Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS DIDÁCTICOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS DIDÁCTICOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de septiembre de 2015

CONSELLOS PARA QUITAR O CUEIRO E AS NOSAS VACACIÓNS DE VERÁN DOS NOSOS SEGUIDORES.

A RA KANDOO,QUE COÑECEDES DA TELE,QUERE AXUDARVOS A PRACTICAR  ESTE VERÁN,CO SEU BAILE,UN POUQUIÑO DE PSICOMOTRICIDADE.
TAMÉN QUERE XOGAR UN POUQUIÑO CONVOSCO A XOGOS EDUCATIVOS QUE HAI NA SÚA PÁXINA WEB.
SEGURO QUE O PASAREDES,CON ELA,XENIAL.
PARA PODER XOGAR CON ELA TEDES QUE PREMER NA FOTO DA RÁ.

PARA BAILAR COMO TOLOS,NA PRAIA,NA ALDEA,NA MONTAÑA,NA CASA...AQUÍ TEDES O SEU VÍDEOCLIP,  "O KANDUBIDU".

TEDES QUE FACERLLE MOITO CASO PORQUE É MOI BOA .POR ISO É AMIGA MIÑA E DE PERECHO,A MASCOTA DA NOSA AULA.



E AGORA,UNS CONSELLIÑOS PARA AS NOVAS FAMILIAS QUE VAN TER OS SEUS FILLOS/AS COA PROFE MARICRUZ,SOBRE O CONTROL DE ESFÍNTERES.
ESPERO QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

O verán é a época ideal para que os nenos e nenas deixen o cueiro. Para axudarlles a dar ese paso, Dodot lanzou o Kampeoonato Kandoo, unha simpática ferramenta que lles axuda a prepararse en tres disciplinas: limparse o cuiño, cepillarse os dentes e lavarse as mans.
A maioría dos pais elixen o verán para quitar o cueiro aos seus fillos. Antes de empezar o curso que vén o “cole dos maiores” os nenos teñen que controlar esfínteres.Iso si, recorda que cada neno leva o seu propio proceso. 
O Kampeoonato Kandoo que puxo en marcha Dodot pode ser unha boa ferramenta para axudar aos peques a deixar o cueiro e adquirir os seus primeiros hábitos de hixiene. Dá consellos aos pais, inclúe instrucións para os nenos ,paso a paso, protagonizadas pola raniña de Kandoo e ofrece persoais divertidos para descargarse da web. 
Os 10 consellos para pais que queren axudar ao seu fillo a deixar o cueiro
1) Non poñas obstáculos á súa curiosidade e gañas de aprender. 

2) Explica ao teu fillo/a,que ten que limparse tantas veces como sexa preciso.

3) As instrucións teñen que ser moi sinxelas ao principio e ilas complicando aos poucos.

4) Converte a aprendizaxe nun xogo no que o teu fillo/a será o experto. Por exemplo, dille que faga de pai e que ensine a ir ao baño soiño á súa boneca ou ao seu peluche preferido.

5) Elixe pezas que sexan fáciles de abrochar e desabrochar, por exemplo, pantalón e saia de goma elástica.

6) Supervísao cando practique e, no caso de que sexa necesario, corríxelle con bromas.

7) Se o neno non o consegue á primeira, non fagas diso algo traumático e volve tentalo.

8) Felicita ao teu fillo polo esforzo realizado.

9) Ofrécelle oportunidades para que poida tomar decisións.

10) Incúlcalle hábitos de hixiene: limparse soiño, lavarse as mans e cepillarse os dentes.

Controlar esfínterés non é algo que o neno aprenda.
 É unha conquista natural que se alcanza aos poucos e cando o noso fillo estea preparado.
O verán, a mellor época para deixar o cueiro.
-Toman máis líquidos e máis alimentos ricos en fibra, o que propicia que aumente o número de veces que os nenos teñen que ir ao baño.
-As altas temperaturas tamén poden ser boas aliadas: se hai algún escape, resulta máis fácil cambiarlles porque levan pouca roupa.
-Temos máis tempo libre para observarlles e axudarlles.
Trucos para unha "despedida" rápida do cueiro.
-Mercar un orinal  ou un adaptador de inidoro,de atractivas cores ou debuxos que lle guste e chame a súa atención.
-O neno ten que relaxarse no baño. Algúns nenos veno como un lugar frío, onde sempre hai que obedecer. Convén que tamén pasen momentos divertidísimos nel, como os xogos á hora do baño.
-No caso dos nenos, procura que fagan pis sentados en lugar de facelo de pé. Así é máis fácil que se relaxen e poden aproveitar para facer o pis e a caca ao mesmo tempo.
-Aproveita o momento de cambiar o cueiro sucio para ensinarlle onde debe facelo a próxima vez. Pedímoslle que nos acompañe ao lixo e que tire,él mesmo,o seu cueiro.
O segredo do éxito neste proceso radica na paciencia. Non debes imporllo. El decide cando deixar o cueiro e obrigarlle non serve de nada.
Moitas consultas dos pais teñen que ver co control dos esfínteres: os seus atrasos, as súas complicacións, os seus retrocesos, as súas dificultades... Eu aconsello, case sempre o mesmo: paciencia, tranquilidade, tolerancia, non apresurarse, non presionar, evitar a tensión, tempo ao 
tempo... Sobre todo, paciencia.

