O MARTES,20 DE MAIO,CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS NA NOSA ESCOLA.ESTO TEN UNHA BOA RAZÓN.CASE SEMPRE CELEBROUSE ESTA FESTA NOS VENRES E DÁBANOS BASTANTE NOXO VER COMO ESES MAIOS TAN BONITOS,QUE FACÍAMOS CON TANTO ESFORZO,DISFRUTÁBANSE UN PAR DE HORIÑAS E LOGO ERAN PASTO,DURANTE A FIN DE SEMANA,DAS GUEIVOTAS,CORVOS,PEGAS E BATIDAS POLAS INCLEMENZAS CLIMÁTICAS.
SE,NÓS, FACÍAMOS O MAIO UN LUNS OU UN MARTES,OS NEN@S TIÑAN MÁIS TEMPO PARA DISFRUTALO.E....,ASÍ FIXÉMOLO E TÓDALA COMUNIDADE EDUCATIVA POIDO GOZAR DESTE MAIO TAN FERMOSO.
ANTES DE NADA:
LEMBRADES O QUE É UN MAIO E CÓMO SE FAI?
POIS,PREMEDE NA FOTO DESTE DEBUXO QUE FIXEMOS,CADA UN DE NÓS,NA NOSA AULA E APRENDEDE.
NÓS TRABALLAMOS ESTA FESTA NA AULA ,MOITO ANTES DE FACER O MAIO DA ESCOLA:Buscamos información,cantamos cancións dos maios,facemos grinaldas con flores de papel(por mor dos nen@s alérxicos),facemos que as familias colaboren connosco,aportando materiais e procurando que os nen@s veñan vestidos de branco...
GRAZAS,FAMILIAS.
CONFECCIÓN DOS AUTOCOLANTES DE PAMPILLOS PARA AS CAMISETAS.
CONFECCIÓN GRINALDAS DE PAPEL.
E AGORA,SE QUEREDES MIRAR TÓDAS FOTOS DA MONTAXE DO NOSO MAIO,COPLAS E BAILE DAS FITAS....PREMEDE NA SEGUINTE FOTO.
PASÁMOLO FENOMENAL!
TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COMO CÚLMEN DO TRABALLO REALIZADO EN TORNO Á FIGURA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO,DURANTE TRES SEMANAS,NA NOSA AULA.ESTES SON ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS.
CADERNIÑO DE TRABALLO SACADO DO "SEMINARIO GALÁN"QUE,COMA SEMPRE,FAI UN EXCELENTE TRABALLO PEDAGÓXICO DAS FIGURAS HOMENAXEADAS NAS NOSAS LETRAS GALEGAS.
PREMEDE NA FOTO DE PORTADA E VEREDES.
NESTA XORNADA CONFECCIONAMOS UN LIBRIÑO QUE SE TEN QUE COMPLETAR CON COLANTES NAS DIFERENTES PÁXINAS,A TRAVÉS DO TROCO DE CROMOS.CANDO SE TEN COMPLETADO,DECÓRASE E LÉVASE PARA CASA.
LEVARÁNSE EN BREVE PORQUE QUEREMOS QUE OS VEXA PICOLINDO,O LUNS,E QUE NOS DEA MOITOS PIQUEUROS PARA COLLER LIBROS GRATIS ,DA BIBLIOTECA,AO FINAL DO CURSO NO MERCADILLO.
DESPOIS DE TROCAR OS NOSOS COLANTES E CONFECCIONAR O LIBRIÑO,FOMOS CARA O PATIO E CANTAMOS O HIMNO GALEGO.
SE QUEREDES MIRAR COMO FIXEMOS O TROCO DE CROMOS,PREMEDE NO COLLAGE.
E PARA QUE SAIBADES ALGO SOBRE ESTE AUTOR,PREMEDE NAS SEGUINTES FOTOS QUE VOS LEVARÁN AOS ENLACES CORRESPONDENTES POIS,POR ALGUNHA EXTRANA RAZÓN NON PODO INSERTAR CERTOS ELEMENTOS NESTA ENTRADA.
"PENÉLOPE"
SEMINARIO GALÁN-LETRAS GALEGAS 2014.
ESPERAMOS QUE,NAS VOSAS CASAS,GOZEDES CON TÓDALA INFORMACIÓN,VÍDEOS,CONTOS E ACTIVIDADES SOBRE ESTE AUTOR NOSO, HOMENAXEANDO UNHA LINGUA TAN FERMOSA COMO A NOSA ...
"O GALEGO".