Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 30 de noviembre de 2014

A VISITA DE ELSA,A NOSA AMIGA DE IGUALDADE,DO CONCELLO DE VIGO.



ESTAMOS SUPERCONTENTOS PORQUE POR FIN,E DESPOIS DE VARIOS CURSOS,FOI ESCOITADA A PETICIÓN DE QUE NOS VISITARAN DA CONCELLALÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO.
XA SABEDES QUE O NOSO BLOGUE ESTÁ RECOMENDADO,POR DITA CONCELLALÍA,NAS REDES SOCIAIS.
E...SEN PREVIO AVISO,ZASSSSS!,ALÍ APARECEU ELSA,A PROFE DE IGUALDADE.
DE TODOS É SABIDO QUE O TEMA DA IGUALDADE ESTÁ SEMPRE PRESENTE NAS NOSAS AULAS E ESTÁ MERGULLADO NA NOSA DIDÁCTICA E PEDAGOXÍA,PERO ÁS VECES UNHA PEQUENA AXUDA EXTERNA NON VEN DE MÁIS,POIS PENSAMOS QUE A IGUALDADE EXISTE NA NOSA SOCIEDADE PERO AÍNDA TEMOS MOITO CAMIÑO POR PERCORRER.
O TRABALLO NON DEBE SER EXCLUSIVO NA ESCOLA SENON TAMÉN NAS NOSAS CASAS.ENTRE TOD@S PODEMOS FACER MOITÍSIMO.
DISTO VEN O NOME DESTA ACTIVIDADE"CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE".
NESTE CURSO HABERÁ UNHA VISITA MÁIS DE ELSA,QUE ESPERAMOS CON MOITA ILUSIÓN.
E PARA NON ESPLALLARME EN DEMÁIS,VOU POÑER OS FOLLETOS DA ACTIVIDADE,AÍNDA QUE TAMÉN FORON LEVADOS AOS FOGARES POLOS VOSO FILL@S.
NESTA PÁXINA WEB www.igualdadevigo.org ,está o noso blogue.Podedes acceder a ela premendo no enlace.
SE QUEREDES VER,PASO A PASO,TÓDALAS ACTIVIDADES QUE FIXERON OS VOSOS FILL@S...ATENTOS Á PRESENTACIÓN DE DIAPOSITIVAS,SEGURO QUE ENTENDEDES A SÚA MENSAXE.
ELSA,MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA VISITA.
VOLVE PRONTO!

lunes, 17 de noviembre de 2014

XA TEMOS OS NOSOS PRECIOSOS SACAPENAS.

COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO,AS FAMILIAS COLABORARON NESTA PRECIOSA ACTIVIDADE.
XUNTO AOS SEUS FILL@S CONFECCIONARON UNS FERMOSOS SACAPENAS E DENTRO DO PRAZO.
OS NEN@S ESTÁN ENCANTADOS,DESEXANDO LEVALOS ÁS SÚAS CASAS PARA CONTARLLES AS SÚAS PREOCUPACIÓNS E POÑELOS DEBAIXO DAS SÚAS ALMOFADAS,TAL E COMO DÍ A LENDA QUE VOS CONTAMOS NA ENTRADA ANTERIOR,REFERENTE A ESTE TEMA.
MIRADE QUE PRECIOSIDADE!




OS NOSOS SACAPENAS II - Movie Maker

ESTAMOS ENCANTAD@S CON ESTA EXPERIENCIA.
ATA PERECHO FIXO O SEU SACAPENAS.

DAMOS AS GRAZAS ÁS NOSAS FAMILIAS,POLA SÚA COLABORACIÓN, CON ESTA FERMOSA CANCIÓN.
UNHA APERTA DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014 NA NOSA AULA E NA ESCOLA.


 SYMBALOO DE BELÉN JUNQ
 COMO TÓDOLOS ANOS TRABALLAMOS
 O OUTONO,TEMPO ATMOSFÉRICO,ROUPAS,
GASTRONOMÍA,FROITOS,FESTAS...
SERÍA IMPOSIBLE EXPOÑER 
TÓDALAS ACTIVIDADES 
QUE FACEMOS,POR ISO IMOS MOSTRARVOS
 AS QUE CONSIDERAMOS MÁIS RELEVANTES,
COMO POR EXEMPLO A FESTA DO MAGOSTO 
QUE É TAN IMPORTANTE 
NA NOSA COMUNIDADE.
NESTE ENLACE MÓSTRANSE MOITÍSIMOS RECURSOS 
QUE FORON EMPREGADOS NA NOSA AULA
(TRABALLO DA PROFE BELÉN JUNQ).
O QUE MÁIS LLES GUSTOU AOS VOSOS FILLOS FORON
 AS CANTIGAS DO MAGOSTO,O CONTO DE "A CASTAÑEIRA"
E O DE "A CASTAÑA QUE ESTOUPOU DE RISA".
PARA PODER ACCEDER A ESTES RECURSOS,PREMEDE NA FOTO DA NOSA CASTAÑEIRA.
PODEDES ATOPAR MÁIS RECURSOS NESTE BLOGUE,PREMENDO NAS ENTRADAS DOS MAGOSTOS DOS ANOS ANTERIORES.