Cal é o mellor momento para empezar?
-Cando comeza a ter noción do tempo, é dicir, a distinguir entre "agora e
«despois". Así poderá avisar a tempo cando queira ir ao baño.
-Cando empeza a nomear os seus excrementos como "pis" e "caca".
-Se mostra incomodidade cando está mollado, moléstalle o cueiro, quere quitarllo ou nos avisa para que lle cambiemos.
Como principiar
Podemos comezar preguntándolle: "Queres que che quitemos os cueiros e facer pis e caca no orinal, agora que xa es máis grande?".

O de "grande", se llo dicimos, debe soar a estímulo, non a chantaxe. Se contesta que si, estupendo!. Se se nega, é mellor deixalo para máis adiante. 
Por que tantas precaucións? A esta idade o neno empeza a afirmarse como persoa, e faio a miúdo a través do "non quero". Por iso convén buscar, para empezar este adestramento, os momentos nos que o noso fillo estea de bo humor e en boa sintonía connosco.
Non convén mostrar un interese excesivo na retirada do cueiro. O neno, que depende para todo dos maiores, sente que este é un dos poucos terreos en que pode facer a súa santa vontade. O seu corpo é seu e o baleira cando quere. Se non está de boa gana connosco, a ocasión é magnífica para levarnos a contraria en algo que el controla e que, polo visto, interésanos tanto.
Os temidos escapes
-Pode ocorrer que o noso fillo dea o seu consentimento pero siga tendo "escapes". É o máis normal e non hai que contrariarse, rifarlle nin ridiculizarle. É máis, se eses escapes son continuos, podémoslle volver pór os cueiros unha tempada.
-Hai nenos que pasan por unha etapa na que, sen controlar aínda do todo, néganse a porse cueiro para saír á rúa, porque senten maiores. Fará falta paciencia e diplomacia, e se cadra hai que restrinxir as saídas uns días.
-Non queren o orinal, vanse a un recuncho... Algúns pais ven posta a proba a súa paciencia cando o seu fillo dá por liquidado o cueiro pero aínda non tolera o orinal nin o inodoro. Ás veces, hai que deixarlle que de xeito sinxelo llo faga encima. De verdade que o pobre non ten outra saída.

Son días difíciles para eles, pero serán breves se rodeamos de amor ao noso fillo/a e sabemos transmitirlle o noso agarimo incondicional.
Esta canción gustaralles moitísimo e da bos resultados. 
Axudaravos!

E AGORA,IMOS MOSTRARVOS ALGUNHAS FOTOS QUE FORON ENVIADAS POLOS NOSOS SEGUIDORES. 
O VERÁN DE MARTA. 
MARTA  FOI,ESTE VERÁN,COA SÚA FAMILIA,A ALACANTE E PASOU POR UNHA DAS CIDADES ROMANAS MÁIS IMPORTANTES DE ESPAÑA,SEGOVIA.LEMBROUSE DE TÓDOLO APRENDIDO COA PROFE MARICRUZ,SOBRE OS ROMANOS E QUEDOU ABRAIADA ANTE O IMPOÑENTE  ACUEDUCTO.
MANDOU,DENDE ALÍ,UN SAÚDO PARA TOD@S.
QUE GUAPAAA!
 QUE SORTE,MARTA!

TAMÉN ENVIOUNOS UNHA CARTA E UNHA FOTO, 
ANTÍA.
Ola profe!!! Que tal o verán? Xa quedan poucos días para voltar ao cole. 
Estouno desexando!! Teño moita ilusión por estrear tantooo libro novo.
  Envíote unha foto das miñas derradeiras mergulladuras do verán.
Un bico, Antía.

 Perecho dí que é Samíl,eu coido que tamén.
Grazas polas vosas fotos.
Temos moitas gañas de estar convosco de novo.
PERECHO E MARICRUZ.

jueves, 6 de noviembre de 2014

OS SACAPENAS:Un bo remedio para as nosas preocupacións nocturnas.

