Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 31 de enero de 2013

UN XEITO ESPECIAL DE FESTEXAR O ..."DÍA DA PAZ".



Este ano celebramos O DÍA DA PAZ dun xeito diferente!!

Traballando todos xuntos,

 sentindo que pertencemos a un grupo

e tendo claro o máis importante:

"SORRIR".

Elaboramos un vídeo amosando algunhas estancias da nosa escola mentres bailabamos e cantabamos todos xuntos a cantiga de Macaco: "Una sola voz"

Para a celebración  do evento tamén invitamos ás familias que gozaron dun día de festa xunto con todo o alumnado da escola.

Cunha camiseta branca e as mans brancas, simbolizamos o noso desexo por un mundo CHEO DE  PAZ.
FELIZ DIA DA PAZ

Comparte con nós como te sentiches e deixa os teus comentarios escritos no blogue.
Queredes repetir esta experiencia???     

UNHA APERTA AFECTUOSA DOS NEN@S DE 3 ANOS ,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

viernes, 25 de enero de 2013

CONFECCIONAMOS UN GIF DO INVERNO ENTRE TODOS.

COLOREAMOS UN BONECO DE NEVE.
PICAMOS, POLO REDOR,O BONECO E A NOSA POESÍA DO INVERNO.
PEGAMOS AS DÚAS PEZAS NUN FOLIO AZUL NO QUE PUNTEAMOS ,CO DEDO MANCHADO DE TÉMPERA BRANCA,PARA FACER NEVE E FACEMOS UNHAS ONDAS DE DIVERMAGIC AZUL BRILANTE.
TAMÉN PUXEMOS DIVERMAGIC LARANXA NO NARÍZ DO BONECO.
FIXÉMOSLLE UNHA FOTO AOS NOSOS TRABALLOS E ELEXIMOS UN DELES.
GARDAMOS A FOTO NO NOSO ORDENADOR E LOGO SUBÍMOLA A UNHA PÁXINA WEB PARA TRANSFORMALA NUN FERMOSO GIF INVERNAL.
ELEXIMOS UN MARCO ENTRE TODOS E PUXÉMOSLLE COMPLEMENTOS.
VOLTAMOS A GARDAR NO ORDENADOR A NOVA COMPOSICIÓN PARA VOLTAR A SUBILA E COLOCAR O EFECTO NEVE.
MIRADE COMO QUEDOU!
A QUE ESTÁ CHULI?



UN FERMOSO TRABALLO GLOBALIZADO,REALIZADO CON TÉCNICAS DIVERSAS E FEITO ENTRE TODO@S.

jueves, 17 de enero de 2013

DÚAS SORPRESAS DE INVERNO.

A PRIMEIRA FOI UNHA CARTA DE PERECHO.
QUE BONITO É O BONECO DE NEVE MÁXICO,MIRADE...

DE VERDADE É MÁXICO ,POIS ESTÁ DURO PERO NON FRÍO COMO O XEO.
SE NON FORA MÁXICO DERRETERÍASE COA CALOR QUE VAI NA CLASE.
PUXÉMOLO XUNTO A NOSA ÁRBORE CATARINA.

E OUTRA SORPRESA FOI QUE JOSE JAVIER XUNTOU 1.000 TAPÓNS  PARA O BANCO DE TAPÓNS DO BAIXO  MIÑO,UNHA INICIATIVA SOLIDARIA QUE UNE CADA VEZ A MÁIS PERSOAS.ESTES TAPÓNS IRÁN DESTINADOS A ALMA,ÁNGEL E YESI,NEN@S QUE PRECISAN DA NOSA SOLIDARIEDADE.COMO A NOSA AULA COLABORA NESA CAUSA E JOSE JAVIER TRAE MOITOS,MOITOS TAPÓNS,PABLO,O NOSO CONSERXE, AGASALLOUNO CUNS ALBUMES  PRECIOSOS POR SER TAN SOLIDARIO.
SE QUEREDES SABER AS HISTORIAS DOS NEN@S AOS QUE VAI DIRIXIDA ESTA INICIATIVA PODEDES DIRIXIRVOS A....(PREMEDE NA FOTO).

SÚMASTE?

domingo, 13 de enero de 2013

GÚSTANOS O INVERNO!

ESTA SEMANA ESTIVEMOS A TRABALLAR,ENTREOUTRAS COUSAS,O INVERNO EN TÓDOLOS SEUS ASPECTOS:NAS PERSOAS,NOS ANIMAIS,NAS PRANTAS...
APRENDIMOS ESTA POESÍA TAN CHULI.
O CHAPEAU,O ABRIGO E A CALEFACCIÓN.
VESTIMOS Á NOSA ÁRBORE CATARINA DE INVERNO CON FOLERPAS DE NEVE(ALGODÓN) E NEVE ARTIFICIAL EN SPRAI.

Fixemos unhas pequenas boliñas de algodón que logo
pegamos na nosa árbore.
De seguido esporeamos neve de mentira e...
Quedou superlinda!
Mirade,mirade!


E LOGO APRENDIMOS A CANTIGA CON PICTOGRAMAS.

TAMÉN NOS OCUPAMOS DOS CAMBIOS CLIMÁTICOS,OS DÍAS E AS NOITES,A NOSA FORMA DE VESTIR...CO XOGO DO INVERNO DE AGREGA.
PREME NA FOTO PARA REPASAR NA CASA O QUE APRENDIMOS.
DECORAMOS OS CRISTAIS DA NOSA AULA CON FOLERPAS E UN ENORME BONECO DE NEVE.
A QUE ESTÁ MOI BONITIÑO?
GÚSTANOS MOITO O CONTO DE "O BONECO DE NEVE" QUE TRABALLAMOS NA AULA SOBRE OS ESTADO DA AUGA E OS EFECTOS QUE A CALOR E O FRÍO FAN SOBRE ELA.NON SÓ UTILIZAMOS O CONTO PARA ESTE MENESTER SENON QUE COLLIMOS CUBIÑOS DE  XEO E MIRAMOS O QUE LLE PASABA CANDO LLE APLICÁBAMOS A CALOR DAS NOSAS MÁNS.
PREME SOBRE O BONECO DE NEVE DA NOSA VENTÁ PARA MIRAR O CONTO.TEN DÚAS PARTES.
ESTAMOS A ELABORAR UN BONITO TRABALLO DE INVERNO,PERO ESTO É UNHA SORPRESA PARA MÁIS ADIANTE.