Hai 178 anos, o 24 de febreiro nacía Rosalía De Castro en Santiago de Compostela. No mundo da literatura, Rosalía é unha das escritoras máis importantes da nosa lingua, pero tamén realizou excelentes aportacións en castelá.
Rosalía é comparada por moitas persoas como a "alma de Galicia".
o 24 DE FEBREIRO, a imaxe de cabeceira da páxina de inicio de Google, está adicada a unha das figuras máis representativas da nosa
cultura.Ademáis dunha imaxe de Rosalía, aparecían os
primeiros versos dun dos seus poemas máis coñecidos. Seguro que máis dun/unha podería recitalo de memoria!
Nós,na nosa aula tamén coñecimos a ROSALÍA.
Soubemos cousas da súa vida e a musica que facía coas verbas.
Ademáis do sentimento que nos provoca cada vez que lemos ou escoitamos os seus poemas.
Os nosos nen@s quedaron abraiados con ela.
Os nosos nen@s quedaron abraiados con ela.
Mirade que cousas tan chulas estudamos dela e o que fixemos,unhas poucas,claro,porque todas é imposible poñelas no blogue.
Soubemos cousas sobre ela:como foi de pequena,onde vivíu,con quen casou,que estudou,o que sintíu cando marchou de Galiza...
Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
......
Cantares Gallegos
- See more at: http://faiclicnastics.blogspot.com.es/2014/02/dia-de-rosalia-de-castro-24-de-febreiro.html#sthash.UQve35GE.dpuf
Partindo destes enlaces,principiamos a nosa andaina.
Premede na imaxe para ver os enlaces.
Grazas ao CEIP"Padre Feijóo" de Allaríz,por esta escolma de materiais.
Tamen fixemos un percorrido vitual pola súa casa.
Observamos a súa habitación,o escritorio onde escribíu,...
Has de cantar,
meniña gaitera;
has de cantar,
que me morro de pena.
......
Cantares Gallegos
- See more at: http://faiclicnastics.blogspot.com.es/2014/02/dia-de-rosalia-de-castro-24-de-febreiro.html#sthash.UQve35GE.dpuf
E a profe buscou unha poesía para que a aprendéramos e escolleu unha de "CANTARES GALEGOS",MOI GRACIOSA,dunha galiña un pouco sinvergoña.
Mirade como a recitan !.Esta é unha escolma que fixo Luna,unha alumna de 6º,con tódalas poesías traballadas nas aulas da nosa escola.
Noraboa,Luna,eres unha artista!
E @s nen@s de 3 anos,uns grandes intérpretes!
Espero que vos guste o traballo de tod@s, recopilado neste vídeo.
Recomendo a lectura de textos da autora adaptados a nenos e nenas, como é o caso do libro "Parece unha rosa" , magníficamente ilustrado por Isabel Pintado e editado por Espiral Maior.
A AELG (Asociación de Escritoras
e Escritores en Lingua Galega) ven loitando,estes anos,para que o 24 de febreiro sexa unha xornada
especial e propón que tod@s fagamos o agasallo dun libro en galego e
unha flor.
A Asociación impulsa diversas actividades; realiza unha
proposta anual aos centros educativos a través das súas bibliotecas escolares, ás que se pode acceder a través do enlace.
Destaco un enlace sobre a vida de ROSALÍA,emitido nun programa de RTVE, "La aventura del saber", en Televisión a la carta.Premede no título do programa e poderedes acceder.
PAI NON É
SOMENTE O QUE LEVA O NOSO SANGUE,SENON TAMÉN AQUEL QUE NOS COIDA,SE
PREOCUPA POR NÓS,NOS LEVA Ó MÉDICO,NOS AXUDA NOS ESTUDOS,NOS DA UN BICO E
UNHA APERTA CANDO TEMOS MEDO OU ESTAMOS TRISTES,....
PODE
SER O NOSO PAPÁ ,O NOSO AVÓ,O NOSO PADRIÑO,OU A PARELLA DA NOSA
NAI,DO NOSO PAI...,AQUEL QUE VERDADEIRAMENTE SE COMPORTA COMO UN PAI PARA NÓS.
O NOSO TRABALLO VAI ADICADO A ESTE HOME:"O HOME MÁIS IMPORTANTE DA NOSA VIDA".
SABEMOS
QUE TODO O QUE FAGAMOS SERÁ POUCO PARA AGRADECER TANTO AMOR QUE NOS DA PERO,DURANTE MOITAS SEMANAS, TRABALLAMOS MOITO PARA ÉL.
QUEREDES VER O QUE FIXEMOS?
COSTOUNOS MOITO TRABALLIÑO,PERO,CON MATERIAIS DE REFUGALLO...QUEDOUNOS PRECIOSO.
E,ADEMÁIS,CUNHA NOTIÑA ESCRITA POR ELES.
COSTOUNOS MOITO TRABALLIÑO,PERO,CON MATERIAIS DE REFUGALLO...QUEDOUNOS PRECIOSO.
E,ADEMÁIS,CUNHA NOTIÑA ESCRITA POR ELES.
DÍA DO PAI 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
OS NEN@S DE RELIXIÓN,DA NOSA AULA,FIXERON,COA PROFE MERCE,UNHA BONITA POSTAL.
MIRADE QUE CHULA!
PERO TODO ISTO É UN SEGREDO ATA O SÁBADO.
E FELICES VACACIÓNS!"
UNHA APERTA DOS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.