A lenda conta que si lle contabas as túas penas a un sacapenas e despois o poñías debaixo da almofada, ao día seguinte sacábache as penas,os medos,as preocupacións…
Esta lenda comezou en Guatemala.
Para confeccionar un sacapenas precísase: Limpapipas,agulla,teas,fío,tesoiras, fibra ou algodón, Super Glue, lá, moita paciencia e imaxinación.
A profe Maricruz vos proporciona os limpapipas para facer o armazón como se pode ver na foto de abaixo,e o modelo de cómo queren os vosos fillos e fillas que fagades o seu.Todo vai dentro da carpeta viaxeira.
A profe Maricruz ten un e o libro da biblioteca da escola ten outro.
Mirade que chulos.

As instruccións de como se fai o sacapenas,atoparédelas premendo na seguinte foto.
O conto sobre o que estamos a traballar este tipo de emocións  podedes miralo premendo na portada do conto.
Nós,no cole ,témolo en galego e así foi contado aos nen@s.
O do vídeo está en español americano.

Cada familia debe confeccionar o sacapenas para o seu fillo ou filla e traelo á escola,co nome,para que poidamos velo todos e comapartir experiencias.
Despois será devolto ás casas para que os nenos poidan utilizalos nas noites que teñan preocupacións.

Esperando que esta experiencia sexa do voso agrado,mándavos un saúdo afectuoso,a profe Maricruz.
O prazo de entrega do boneco é dunha semana.
E agora mirade os modelos de como queren que sexan os seus quitapenas.



miércoles, 30 de abril de 2014

FELÍZ DÍA DAS NAIS.

ESTE ANO FIXEMOS DÓUS AGASALLOS :
1.UN PRECIOSO PORCO CELTA DE PAPEL HIXIÉNICO QUE PODE SERVIR PARA COLOCAR LÁPICES,ROTUS,BOLIS,CULLERES PEQUENAS,PINCEIS E BROCHAS DE MAQUILLAXE...
PASAMOS MOITÍSIMO TRABALLO E LEVOUNOS MOITOS DÍAS ELABORALO.
É UNHA IDEA ORIXINAL DA PROFE MARICRUZ QUE COMO SOMOS UNS EXPERTOS NOS PORCOS CELTAS,OCURRÍUSELLE  LEVAR A TEMÁTICA DO NOSO PROXECTO ESTRELA DESTE CURSO ATA O AGASALLO PARA AS NOSAS QUERIDAS NAICIÑAS.
ELAS MERECEN ISTO E MÁIS.
BONITO,VERDADE?
2.UNHA POSTALIÑA CUN BICO ENORME PARA ELAS,AS NOSAS MAMÁS,E ESCRITA POR NÓS.
PUXÉMOLES SPRAY FIXADOR,CLARO,SENON ENFARRUXARÍASE A TARXETIÑA.
POIS, IMOS EXPLICARVOS TODO O PROCESO DE ELABORACIÓN DA POSTALIÑA...
UN BICO, MAMÁ.
E,AGORA A ELABORACIÓN DO PORQUIÑO CELTA PASIÑO A PASIÑO.
Un agasallo para mamá,un fermoso porquiño celta. on PhotoPeach
E AGORA ,POÑEDE ESTE VÍDEO NA CASA E VEREDES COMO  CANTAN OS VOSOS FILL@S ESTA CANCIÓN ADICADA A VÓS,AS MELLORES,AS NAIS.

QUE PASEDES UN DOMINGO ESPECTACULAR!


jueves, 10 de abril de 2014

GRANDES EXPERTOS NO NOSO PORCO CELTA.

DESPOIS DE DÓUS TRIMESTRES DE MOITÍSIMO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN,FIXÉMONOS UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS EN   "O NOSO PORCO CELTA",DENTRO DO PROXECTO XERAL DE CENTRO "GALICIA 365".
BUSCAMOS INFORMACIÓN,RECOPILÁMOLA,RESUMÍMOLA,APRENDÍMOLA,FIXEMOS TRABALLOS MOI INTERESANTES E BONITOS E ...,ADEMÁIS,FIXEMOS PARTÍCIPES DOS NOSOS COÑECEMENTOS A TÓDALA ESCOLA,POLO QUE,ADEMÁIS DO TRABALLO RECOPILATORIO QUE FIXEMOS CADA UN DE NÓS,FIXEMOS OUTRO,UN POUCO MÁIS EXTENSO,PARA QUE TÓDOLOS NEN@S APRENDERAN AS COUSAS QUE NÓS XA TÍÑAMOS MOI,PERO QUE MOI SABIDAS.
ESTE FOI O NOSO PRIMEIRO TRABALLO RECOPILATORIO E QUE CADA UN DE NÓS LEVAMOS Á NOSA CASA.

E ESTE É O TRABALLO QUE FIXEMOS PARA TÓDALA ESCOLA.


ELABORAMOS OS DECORADOS CON TEA VERDE PARA O CHAN DA TARIMA,
DEBUXOS E FOTOS POLO REDOR DA PANTAIA E ENTARIMADO,EXPOSITOR CON MOSTRAS DALGÚNS TRABALLOS NOSOS,BONECOS DE PORQUIÑOS TUNEADOS,DISTINTIVOS PARA OS NOSOS EXPERTOS E PARTE DO NOSO DISFRAZ DE ENTROIDO.

