Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

Mostrando entradas con la etiqueta NOTIFICACIÓNS ÁS FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOTIFICACIÓNS ÁS FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de febrero de 2016

SEMANA DA FROITA NA NOSA ESCOLA.

Coma noutras ocasións,neste curso 2015/16 continuamos a participar no "Plan de Consumo de Froitas na Escola", que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
O plan,encadrado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxectivo familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. 
Ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha, na semana pasada, e outra, sen determinar,  ao longo do mes de maio.
 Os nenos, terán  a oportunidade de volver  saborear as froitas no momento do recreo.
 A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde, non sexa recomendable.
A intención é que os nenos coman a froita en lugar do petisco que habitualmente traen da casa.
 Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas nesas datas. 

 O éxito do plan depende moito da vosa colaboración. 
Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumn@s, organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,... E, precisamos, que  as familias  levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.

E SE A O TEU FILL@ NON LLE GUSTA A FROITA EIQUÍ,
NESTE VÍDEO,APARECE UN TRUQUIÑO RICO,RICO,RICOOOOOO,AINDA QUE NO COLE TOD@S COMÉRONNA.

E agora,cantade cos vosos fill@s,porque eles coñecen moi ben a Baloo e saben que é moi forte porque come moita froita.
Ata  saben as diferenzas entre plátano e banana,ademáis de moitísimas cousas sobre as froitas e os seus beneficios para o noso corpo.

Cada nen@ elixíu unha regla-separadora de froitas para levar para casa de agasallo.


UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

miércoles, 4 de febrero de 2015

DERRADEIRA XUNTANZA E OBRADOIRO ENTROIDO 2015.

Estimadas familias:
COMO PARECE QUE ALGUNHAS FAMILIAS,A PESARES DE TER DADA EN NUMEROSAS OCASIÓNS,NO BLOGUE DE PERECHOI,XUNTANZAS, OBRADOIROS E UN FOLIO CON TODAS AS INDICACIÓNS…AÍNDA NON SABEN COMO TEÑEN QUE VIR OS SEUS FILLOS NA COMPARSA,VOLVO A REMITIR O RESUMO DA XUNTANZA DO 20 DE XANEIRO,QUE VOS DERA POR ESCRITO NUN FOLIO(Non se voltará a dar máis información ao respecto).

*Vestiario a traer de casa polos nen@s para a comparsa.

-NENOS ROMANOS:xersei branco,leguin,piterpan ou medias brancas,botas negras ou marróns e colar dourado grande.
-NENAS ROMANAS:xersei branco,medias o leguins brancos,xoias douradas(pulseiras non).Terán que vir maquilladas da casa e peiteadas cunha cola de cabalo superalta con goma grosa sen adornos.As nenas Terán que levar unas bailarinas ou zapatos vellos, días antes á escola,para botarlles purpurina dourada.Só fallan os zapatos de Noelia.
-GLADIADORES/AS:xersei e leguins ou medias marróns.Lembrade traer as perneiras de pel e as capas dos oestrynmios,e demáis complementos,feitos na casa e nos obradoiros,antes do día da comparsa.Na cabeza,como cada un vai diferente,as familias xa teñen preparadas as súas cousas.Tamen teñen que vir coa faciana hidratada da casa.
-ANIMAIS:Xa se falou con cada familia en particular.Teñen que vir maquillados da casa.
*NORMAS PARA O DESFILE DE ENTROIDO:
-ANTES DO PASARRÜAS:Só poderán pasar ao aula os país e nais que van disfrazados na comparsa.Os que non pertencen á comparsa deberán esperar na rúa ata que saiamos da escola cara a Bouzas.
-DURANTE O PERCORRIDO:Os país que non vaian disfrazados terán que ir pola beirarrúa.Non se darán bebidas nin alimentos aos rapaces.Non sacarán aos rapaces fora da comparsa sen poñelo en coñemento da titora.
-DESPOIS DO PERCORRIDO:Esperarán a que a comparsa chegue ao aula e os nen@s coman as larpeiradas de entroido.Despois poderán estar con cada un deles e poderán degustar as larpeiradas,pero primeiro son os rapaces.Non poderán sacar ao nen@ da escola,antes da hora de saída, sen poñelo en coñecemento da titora.
TÓDOLOS COMPLEMENTOS TERÁN QUE ESTAR PREPARADOS O MARTES,10 DE FEBREIRO.HABERÁ UNHA XUNTANZA PARA ULTIMAR DETALLES.
Aproveito para comunicar que o TOKAPP xeral da nosa aula non funciona.

