Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAÍN 2014. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014 NA AULA DE 5 ANOS E NA ESCOLA.


É TEMPO DE OUTONO ,DE CASTAÑAS,DE NOCES,DE VENTO,DE FOLLAS VERMELLAS,DE DÍAS CURTOS E NOITES LONGAS E ESCURAS.
NOS CAMPOS RECÓLLENSE AS CABAZAS E NALGUNHAS ALDEAS DE GALIZA,AÍNDAN TALLAN ARREPIANTES CAVEIRAS.DENTRO MÉTENLLES CANDEAS ACESAS E PÓÑENAS NO ALTO DUN VALADO PARA QUE,AO ESCINTILAR POLA NOITE,DEAN MEDO.
É A FESTA DAS MEIGAS E PANTASMAS.OS RATOS ESTÁN MOI CONTENTOS PORQUE,COMO SE POÑEN AS PEBIDAS DAS CABAZAS A SECAR,TEÑEN ONDE RILLAR.
OS NEN@S DISFRÁZANSE CON COUSAS QUE TEÑEN NAS SÚAS CASAS E SAEN ÁS RÚAS E CARREIROS,PETANDO NAS PORTAS DOS SEUS VECIÑOS.CANDO ESTES ABREN AS PORTAS DAS SÚAS CASAS ELES PÍDENLLES"CHULAS DE CABAZA OU PESETAS",SENON,
 SERÁN ASUSTADOS NO MOMENTO MÁIS INESPERADO.
OS NEN@S DE 5 ANOS FIXERON O MESMO,TENTANDO MANTER VIVA ESTA TRADICIÓN ANCESTRAL.
*PODEDES CONSULTAR QUÉ É O SAMAÍN,AS SÚA ORIXE,RECEITAS DE COCIÑA,COMO SE TALLA UNHA CABAZA...NAS ENTRADAS DOUTROS ANOS,NESTE BLOGUE.
MONTAXES TERRORÍFICOS.
TÓDOLOS ANOS E TENDO EN CONTA A IDADE DOS NEN@S,NAS SESIÓNS TICS COA PROFE MARICRUZ,OS NEN@S APRENDEN ,DUN XEITO SINXELO,A FACER PEQUENAS MONTAXES FOTOGRÁFICAS TERRORÍFICAS.
ELES ELIXEN OS SEUS MOLDES E ,SEN MOITA AXUDA,FIXERON ESTA ESPECTACULAR E DIVERTIDA ACTIVIDADE.

UNHA VEZ FEITAS,IMPRÍMENSE,PLASTIFÍCANSE E CON ELAS E MÁIS ELEMENTOS PLÁSTICOS FEITO POLOS NEN@S,DECORAMOLO PASILLO.
OS NEN@S LEVARÁN A SÚA FOTO PARA CASA MÁIS ADIANTE.





DECORACIÓN DA NOSA AULA.
DECORAMOS A NOSA AULA CON DIFERENTES ELEMENTOS PLÁSTICOS,UNS MERCADOS E OUTROS FEITOS POR NÓS.
TAMÉN DECORAMOS OS NOSOS VIDROS.NUN DELES APROVEITÁMOLO PARA FACER UN DIVERTIVO PHOTOCALL FEITO CON TÉMPERAS.

A PROFE MARICRUZ,CONVERTIDA  NUNHA PANTASMA...COLLE DA MAN AOS NEN@S PARA FACER ESTE PHOTOCALL.

PHOTOCALL SAMAÍN 2014 on PhotoPeach

PREPARAMOS O NOSO PERCORRIDO POLAS AULAS,AVISANDO DA NOSA PRESENZA NA MAÑÁ  DO XOVES DÍA 31,COMO FACÍAN OS NEN@S DOS POBOS DE GALIZA.
DISTINTIVO PARA OS NEN@S E AGASALLO PROFES DA ESCOLA,FEITO POLOS NEN@ DE 5 ANOS.
CONFECCIÓN DO MANTEL PARA A FESTA.