E AGORA UNHA PEQUENA ESCOLMA DE FOTOS DA EXPOSICIÓN DOS EXPERTOS,FEITAS COA CÁMARA DA PROFE MARICRUZ.

EXPOSICIÓN DOS EXPERTOS NO PORCO CELTA. 
 E AGORA AS QUE FIXO A PROFE ÁNGELA COA CÁMARA DA ESCOLA.



EN BREVE...O VÍDEO DA CONFERENCIA.
PERO NAMENTRES ESPERADES PODEDES DIVERTIRVOS CON ESTE QUEBRACABEZAS DUNHA PORQUIÑA E OS SEUS BACORIÑOS.
PODEDES XOGAR TÓDALA FAMILIA CAMBIANDO O NÚMERO DE PEZAS NA PARTE INFERIOR DO QUEBRACABEZAS.



QUEREMOS AGRADECER A COLABORACIÓN DA PROFE ÁNGELA COAS SÚAS FOTOS,AO PROFE DAMIÁN POLO VÍDEO E AS FOTOS COA CÁMARA DA PROFE MARICRUZ,AO PROFE JUÁN E Á PROFE BELÉN POLO SON E A TRANSICIÓN DAS DIAPOSITIVAS,Á PROFE MARY E Á PROFE OLGA POR AXUDAR Á PROFE MARICRUZ A LEVAR TÓDALAS COUSAS DO DECORADO ATA O AULA DE MÚSICA.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE APRENDADES UN POUQUIÑO MÁIS SOBRE ESTE FERMOSO E ESTUPENDÍSIMO ANIMAL GALEGO.

miércoles, 19 de marzo de 2014

AOS HOMES MÁIS IMPORTANTES DAS NOSAS VIDAS.

PAI NON É SOAMENTE O QUE LEVA O NOSO SANGUE,SENON TAMÉN AQUEL QUE NOS COIDA,SE PREOCUPA POR NÓS,NOS LEVA Ó MÉDICO,NOS AXUDA NOS ESTUDOS,NOS DA UN BICO E UNHA APERTA CANDO TEMOS MEDO OU ESTAMOS TRISTES,....
PODE SER O NOSO PAPÁ ,O NOSO AVÓ,O NOSO PADRIÑO,OU A PARELLA DA NOSA NAI...,AQUEL QUE VERDADEIRAMENTE SE COMPORTA COMO UN PAI PARA NÓS.
O NOSO TRABALLO VAI ADICADO A ESTE HOME:"O HOME MÁIS IMPORTANTE DA NOSA VIDA".
SABEMOS QUE TODO O QUE FAGAMOS SERÁ POUCO PARA AGRADECER TANTO AMOR QUE NOS DA PERO, ESTA SEMANA E A PASADA,TRABALLAMOS MOITO PARA ÉL.
QUEREDES VER O QUE FIXEMOS?

PRIMEIRO UN MARCO CON TÓDOLO NOSO CARIÑO.


Para os homes máis importantes das nosas vidas. on PhotoPeach


    ADEMÁIS DUNHA BONITA POSTAL QUE LEVA NO SEU INTERIOR UNHA
PRECIOSA POESÍA QUE OS VOSOS FILL@S SABEN DE MEMORIA E
VOLA PODEN RECITAR: 

SI VOY A CRUZAR,
LA MANO ME DA.
SI MONTO EN MI BICI,
SI MONTO EN MI BICI,
ME SUJETA POR DETRÁS.
¡ÉL ES EL MÁS GRANDE!
¡ÉL ES MI PAPÁ!
SI JUEGO AL BALÓN,
ME ENSEÑA A CHUTAR.
SUBIDO A SUS HOMBROS,
ME HACE VOLAR.
¡GRANDES SON SUS BESOS!
¡LARGOS SUS ABRAZOS!
¡QUE SEGURO ESTOY,
SI LLAMO A PAPÁ!

COSTOU UN POUQUIÑO DE TRABALLO PERO ELES O MERECEN.
E AGORA UNHA PELÍCULA QUE DEMOSTRA QUE HAI MOITOS TIPOS DE PAPÁS.
AOS VOSOS FILL@S ENCÁNTALLES,ENTENDENDO PERFECTAMENTE QUE PAPÁ NON É SÓ O QUE SE PARECE A NÓS E NOS DÁ A VIDA.
QUÉROTE,ATA O INFINITO E MÁIS ALÓ!

jueves, 16 de enero de 2014

UN AGAPORNIS NA NOSA AULA.

