Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta GRADUACIÓN 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GRADUACIÓN 2013. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de junio de 2013

FESTAS FIN DE CURSO 2013.

O mércores,19 de xuño fixemos unha gran festa de disfraces para celebrar os aniversarios de xuño e de tódolo verán.Confeccionamos un precioso mantel,decoramos a clase con grinaldas e globos,fixemos as coroas e as postais e ademáis dunha pasarela de modelos espectacular,un divertido baile e comilona,fixemos uns  xogos de auga na aula e no patio.
Para que poidades descargar as fotos,só tedes que premer na imaxe dos nen@s disfrazados e seleccionar as que queirades.
PASÁMOLO FENOMENAL!
Familias,a que estaban preciosas as portadas dos traballos do 3º trimestre?
Pois eran unhas bolboretas máxicas,feitas cunha técnica tamén máxica.
Mirade cómo as fixemos.


E a Festa de graduación dos de 6º de ed. infantíl e  6º de ed. primaria,do 21 de xuño.
Invitáronse,especialmente as familias dos nen@s que se graduaban.
Foi emocionante para a profe Maricruz,pois os nen@s de 6º de ed. Primaria foron os primeiros nen@s que tivo ao chegar ao cole Rocío e sentía unha mistura de ledicia ,tristura e orgullo de ter sido a base da súa educación.
A festa principiou ás 12h coa actuación dos nen@s de 5 anos,de seguido entregáronse os premios aos máximos lectores da biblioteca,concurso dos ovos de pascua,ranquing de tapóns solidarios e concurso de autocolantes do día do libro.
Se queredes descargar as fotos,premede na imaxe-motión que tedes abaixo.
Tede en conta que o blogue e dos alumno@s e exalumn@s da profe ,co que só están as fotos destes e os seus familiares.
E agora,o vídeo do baile.
Dúas xeracións da profe Maricruz,xuntas.
Que bonito!
Moita sorte a os meus sempre alumn@s de 6º de ed. Primaria!
Seguro que conquerides ser o que vos propoñades na vida!
QUÉROVOS!