Unha aperta da profe Maricruz.

martes, 27 de enero de 2015

E...SEGUIMOS A TRABALLAR ROMA:A VESTIMENTA.

COMO XA SABEDES ESTAMOS A PREPARAR A NOSA COMPARSA DE ENTROIDO,RECREANDO AO COLISEO ROMANO.PARA ESTA FINALIDADE
ESTRUCTURAMOS UNS OBRADOIROS TÓDOLOS MARTES POLA TARDE E ALGÚN QUE OUTRO DÍA MÁIS,ADEMÁIS DE OBRADOIROS DOS NEN@S COA PROFE EN HORARIO LECTIVO.DESTE XEITO CASE TODAS AS FAMILIAS TEÑEN A OCASIÓN DE COLABORAR NESTA FESTA TAN BONITA,ADEMÁIS DE APRENDER TÉCNICAS PLÁSTICAS,COUSAS SOBRE ROMA,DEIXAR VOAR Á IMAXINACIÓN E A CREATIVIDADE,FAVORECER A INVESTIGACIÓN E AS RELACIÓNS INTERPERSONAIS ENTRE AS PROPIAS FAMILIAS,AS FAMILIAS COS SEUS FILL@S,E TOD@S COA PROFE.TODOS XUNTOS CUNHA MESMA FINALIDADE."EDUCAR DE XEITO INTEGRAL AOS NOSOS NEN@S Á PAR DE FACELOS MOI,PERO QUE MOI FELICES.É UNHA LABOURA MOI GRATIFICANTE E QUE FAI ÁS FAMILIAS PARTÍCIPES NA ESCOLA.
QUERO QUE VEXADES UNHA PEQUENA MOSTRA DESTES OBRADOIROS E DAS PRODUCIÓNS TAN MARABILLOSAS QUE RESULTARON.
ESCOLMA FOTOS DOS OBRADOIROS:



POUCO A POUCO VOS IREMOS CONTANDO COMO FIXEMOS CADA UN DOS ELEMENTOS DOS DISFRACES DOS GLADIADORES,ANIMAIS,EMPERADOR,ROMANAS,ROMANOS,CUÁDRIGA E ESTANDARTE.
DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE ESTIVEMOS A INVESTIGAR E TRABALLAR A VESTIMENTA ROMANA NA ÉPOCA DO COLISEO DE TÓDOLOS ESTAMENTOS SOCIAIS.
TEDES ALGUNHA INFORMACIÓN NO SYMBALOO, DA PROFE MARICRUZ, SOBRE ROMA QUE PODEREDES ATOPAR NA COLUMNA ESQUERDA DESTE BLOGUE.


MARIQUIÑA  DE PATRICIA ROMANA





APRENDIMOS A COLOCARNOS A TOGA.

E OS RAPACES A COLOCARSE UNHA ESPECIE DE CALZÓN QUE LEVABAN.
DESCUBRIMOS QUE ,NAS TERMAS,AS ROMANAS USABAN BIKINI.
E UNHA MOREA DE COUSAS MÁIS,QUE VOS CONTARÁN OS NOSOS NEN@S.
ROMANA
EMPERADOR