O MARTES TIVEMOS UNHA SORPRESA:A VISITA DE "MANSIÑO",O AGAPORNIS DE ÁFRICA.
A SÚA NAI FOI TAN AMABLE DE TRAELO...É UN BEBÉ AÍNDA,SÓ TEN MES E MEDIO,PERO XA SABE FACER MOITAS COUSAS.
COA NAI DE ÁFRICA APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS AGAPORNIS:
-PROCEDEN  DE ÁFRICA E SUDAMÉRICA.
-CANDO TEÑEN COLA E CRESTA CHÁMANSE "NINFAS".
-HAY MOITOS TIPOS DE AGAPORNIS.
-MANSIÑO MIDE 14 cm E POUCO MÁIS VAI MEDRAR.SÓ    LLE MEDRARÁ UN POUQUIÑO A COLIÑA.
-OS MACHOS E AS FEMIAS SON IGUAIS E É MOI DIFÍCIL   DISTINGUILOS.
-COMEN,DE PEQUENOS,CEREAIS TRITURADOS,E    MISTURADOS CON AUGA QUENTE.
 CANDO SON MAIORES COMEN FROITA,GRANS E PIPAS.
-SON PARENTES DOS LOROS E PODEN CANTAR E FALAR COMO ELES.
DESPOIS,NÓS,INVESTIGAMOS MOITAS COUSAS SOBRE ELES.
IMOS MOSTRARVOS ALGUNHAS DAS NOSAS INFORMACIÓNS PARA QUE VÓS APRENDADES TAMÉN.
Para saber o que son,de onde proceden,como coidalos...premede na foto que segue.
Se queredes saber os tipos e adeviñar de cal é Masiño,premede na táboa de especies.
Se xa tedes agapornis,ides adquirir un ou simplemente tedes curiosidade de cómo fabricar un parque caseiro,premede na foto deste tan chuli.
Mirade como acariñamos a Mansiño.

ACARIÑAMOS A "MANSIÑO",O AGAPORNIS DE ÁFRICA. on PhotoPeach
Existe un foro en internet para todos aqueles amantes dos agapornis.
Se queredes participar ou clarexar dúbidas,premede na foto de encabezado do foro.
Na nosa aula preparámoslle comidiña e tod@s tivemos a oportunidade de darlle de comer,
Foi emocionante!É un trangonciño. 
Premede nesta foto e miraredes cómo lle dan de comer os vosos fill@s.
Estas fotos podédelas descargar no voso ordenador.
Mansiño está a aprender a falar e a cantar.
Sabe aínda pouquiño pero...mirade como lle fala África.
En breve estarán rematados os debuxos que fixemos de Mansiño e serán publicados neste blogue.
Se tedes agapornis ou outro tipo de paxaros,enviade unha foto ao e-correo da profe Maricruz,especificando cómo se chama e que tipo de paxaro é.
Publicaremos as fotos das vosas mascotas.
Hoxe aprendimos a bailar esta canción.
Como vós tamén sabedes bailala,podedes disfrutar cos vosos fill@s,na casa,bailando con eles.

domingo, 6 de octubre de 2013

VOS PRESENTAMOS O NOSO PROXECTO ESTRELA DESTE CURSO:"NA DEFENSA DO PORCO CELTA".

COMO XA SABEDES ESTE ANO TEMOS ,"GALICIA 365",COMO PROXECTO DE CENTRO ,E NÓS IMOS CONTRIBUIR CO PROXECTO,"NA DEFENSA DO NOSO PORCO CELTA".OS NOSOS NEN@S VANSE CONVERTIR NUNS EXPERTOS NESTE FERMOSO ANIMAL.
SABÍADES QUE...?
O xénero orixinario de tódolos porcinos e o "SUS" e establecen se os tres troncos prehistóricos seguintes:

  - Sus Scrofa (xabarí europeo)
  - Sus Mediterráneo (xabarí mediterráneo)
  - Sus Vittatus ( porco asiático)

O tronco celta procedería do cruce Sus Scrofa Ferus có Subxénero Striatosus.
A agrupación racial céltica se estendeu en maior o menor medida polo Norte e Noroeste de España dando lugar a distintas razas, hoxe máis ou menos cruzadas como o Porco Chato de Vitoria, o Lermeño de Burgos, o Catalán de Vich, o Molinés de Guadalaxara, o Alistano de Zamora, a Galega ou Celta, e outras tamén por Centroeuropea e Portugal. De todas estas, moitas de elas están hoxe desaparecidas.
A raza porcina celta agrupa animais de tamaño grande, rústicos, moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo. Encóntranse exemplares da raza en todo o territorio galego, centrándose máis na provincia de Ourense, sur da provincia de Lugo  e nas comarcas centrais e noroeste de A Coruña.