TORTAS E PASTEIS CASEIROS FEITOS POLAS FAMILIAS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN .
ESTABAN BOÍIIIIIISIMOS!
POR DESGRAZA ESTE ANO NINGUNHA FAMILIA FIXO "CHULAS DE CABAZA",QUE É O POSTRE TÍPICO DO SAMAÍN NA NOSA ZONA,OUTRO ANO SERÁ.
E ISO QUE TEMOS A RECEITA NO NOSO BLOGUE .


OS NOSOS CALACÚS E A DECORACIÓN DA NOSA ESCOLA.
PEDÍUSELLES ÁS FAMILIAS CALACÚS TERRORÍFICOS PARA DECORAR O TÚNEL DO MEDO QUE MONTAMOS NA NOSA ESCOLA.O LUGAR TEN TODO TIPO DE DETALLES,INCLUSO MÚSICA DE MEDO.
ESTE ANO TIVEMOS CALACÚS ESPECTACULARES.
GRAZAS DE NOVO ÁS FAMILIAS.





"CHULAS DE CABAZA,CHUCHES OU PESETAS".
PERCORRIDO POLAS AULAS.
FESTA NA AULA E BAILE.
VISITA DOS MAIORES DO COLE.
ALGÚNS DISFRACES E MAQUILLAXES...INSUPERABLES!
GRAZAS OUTRA VEZ ÁS FAMILIAS DA NOSA AULA E A TÓDALA COMUNIDADE EDUCATIVA POR FACER POSIBLE ESTA BONITA FESTA E POR TÓDALAS CHUCHES .

QUEREMOS LEMBRARVOS QUE A MAIORIA DAS PRESENTACIÓNS E FOTOS PODEDES DESCARGALAS NO VOSO PC.
A PROFE MARICRUZ ANIMOUSE ESTE ANO A LEVAR ALGO MÁIS QUE O CHAPEAU DE BRUXA E DISFRAZOUSE DE MEIGA BOA,CUNHA VASOIRA QUE TIÑA SONS,PROPULSIÓN E VIBRACIÓNS ,E UNHA RATIÑA GRIS QUE SE LLE  ACENDÍAN OS OLLOS CUNHA LUZ VERDE ,MOVÍA O FOUCIÑO E O RABIÑO,ANDABA, E FACÍA "iiiiiiiiiiiiiiiii".
ÁMBALAS DÚAS COUSAS FIXERON AS DELICIAS DOS MÁIS CATIVOS DA ESCOLA.
PODEDES MIRAR O BEN QUE O PASARON,A CANTIDADE DE CHUCHES QUE CONQUERIMOS E LOGO COMPARTIMOS,OS PRECIOSOS DISFRACES,AS MAQUILLAXES ESPECTACULARES,BAILE...,MIRADE,MIRADE!


SE QUEREDES MIRAR ALGÚNS DOS RECURSOS QUE UTILIZAMOS NO AULA PARA TRABALLAR O SAMAÍN,PREME NA FICHA QUE VEN DE SEGUIDO.
UTILIZAMOS MOITÍSIMOS MÁIS RECURSOS.
PODEDES ATOPAR MÁIS BUSCANDO NA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA,POLÍTICA LINGÜÍSTICA-RECURSOS SAMAÍN.
AOS VOSOS FILL@S GÚSTANLLES MOITAS CANCIÓNS.ADEMÁIS DAS QUE ESTÁN NOS RECURSOS,ESTÁ "LA BRUJITA TAPITA".
ENCÁNTALLES!
PODEDES ATOPALA EN YOUTUBE,NA VERSIÓN KARAOKE E GOZAR CON ELES NA CASA.
E AGORA O QUEBRA-CABEZAS DE "LA BRUJITA TAPITA".




Crie quebra cabeças com suas fotos: Clique Aqui
XA SABEDES QUE PODEDES VARIAR O NÚMERO DE PEZAS PARA QUE POIDADES XOGAR  TÓDALA FAMILIA.
BO
A TODO@S.