DA VOSA AXUDA PARA REMATAR O NOSO TÚNEL DO MEDO,QUE TIÑA A MANOLIÑO,O ESQUELETE,A BRUXA,OS ANIMAIS DO TAXEDERMISTA,AS LÁPIDAS,TEAS DE ARAÑAS,PANTASMAS,MORCEGOS E UNHA MÚSICA TÉTRICA;CUNS ESTUPENDOS CALACÚS FEITOS POLAS FAMILIAS. 
FALLAN ALGÚNS EIQUÍ,PORQUE ALGUNHAS FAMILIAS TROUXÉRONLOS Á ÚLTIMA HORA,PERO ESTÁN NOUTRAS PRESENTACIÓNS DE FOTOS,NESTA ENTRADA.


OS NOSOS CALACÚS.SAMAÍN 2015 by Slidely Slideshow

E AGORA,O NOSO PERCORRIDO POLA ESCOLA "CHULAS OU CHUCHES",RECIATANDO A  NOSA POESÍA:
ERA DE NOITE.
HABÍA UN CASTELO.
ABRIUSE A PORTA,
SAÍU UN MORCEGO.
METEU A MAN,
SACOU UN COITELO...
UNTA NOCILLA,
UNTA NOCILLA!
NESTAS FOTOS ESTÁN TAMÉN OS EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ DE 1º DE ED. PRIMARIA.SÓ FIXEMOS UN CURTO PERCORRIDO,POIS SOMOS UN POUCO LENTIÑOS.
QUEREMOS DAR AS GRAZAS AOS NEN@S DE 1º POR TANTAS CHUCHES E O AGARIMO QUE NOS PROFESARON.TAMÉN DAR AS GRAZAS,ÁS FAMILIAS,POLA SÚA COLABORACIÓN E ÁS PROFES,ASUN,BELÉN,MONTSE E LAURA POR AXUDARNOS NO PERCORRIDO E A KIKE POR AXUDAR ÁS PROFES A QUE O TÚNEL DO MEDO SEXA DIVERTIDO,ADEMÁIS DE ESPECTACULAR.
AS SEGUINTES FOTOS TAMÉN PODEREDES DESCARGALAS NOS VOSOS PCs. 
AS PRÓXIMAS VECES TEREI QUE FACER MENOS FOTOS OU VÁISEME A REMATAR O ESPAZO NA NUBE.POR FOTOS...NON VOS PODEDES QUEIXAR.ESPERO QUE VOS GUSTEN E VEXADES O FELICES QUE ESTÁN OS VOSO NEN@S NA ESCOLA,ADEMÁIS DE VER O MOITO QUE TRABALLAMOS.
UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.