Se caracterizan pola súa gran rusticidade, perfectamente adaptada o medio no que se desenvolve, pastoreando e alimentándose de recursos naturais estacionais como landras, castañas e brotes vexetais dos extensos e ricos bosques autóctonos galegos.
(Información proporcionada por ASOPORCEL,Asociación de criadores de gando porcino celta)
POUCO A POUCO VOS IREMOS PRESENTANDO ALGUNHAS DAS NOSAS ACTIVIDADES E ,DESTE XEITO,PODEREDES,VÓS TAMÉN,APRENDER UN POUCO SOBRE O TEMA.
UNHA DAS ACTIVIDADES FOI COLOREAR OS NOSOS PROPIOS PORCOS CELTAS NA PDI E GARDAR AS IMAXES NO NOSO ORDENADOR,PARA DESPOIS FACER ESTA MONTAXE E IMPRIMILAS.


ADEVIÑADE,NA CASA,CAL É O PORCO DO TEU FILL@.


PODEDES CANTAR A CANCIÓN PORQUE TODOS A COÑECEDES.
OS VOSOS NEN@S TAMÉN.
SE QUEREDES FACER,NA CASA,O VOSO PORCO CELTA PARTICULAR...PREMEDE NA FOTO DO ORDENADOR.
PODEDES MANDAR OS VOSOS PORCOS CELTAS AO E-CORREO DA PROFE MARICRUZ.OS NEN@S FIXÉRONNOS SINXELIÑOS PERO VÓS PODEDES POÑERLLES FONDOS,TAMPÓNS E OUTROS COMPLEMENTOS.
OS VOSOS PORCOS SERÁN PUBLICADOS EN BREVE.
UNHA APERTA MOI FORTE DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
AH,E RECORDOS DE PEPA PIG!

lunes, 24 de junio de 2013

FESTAS FIN DE CURSO 2013.

O mércores,19 de xuño fixemos unha gran festa de disfraces para celebrar os aniversarios de xuño e de tódolo verán.Confeccionamos un precioso mantel,decoramos a clase con grinaldas e globos,fixemos as coroas e as postais e ademáis dunha pasarela de modelos espectacular,un divertido baile e comilona,fixemos uns  xogos de auga na aula e no patio.
Para que poidades descargar as fotos,só tedes que premer na imaxe dos nen@s disfrazados e seleccionar as que queirades.
PASÁMOLO FENOMENAL!
Familias,a que estaban preciosas as portadas dos traballos do 3º trimestre?
Pois eran unhas bolboretas máxicas,feitas cunha técnica tamén máxica.
Mirade cómo as fixemos.


E a Festa de graduación dos de 6º de ed. infantíl e  6º de ed. primaria,do 21 de xuño.
Invitáronse,especialmente as familias dos nen@s que se graduaban.
Foi emocionante para a profe Maricruz,pois os nen@s de 6º de ed. Primaria foron os primeiros nen@s que tivo ao chegar ao cole Rocío e sentía unha mistura de ledicia ,tristura e orgullo de ter sido a base da súa educación.
A festa principiou ás 12h coa actuación dos nen@s de 5 anos,de seguido entregáronse os premios aos máximos lectores da biblioteca,concurso dos ovos de pascua,ranquing de tapóns solidarios e concurso de autocolantes do día do libro.
Se queredes descargar as fotos,premede na imaxe-motión que tedes abaixo.
Tede en conta que o blogue e dos alumno@s e exalumn@s da profe ,co que só están as fotos destes e os seus familiares.
E agora,o vídeo do baile.
Dúas xeracións da profe Maricruz,xuntas.
Que bonito!
Moita sorte a os meus sempre alumn@s de 6º de ed. Primaria!
Seguro que conquerides ser o que vos propoñades na vida!
QUÉROVOS!

jueves, 20 de junio de 2013

POCOYIZÁNDONOS.

DURANTE TODO O CURSO FIXEMOS MOITOS EXERCICIOS DE ESQUEMA CORPORAL.
INTERIORIZAMOS O NOSO E SABEMOS DESCRIBIRNOS A NÓS E AOS DEMÁIS,TANTO FÍSICAMENTE COMO COAS NOSAS CARACTERÍSTICAS COMPORTAMENTAIS E EMOCIONAIS.
PROFE MARICRUZ
COMO EXERCICIO RECOPILATORIO E MOI DIVERTIDO,POCOYIZÁMONOS NA PÁXINA WEB DE POCOYÓ.
PODEDES FACER O MESMO VÓS PREMENDO NO ENLACE DA PARTE DEREITA DESTE BLOGUE.
MIRADE QUE RESULTADO TAN SIMPÁTICO.
PRIMEIRO POCOYIZOUSE A PROFE MARICRUZ E DESPOIS,NO EDI, FIXÉRONNO CADA UN DOS NOSOS NEN@S.
ASÍ É COMO SE MIRAN ELES E...,O MÁIS CURIOSO,CANDO SE FAI UN REPASO DOS BONEQUIÑOS,OS COMPAÑEIR@S RECOÑÉCENSE,OS UNS AOS OUTROS,SEN NINGUNHA DIFICULTADE.
ESTA ACTIVIDADE É HABITUAL DA PROFE DENDE VAI 3 ANOS.
CANDO CADA UN DELES FAI O SEU AVATAR,GÁRDASE NUN CARTAFOL NO NOSO ORDENADOR.
ANÍMOVOS A QUE FAGADES O VOSO AVATAR.
É SUPERDIVERTIDO!

miércoles, 29 de mayo de 2013

CONFERENCIA DOS EXPERTOS:"OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS".

