O mércores,19 de xuño fixemos unha gran festa de disfraces para celebrar os aniversarios de xuño e de tódolo verán.Confeccionamos un precioso mantel,decoramos a clase con grinaldas e globos,fixemos as coroas e as postais e ademáis dunha pasarela de modelos espectacular,un divertido baile e comilona,fixemos uns xogos de auga na aula e no patio.
Para que poidades descargar as fotos,só tedes que premer na imaxe dos nen@s disfrazados e seleccionar as que queirades.
PASÁMOLO FENOMENAL!
Familias,a que estaban preciosas as portadas dos traballos do 3º trimestre?
Pois eran unhas bolboretas máxicas,feitas cunha técnica tamén máxica.
Mirade cómo as fixemos.
E a Festa de graduación dos de 6º de ed. infantíl e 6º de ed. primaria,do 21 de xuño.
Invitáronse,especialmente as familias dos nen@s que se graduaban.

A festa principiou ás 12h coa actuación dos nen@s de 5 anos,de seguido entregáronse os premios aos máximos lectores da biblioteca,concurso dos ovos de pascua,ranquing de tapóns solidarios e concurso de autocolantes do día do libro.
Se queredes descargar as fotos,premede na imaxe-motión que tedes abaixo.
Tede en conta que o blogue e dos alumno@s e exalumn@s da profe ,co que só están as fotos destes e os seus familiares.
E agora,o vídeo do baile.
Dúas xeracións da profe Maricruz,xuntas.
Que bonito!
Moita sorte a os meus sempre alumn@s de 6º de ed. Primaria!
Seguro que conquerides ser o que vos propoñades na vida!
QUÉROVOS!