GLADIADOR

ESTO É O QUE SABÍAN ANTES DO PROXECTO,XA VEREMOS,DESPOIS DE FACER NÓS AS NOSAS VESTIMENTAS PARA ENTROIDO,O QUE SABEN.PUBLICAREMOS NO BLOGUE OS RESULTADOS.
TAMÉN RESTAURAMOS UNHA BONECA E A VESTIMOS DE ROMANO.XA VOLO COMENTAMOS NOUTRA ENTRADA ANTERIOR.
TAMÉN ESTUDAMOS O COIDADO CORPORAL.O MAQUILLAXE ,OS PEITEADOS E OS DISTINTOS TIPOS DE ADORNOS.
XA VEREDES QUE GUAPIÑOS IMOS IR O DÍA 13 DE FEBREIRO.
QUERO LEMBRAR ÁS FAMILIAS QUE O MARTES,3 DE FEBREIRO, TEÑEN QUE TRAER TODO O QUE TEÑAN DOS DISFRACES DOS SEUS FILLO E ULTIMAR OS DETALLES.
OS PAIS DAS NENAS ROMANAS NON PODEN ESQUECER LEVAR Á ESCOLA OS ZAPATIÑOS VELLOS ,PARA COLOCARLLES A PURPURINA,NESTES DÍAS,XA QUE PRECISAN DUN POUCO DE TEMPO PARA O SECADO.

E ESPERAMOS QUE OS VOSO COLISEOS ESTEAN PRONTO LISTOS PARA LEVALOS Á ESCOLA.
ESTAMOS INQUEDOS POR VELOS.
FAREMOS UNHA EXPOSICIÓN,AO CARÓN DA BIBLIOTECA DA ESCOLA,CON TODOS ELES.
XA TEMOS  ALGÚNS,O DE ANTÍA,ELIA E ALEJANDRO.
MIRADE,QUE CHULOS!

XA VOS ENSINAREMOS MÁIS DAS COUSAS QUE IMOS FACENDO SOBRE ROMA.
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

lunes, 17 de noviembre de 2014

XA TEMOS OS NOSOS PRECIOSOS SACAPENAS.

COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO,AS FAMILIAS COLABORARON NESTA PRECIOSA ACTIVIDADE.
XUNTO AOS SEUS FILL@S CONFECCIONARON UNS FERMOSOS SACAPENAS E DENTRO DO PRAZO.
OS NEN@S ESTÁN ENCANTADOS,DESEXANDO LEVALOS ÁS SÚAS CASAS PARA CONTARLLES AS SÚAS PREOCUPACIÓNS E POÑELOS DEBAIXO DAS SÚAS ALMOFADAS,TAL E COMO DÍ A LENDA QUE VOS CONTAMOS NA ENTRADA ANTERIOR,REFERENTE A ESTE TEMA.
MIRADE QUE PRECIOSIDADE!




OS NOSOS SACAPENAS II - Movie Maker

ESTAMOS ENCANTAD@S CON ESTA EXPERIENCIA.
ATA PERECHO FIXO O SEU SACAPENAS.

DAMOS AS GRAZAS ÁS NOSAS FAMILIAS,POLA SÚA COLABORACIÓN, CON ESTA FERMOSA CANCIÓN.
UNHA APERTA DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014 NA NOSA AULA E NA ESCOLA.


 SYMBALOO DE BELÉN JUNQ
 COMO TÓDOLOS ANOS TRABALLAMOS
 O OUTONO,TEMPO ATMOSFÉRICO,ROUPAS,
GASTRONOMÍA,FROITOS,FESTAS...
SERÍA IMPOSIBLE EXPOÑER 
TÓDALAS ACTIVIDADES 
QUE FACEMOS,POR ISO IMOS MOSTRARVOS
 AS QUE CONSIDERAMOS MÁIS RELEVANTES,
COMO POR EXEMPLO A FESTA DO MAGOSTO 
QUE É TAN IMPORTANTE 
NA NOSA COMUNIDADE.
NESTE ENLACE MÓSTRANSE MOITÍSIMOS RECURSOS 
QUE FORON EMPREGADOS NA NOSA AULA
(TRABALLO DA PROFE BELÉN JUNQ).
O QUE MÁIS LLES GUSTOU AOS VOSOS FILLOS FORON
 AS CANTIGAS DO MAGOSTO,O CONTO DE "A CASTAÑEIRA"
E O DE "A CASTAÑA QUE ESTOUPOU DE RISA".
PARA PODER ACCEDER A ESTES RECURSOS,PREMEDE NA FOTO DA NOSA CASTAÑEIRA.
PODEDES ATOPAR MÁIS RECURSOS NESTE BLOGUE,PREMENDO NAS ENTRADAS DOS MAGOSTOS DOS ANOS ANTERIORES.