ESTE LUNS,27 DE MAIO,COMEZARON AS CONFERENCIAS DOS EXPERTOS.CADA GRUPO EXPÓN O TRABALLO REALIZADO,DURANTE O CURSO ESCOLAR,SOBRE O PROXECTO XERAL DE CENTRO "BOUZAS".A NOSA AULA CENTROUSE NUN TEMA NON MOI COÑECIDO.OS NEN@S DE TRES ANOS,A PESARES DE SER TAN PEQUENIÑOS,AXUDARON Á PROFE MARICRUZ NA EXPOSICIÓN DO TEMA E DEMOSTRARON AO RESTO DO COLE TÓDOLO QUE SABEN E QUE NON HAI TEMA DIFÍCIL POR SER PEQUENOS, SENON BÓS PLANTEXAMENTOS PARA UNHA SINXELA COMPRENSIÓN.TENTAMOS FACER UN TRABALLO QUE SEXA VÁLIDO TANTO A PEQUENOS COMO A MAIORES E QUE QUEDE FEITO UN DOCUMENTO QUE SERVA PARA OS CURSOS POSTERIORES.O MÁIS IMPORTANTE É
QUE APRENDIMOS TODOS,PROFE,NEN@S,PAIS,NAIS E VISITANTES DO NOSO BLOGUE,E...POR QUE?PORQUE NOS GUSTA INVESTIGAR,APRENDER COUSAS NOVAS, FACER PARTÍCIPES DOS NOSOS COÑECEMENTOS AOS DEMÁIS E POLO MÁIS IMPORTANTE "O NOSO AMOR A BOUZAS E A VIGO"E PORQUE  SABENDO DO NOSO PASADO COMPRENDEREMOS MELLOR O NOSO PRESENTE.
ESTE FOI O POWER POINT QUE SERVEU DE BASE-RESUMO DA NOSA EXPOSICIÓN.
PREME NA IMAXE  E DALLE A "INICIAR PRESENTACIÓN DENDE O PRINCIPIO".
E AGORA UNHA ESCOLMA DE FOTOS DA CONFERENCIA.  
OS NENOS E NENAS DE 4º DE ED. INFANTÍL E A PROFE MARICRUZ QUEREN AGRADECER AOS FAMILIARES,AMIGOS E VECIÑOS DE BOUZAS A SÚA AXUDA PARA FACER REALIDADE O PROXECTO DA PROFE DE DAR A COÑECER ESTA PARTE, DA HISTORIA DE BOUZAS ,TAN ESCURECIDA QUE NOS FIXO ENTERDER QUE ESTAMOS ORGULLOS@S DE CONTINUAR SENDO  OS OESTRYMNIOS DOS QUE ESCRIBIRON OS GREGOS,PORQUE ELES SON A ESENCIA DO QUE SOMOS NA ACTUALIDADE.

ALGÚNS DOS ASISTENTES Á CONFERENCIA REMITIRON FOTOS
Á PROFE MARICRUZ A TRAVÉS DE WASAP.
MIRADE ALGUNHAS DELAS.

lunes, 8 de abril de 2013

O NOSO CORPO.

COMO TODOS SABEDES NA NOSA AULA TRABÁLLANSE AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.A TRAVÉS DOS NOSOS TRABALLOS PLÁSTICOS REFLÍCTENSE OS PROGRESOS MULTIDISCIPLINARES DOS NOSOS NENOS/AS.UN DESES TRABALLOS É ESTE.DESPOIS DE TRABALLAR MOITO O ESQUEMA CORPORAL,A ORIENTACIÓN ESPACIAL,A COORDENACIÓN EN TÓDALAS SÚAS FACETAS,A AUTOESTIMA,AS PECULIARIDADES INDIVIDUAIS TANTO CORPORAIS COMO EMOCIONAIS DE CADA ÚN DOS NOSOS NENOS/AS...CHEGAMOS A ESTE FERMOSO TRABALLO.
SABEDES O QUE DÍN ELES?
XA NON FACEMOS POLBOS(PULPOS) ,FACEMOS PERSOAS ENTEIRAS PORQUE OS NOSOS BRAZOS NON SAEN DAS NOSAS TESTAS.
ISTO NON SE CONSEGUE DA NOITE PARA A MAÑÁ SENON CON MOITO TRABALLO.
MIRADE CÓMO SE MIRAN ELES.

