Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO 2013. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de febrero de 2013

UN ENTROIDO DE HISTORIA:"OS PRIMEIROS BOUCENSES"



OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS.
CAPÍTULO I:”ANTES DUN ASENTAMENTO DEFINITIVO”.
O noso tema central deste curso é “Bouzas”.
A nosa aula está a traballar cómo eran os seus primeiros habitantes,cómo vestían,cómo vivían ,cómo se alimentaban…Estes habitantes viñeron dende o río Douro,buscando terrras fértiles e que lles deran abondante alimento e refuxio.

Antes,as illas Cíes estaban unidas a Monte Ferro e a Ría de Vigo era unha gran ensenada que tiña unha única saída ao brasvío  Océano Atlántico,Cabo Home,por iso a nosa Ría era mansa e era como unha gran lagoa.Os nosos primeiros habitantes eran os Oestrymnios ,que habitaban na costa occidental galáico-portuguesa dende o período eneolítico.
Eran grupos ou clans baseados nun matriarcado.Os clans con lazos de parentesco agrupábanse en tribus,que se defendían mutuamente dos ataques dos clans veciños.
Oestrymnios significa ,en grego,comedores de ostras e moluscos ,o sexa,mariscadores.
Foron os inventores do sistema de secado da zapata,tabeirón gato para algúns. a zapata era a pintarroxa, melgacho ou melga para outros. Consultando a Guía dos peixes de Galicia e dentro da familia dos Scyliorhinidae atopamos o melgacho, a roxa e a zapata. Posiblemente os mariñeiros engloben aos tres dentro dunha única denominación. Do que non queda dúbida é de que a zapata é un pequeno tabeirón.e que o seu secado tanto na praia como dentro dos barcos,abertos sen testa nen vísceras e colocados nunca cruceta de madeira, é anterior ao sistema de salazón romano,coa finalidade de conservar o peixe para o seu consumo nos días que non se podería nin pescar nin marisquear.

ZAPATA COMO A QUE LEVA ,NUNHA CRUCETA, IKER NA MAN. 
Os primeiros boucenses eran seminómadas.Os seus poboados eran estacionais.No verán construían palafitos sobre a  beira da praia do que os boucenses consideran a”Corredoira darriba”,zona de asteleiros e parte posterior da conservería Alfageme hoxe,para refuxiarse das bestas que habitaban nas fragas achegadas e colocar a secar as zapatas pescadas nas crucetas que fabricaban con paus.A zapata,segue a ser o plato típico de Bouzas e séguese a realizar o seu sistema de secado,exactamente igual que os primeiros boucenses.Naquela área achegábanse varios manantiais e fontes que aínda hoxe se conservan. Pódese,aínda atopar a zapata na feira dos domingos pola mañá e nalgunhas tendas de comestibles.
PALAFITO
CORREDOIRA DARRIBA a primeiros do século XX.

No inverno abandoaban a praia para instalarse no humidal ou bouza sita no barrio de”O Rocío”,con vivendas semiesféricas feitas con longas xestas que pola súa flexibilidade eran ideais para tal finalidade e cubertas con peles de animais.Alí cazaban e se protexían dos temporais atlánticos.
PREPARÁNDOSE CARA AO INVERNO.
CAZA POLAS FRAGAS ACHEGADAS.
Atopáronse bifaces ou cantos rodados puídos coa técnica do percutido,por ambas caras,para raspar e cortar as peles e a carne dos animais que cazaban.Un deses bifaces foi atopado por un antigo alumno da nosa escola e atópase no museo “Quiñones de León” de Vigo,ademáis de moitas puntas de frechas.

BIFAZ,RASPADOR E CORTADOR.

Traballo de investigación realizado por MARIA DE LA CRUZ SÁNCHEZ BLÁZQUEZ para dar a coñecer aos nenos/as do CEIP”Virxe do Rocío”de Vigo(Bouzas) unha parte descoñecida da historia de Bouzas.
Webteca:
Agradecementos aos veciños anónimos de Bouzas e amigos boucenses que me proporcionaron información de incalculable valor.
A PROFE MARICRUZ TENTOU RECUPERAR UN POUCO DE HISTORIA PARA OS NENOS BOUCENSES E DISEÑOU UNHA COMPARSA DE ENTROIDO “PRIMEIROS BOUCENSES”.
OS DESEÑOS DOS TRAXES E A SÚA ELABORACIÓN SON UNHA IDEA ORIXINAL DA PROFE MARICRUZ BASEOUSE PARA O DESEÑO DO DISFRÁZ, EN TÓDALA INFORMACIÓN RECOPILADA.
OS MATERIAIS SON NATURAIS NA SUA MEIRANDE PARTE,RECICLADOS E RECICLABLES.
OS DISFRACES FORON REALIZADOS EN OBRADOIROS COAS FAMILIAS DOS NENOS,OS MARTES DE CADA SEMANA,DENDE NOVEMBRO Á XANEIRO.GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE CO SEU ESFORZO E ADICACIÓN FIXERON POSIBLE QUE ESTA RECUPERACIÓN DA NOSA IDENTIDADE FOSE POSIBLE.
COMO SE FIXO O DISFRAZ E A PANCARTA DA NOSA COMPARSA?
 