NÓS TEMOS,NON SÓ A NOSA CASTAÑEIRA PINTADA SENON TAMÉN UNHA MECA VESTIDA DE CASTAÑEIRA E QUE PRESIDIU A ENTRADA DO NOSO COLE DURANTE ESTAS XORNADAS FESTIVAS.MIRADE QUE CHULA É.

FIXEMOS UNS DISTINTIVOS PARA NÓS,AS PROFES QUE NOS DAN CLASE E AS NAIS CASTAÑEIRAS.
BONITIÑO, VERDADE!
POIS,A PESARES DE ESTAR PLASTIFICADOS,OS NENO@S,COMO CORTAN TAN BEN COAS TESOIRAS,FIXÉRONNO FENOMENAL.

O NOSO CONTO FAVORITO.



TAMÉN FIXEMOS UNS CUCURUCHOS PRECIOSOS.
MIRADE,MIRADE!

E,POR SUPOSTO,TRABALLAMOS A GASTRONOMÍA DA CASTAÑA.
EIQUÍ VOS DEIXAMOS MOITAS RECEITAS.
PREMEDE NA FOTO DAS NOSAS RICAS CASTAÑAS ASADAS.
SE VOS ATREVEDES A FACER ALGUNHA DELAS NA CASA,PODEDES TRAELA Á ESCOLA PARA PROBALA.
OS NEN@S,QUE SON MOI LAMBÓNS,DARÁN BOA CONTA DELAS.
E AGORA,POR SUPOSTO,A GRAN FESTA NA ESCOLA,CON XOGOS,CANTIGAS E DEGOSTACIÓN DAS CASTAÑAS,NA COMPAÑA DAS NOSAS FAMILIAS.
QUEREMOS AGRADECER A VOSA COLABORACIÓN E A VOSA COMPAÑA NESTA XORNADA TAN ESPECIAL PARA OS NEN@S.
PREMEDE NA NOSA PANCARTA DO MAGOSTO E VEREDES QUE FOTOS MÁIS CHULAS.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS NO VOSO PC.
TAMEN QUEREMOS DAR AS GRAZAS AO NOSO CONSERXE FAVORITO,KIKE,QUE TRABALLOU MOITÍSIMO PARA QUE TODO SAIRA FENOMENAL.
KIKE,DESPIDIUSE HOXE DE NÓS E TROUXO Á NOVA CONSERXE,CHUS.
DÍMOSLLE UNHA SUPERAPERTA E ESPERAMOS QUE VOLVA MOI PRONTO.
COMO TE QUEREN OS NEN@S!

jueves, 6 de noviembre de 2014

OS SACAPENAS:Un bo remedio para as nosas preocupacións nocturnas.

A lenda conta que si lle contabas as túas penas a un sacapenas e despois o poñías debaixo da almofada, ao día seguinte sacábache as penas,os medos,as preocupacións…
Esta lenda comezou en Guatemala.
Para confeccionar un sacapenas precísase: Limpapipas,agulla,teas,fío,tesoiras, fibra ou algodón, Super Glue, lá, moita paciencia e imaxinación.
A profe Maricruz vos proporciona os limpapipas para facer o armazón como se pode ver na foto de abaixo,e o modelo de cómo queren os vosos fillos e fillas que fagades o seu.Todo vai dentro da carpeta viaxeira.
A profe Maricruz ten un e o libro da biblioteca da escola ten outro.
Mirade que chulos.

As instruccións de como se fai o sacapenas,atoparédelas premendo na seguinte foto.
O conto sobre o que estamos a traballar este tipo de emocións  podedes miralo premendo na portada do conto.
Nós,no cole ,témolo en galego e así foi contado aos nen@s.
O do vídeo está en español americano.

Cada familia debe confeccionar o sacapenas para o seu fillo ou filla e traelo á escola,co nome,para que poidamos velo todos e comapartir experiencias.
Despois será devolto ás casas para que os nenos poidan utilizalos nas noites que teñan preocupacións.

Esperando que esta experiencia sexa do voso agrado,mándavos un saúdo afectuoso,a profe Maricruz.
O prazo de entrega do boneco é dunha semana.
E agora mirade os modelos de como queren que sexan os seus quitapenas.



viernes, 27 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN.