 
A QUE SON SUPERGUAPOS E GUAPAS?
POR SUPOSTO.

viernes, 1 de marzo de 2013

OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS:CAPÍTULO II.E CÓMO MIRAN OS NOSOS RAPACES AO MAR DE BOUZAS.



OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS.
CAPÍTULO II:”O ASENTAMENTO DEFINITIVO”.
Fai uns 3600 anos, cando os Celtas arribaron ás nosas terras procedentes da Galia, existían, segundo aseguran diversos historiadores, varios poboados  erixidos sobre o mar con multitude de palafitos. Un destes poboados orixinouse levantado sobre uns baixos ou arrecifes rochosos existentes entón na Ría de Vigo, que foron coñecidos como «Carreiro de fora» e «Carreiro de dentro»,tamén chamados corredoiras, e que estaban situados na proximidade dun altozano avanzado na costa, que logo se chamaría «Cerrillo dos Caravallos», rodeado por unha magnífica e extensa praia que ocupaba, a un e outro lado, unha longa lonxitude de costa. Neste cerrillo, e entre os anos 1582 e 1626 da nosa era, levantaríase a actual igrexa parroquial de San Miguel de Bouzas, e a gran praia sería sacrificada, posterior e recentemente.
CARREIRO DE FORA(ONDE SE ATOPAN AS CONSERVEIRAS E OS ASTELEIROS).
CARREIRO DE DENTRO(PRAIA DE BOUZAS)
SACRIFIZO DOS CARREIROS EN PROL DO PROGRESO.
 Así, aqueles oestrymnios, semente dos futuros boucenses, asentáronse nun lugar que, por devandito instinto, atoparon favorable tanto para a seu defensa como para a súa supervivenza.Como xa vos contamos no anterior capítulo vivían principalmente da pesca e demáis produtos da mar, baixando durante o día a terra ,dende o seu húmido refuxio nos palafitos,para aprovisionarse de auga, vexetais e dalgunha que outra peza de caza, que usaban tanto para alimento como para proporcionarse, coas súas peles, as súas precarias e escasas vestimentas.
En canto ao auga, dispoñían dela nun lugar moi próximo, pois existía un abundante manantial nas proximidades do lugar onde hoxe está a praza de Diego Santos, ao principio da Rúa de Ramón Álvarez, coñecido antes como a « Fonte Vella », o redor dela montaron algunhas cabanas para a súa estadía diurna, que rodearon con parapetos térreos e estacadas, denominado como «bouza» a cada un destes recintos, segundo continúase chamando aínda hoxe, no idioma campesiño, á porción de terreo pechado sobre si mesmo en todo o seu perímetro, o que sen dúbida deu, posteriormente, orixe ao topónimo de BOUZAS.
FONTE VELLA,NO MEDIO DA PRAZA,NO CARREIRO DE DENTRO.
FONTE Á MATERNIDADE NO CARREIRO DE FORA.
Pero isto foi porque se decataron que tendo auga,vexetais,moluscos,peixes e poidendo ter,nese terreo pechado,animais que se poden domesticar e que poidan server de alimento,cría e axuda de carga,xa non facía tanta falla pasar o inverno na xunqueira de O Rocío,aínda que de cando en vez foran a cazar xabaríns,cervos,etc.O asentamento humán de O Rocío,onde está a nosa escola ,é posterior e dependeu da extensión cara a esa zona,dos habitantes de Bouzas.

GRANXA NEOLÍTICA ASENTADA NUNHA BOUZA.
GANDO VACUNO NUNHA BOUZA.
A vestimenta que levaron os nosos rapaces no Entroido,corresponde a estes oestrymnios xa asentados e con vestimentas máis ricas.Pero xa é parte do seguinte capítulo.

Pódese consultar a webteca deste traballo,na entrada correspondente ao capítulo primeiro:”Antes dun asentamento definitivo”,neste blogue.
Traballo de investigación realizado pola profe Maricruz e os nenos e nenas de 3 anos.
Aproveitamos para ensinarvos o excelente traballo que fixeron os nen@s de tres anos sobre o mar de Bouzas.
Despois de traballar o mar en calma,treboadas,picada,na posta de sol,no amancer,na noite,os animais do mar de Bouzas,o mar co reflexo da lúa,do sol,dos fogos das festas do Cristo,etc,as emocións que nos facían sentir,as súas cores según o ceo e sempre mirando ao noso mar con respeito e admiración porque grazas a él estamos onde estamos e somos como somos,mirade,por favor, o mar de Bouzas a través dos ollos dos nosos pequenos.Vai sorprendervos.

O