 
E AGORA UNHA ESCOLMA DE FOTOS DO PASARRÚAS,MERENDA NA ALAMEDA DE BOUZAS,XUIZO DO MECO,CASTIGO DO MECO E XANTAR DE LARPEIRADAS DE ENTROIDO DOADAS POLAS FAMILIAS.

ESPERAMOS QUE SAIBADES UN POUQUIÑO MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DAS NOSAS COSTAS,ADEMÁIS DE PASALO ESTUPENDAMENTE BEN.
PRONTO SEGUIREMOS A CONTAR MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS.ESTADE ATENTOS ÁS NOSAS PUBLICACIÓNS.
FELÍZ ENTROIDO A TOD@S OS NOSOS SEGUIDORES!

miércoles, 6 de febrero de 2013

EXPLICACIÓN SINXELA DE COMO SE FAN AS FILLOAS.



INGREDENTES:
-200 gr de fariña.
-5 ou 6 ovos.
-2 vasos de leite.
-manteiga ou unto para a tixola.

Preparación:
Bátense tódolos ingredientes e obtemos unha pasta bastante líquida. Se os ovos son moi grandes é mellor utilizar cinco e probar se a pasta que queda é o suficientemente líquida para que se estenda ben pola tixola e ademais calle ben.
Coción:
As filloas prepararanse nunha tixola, preferiblemente das que son para as filloas porque teñen o bordo máis baixo e a filloa será máis fácil de voltear cando estea lista. Se non se dispón desta tixola ou ferro especial calquera tixola serve. Ponse ao lume e se unta coa axuda dunha servilleta mollada en aceite, para que non quede moito aceite na tixola e as filloas non salgan grasosas. Unha vez que a tixola estea ben quente bótase unha cucharada da pasta na tixola e cóbrese o fondo da tixola coa mestura de modo que quede unha película moi delgada no fondo da tixola. As filloas a diferenza das panquecas ou tortitas son moi delgadas. Cando os bordos da filloa comecen a dourar se voltea e cocíñase polo outro lado. Colócase nun prato e se apilan as filloas unhas enriba das outras, asi conservarán mellor a calor e quedarán máis suaves.
Consellos:
As filloas cocíñanse moi rápido polo que non debemos descoidar en ningún momento a tixola e debemos controlar o lume para que non as queime.
Se queres filloas doces podes botar un pouco de zucre na mestura ou espolvorear zucre enriba da filloa recén feita.



SE PREFERIDES AS ORELLAS,PREMEDE NA FOTO DAS QUE SE FIXERON NA ESCOLA E TEREDES A RECEITA.
 NON ESQUEZADES QUE O 8 DE FEBREIRO,DÍA DO DESFILE DE ENTROIDO,IMOS FACER UNHA DEGOSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA FESTA E PRECISAMOS DA VOSA AXUDA.SE TEDES TEMPO E GANAS PODEDES FACER UNHAS LARPEIRADAS E TRAELAS Á ESCOLA ÁS 9 DA MAÑÁ PARA DEGOSTALAS AO REGRESO DO PASARRÚAS.
XA SABEDES QUE ESTADES  TODOS CONVIDADOS.
SAIREMOS DA ESCOLA ÁS 11 DA MAÑÁ,CAMIÑO DE BOUZAS.PODEDES IR CONNOSCO NO PASARRÚAS.OS PAIS E NAIS QUE SE TEÑEN QUE DISFRAZAR NA ESCOLA VIRÁN ÁS 10h PARA VESTIRSE NA AULA E AXUDAR Á PROFE MARICRUZ.
ESPERO QUE AS RECEITAS VOS FORAN DE AXUDA.  
QUE FAME! VOUNAS FACER AGORA MESMO.
BO PROVEITO.
PERECHO E MARICRUZ.