Á MIÑA FAMILA:
·         *Valorede  moito o que faga ben e axudádeme a conqueri-lo que non poida facer.
·         *Falade moito conmigo ,correxíndome sen agobiarme e sen falarme coma un neno pequeno.
·         *Non me amenaces,cando non me porte ben,dicindo que cando chegue ó cole xa veré o que é bó.
·         *Déixame vestirme e espirme sen axuda.
·         *Axúdame a observa-las cousas que nos rodean e as súas cualidades agora xa sei moitas cousas.
·         *Déixame asearme e lava-los dentes só,sei facelo.
·         *Gustaríame que me deixaras pintar,recortar,escribir e ler algunhas cousas que fixen durante o curso e outras que xurdan.  
·         *Cando vexa unha peli preguntádeme sobre o que mirei e mirémola xuntos.
·         *Axúdame a descubri-lo nome das cousas,dos lugares,dos animais...
·         *Lembrade que son un neno /a e,as veces,téñome que manchar para descubri-las cousas.
·          Como é verán,deixádeme que me molle e me manche de area,lama, pintura...,todo seca rápido e axudádeme a aprender moitas cousas.
·         *Como son vacacións poido axudar nas tarefas da casa e, por suposto, vou ordena-los meus xoguetes,libros...,e recolle-las cousas ao remate dunha tarefa.
·         *Gustaríame que me contaras contos,que me dixeras como eras de pequeno/a,que facías,que cancións cantabas…
·         *Xogar na praia,na casa,no campo,na aldea…e facer tódalas cousas que dixen antes,gustaríame facelas con vós pois durante o curso    non teño tanto tempo para estar coas personas que máis quero,a miña familia.
·         Teño tempo dabondo para rematar aquelas fichas que quedaron sen facer e podo repasar as cousas dadas na escola.
Podo traballar no noso blogue “O recanto de Perecho e Maricruz”.
Un 
  moi,moi forte do voso fillo/a:

jueves, 27 de marzo de 2014

ESTA FIN DE SEMANA:FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO!

ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE A 
"FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO".



CARTAFOL GAÑADOR 2014

PLANO DO CASCO VELLO E AS MARCACIÓNS DAS ZONAS DOS EVENTOS A DESENVOLVER.
Venres 28 de marzo
10:00 h. Apertura do mercado
12:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza da Costitución, Zona 1)
17:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza do Berbés, Zona 8)
18:00h. Inauguración da festa ( praza do Berbés, Zona 8)
18:15h. Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés, Zona 8)
19:00h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)
21:30h. Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés (praza do Berbés, Zona 8)
23:00h. Peche do mercado

Sábado 29 de marzo
10:00 h. Apertura do mercado
11:00 h. Foliada infantil ( praza da Pedra, Zona 4)
12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza do Pedra, Zona 4)
17:00 h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)
18:00 h. Actuación da ETRAD ( praza da Igrexa, Zona 4)
21:30 h. Concerto de Sés “co xenio destrozado”  (praza do Berbés, Zona 8)
23:00 h. Peche do mercado

Domingo 30 de Marzo,día grande da Festa
10:00 h. Apertura do mercado
10:30 h. Exhibición de cetrería ( praza do Berbés, Zona 8)
11:00 h. Demostracións de oficios tradicionais
11:30 h. Contacontos Codia e Miolo 
( praza do Berbészona 8)
12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
12:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (praza da Pedra, Zona 4)
12:30 h. Exhibición de improvisación en verso “Regueifas” CIOV 
(praza do Berbés,
Zona 8)
17:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (Porta do Sol)
17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
18:00 h.Representación da Reconquista da Vila de Vigo 
21:00 h. Peche do mercado


ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS
Durante os tres días máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos.

 PREGUNTÁDELLE AOS VOSOS FILL@S POR CARMIÑA E MICHEL E VEREDES A HISTORIA QUE VOS CONTAN E CANTO SABEN DA RECONQUISTA.
PASARÉMOLO SUPERBEN E LEMBRAREMOS COMO CACHAMUIÑAS E O POBO DE VIGO,GAÑARON A BATALLA AOS FRANCESES.