NÓS TEMOS,NON SÓ A NOSA CASTAÑEIRA PINTADA SENON TAMÉN UNHA MECA VESTIDA DE CASTAÑEIRA E QUE PRESIDIU A ENTRADA DO NOSO COLE DURANTE ESTAS XORNADAS FESTIVAS.MIRADE QUE CHULA É.

FIXEMOS UNS DISTINTIVOS PARA NÓS,AS PROFES QUE NOS DAN CLASE E AS NAIS CASTAÑEIRAS.
BONITIÑO, VERDADE!
POIS,A PESARES DE ESTAR PLASTIFICADOS,OS NENO@S,COMO CORTAN TAN BEN COAS TESOIRAS,FIXÉRONNO FENOMENAL.

O NOSO CONTO FAVORITO.



TAMÉN FIXEMOS UNS CUCURUCHOS PRECIOSOS.
MIRADE,MIRADE!

E,POR SUPOSTO,TRABALLAMOS A GASTRONOMÍA DA CASTAÑA.
EIQUÍ VOS DEIXAMOS MOITAS RECEITAS.
PREMEDE NA FOTO DAS NOSAS RICAS CASTAÑAS ASADAS.
SE VOS ATREVEDES A FACER ALGUNHA DELAS NA CASA,PODEDES TRAELA Á ESCOLA PARA PROBALA.
OS NEN@S,QUE SON MOI LAMBÓNS,DARÁN BOA CONTA DELAS.
E AGORA,POR SUPOSTO,A GRAN FESTA NA ESCOLA,CON XOGOS,CANTIGAS E DEGOSTACIÓN DAS CASTAÑAS,NA COMPAÑA DAS NOSAS FAMILIAS.
QUEREMOS AGRADECER A VOSA COLABORACIÓN E A VOSA COMPAÑA NESTA XORNADA TAN ESPECIAL PARA OS NEN@S.
PREMEDE NA NOSA PANCARTA DO MAGOSTO E VEREDES QUE FOTOS MÁIS CHULAS.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS NO VOSO PC.
TAMEN QUEREMOS DAR AS GRAZAS AO NOSO CONSERXE FAVORITO,KIKE,QUE TRABALLOU MOITÍSIMO PARA QUE TODO SAIRA FENOMENAL.
KIKE,DESPIDIUSE HOXE DE NÓS E TROUXO Á NOVA CONSERXE,CHUS.
DÍMOSLLE UNHA SUPERAPERTA E ESPERAMOS QUE VOLVA MOI PRONTO.
COMO TE QUEREN OS NEN@S!

jueves, 6 de noviembre de 2014

OS SACAPENAS:Un bo remedio para as nosas preocupacións nocturnas.

A lenda conta que si lle contabas as túas penas a un sacapenas e despois o poñías debaixo da almofada, ao día seguinte sacábache as penas,os medos,as preocupacións…
Esta lenda comezou en Guatemala.
Para confeccionar un sacapenas precísase: Limpapipas,agulla,teas,fío,tesoiras, fibra ou algodón, Super Glue, lá, moita paciencia e imaxinación.
A profe Maricruz vos proporciona os limpapipas para facer o armazón como se pode ver na foto de abaixo,e o modelo de cómo queren os vosos fillos e fillas que fagades o seu.Todo vai dentro da carpeta viaxeira.
A profe Maricruz ten un e o libro da biblioteca da escola ten outro.
Mirade que chulos.

As instruccións de como se fai o sacapenas,atoparédelas premendo na seguinte foto.
O conto sobre o que estamos a traballar este tipo de emocións  podedes miralo premendo na portada do conto.
Nós,no cole ,témolo en galego e así foi contado aos nen@s.
O do vídeo está en español americano.

Cada familia debe confeccionar o sacapenas para o seu fillo ou filla e traelo á escola,co nome,para que poidamos velo todos e comapartir experiencias.
Despois será devolto ás casas para que os nenos poidan utilizalos nas noites que teñan preocupacións.

Esperando que esta experiencia sexa do voso agrado,mándavos un saúdo afectuoso,a profe Maricruz.
O prazo de entrega do boneco é dunha semana.
E agora mirade os modelos de como queren que sexan os seus quitapenas.



domingo, 2 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014 NA AULA DE 5 ANOS E NA ESCOLA.


É TEMPO DE OUTONO ,DE CASTAÑAS,DE NOCES,DE VENTO,DE FOLLAS VERMELLAS,DE DÍAS CURTOS E NOITES LONGAS E ESCURAS.
NOS CAMPOS RECÓLLENSE AS CABAZAS E NALGUNHAS ALDEAS DE GALIZA,AÍNDAN TALLAN ARREPIANTES CAVEIRAS.DENTRO MÉTENLLES CANDEAS ACESAS E PÓÑENAS NO ALTO DUN VALADO PARA QUE,AO ESCINTILAR POLA NOITE,DEAN MEDO.
É A FESTA DAS MEIGAS E PANTASMAS.OS RATOS ESTÁN MOI CONTENTOS PORQUE,COMO SE POÑEN AS PEBIDAS DAS CABAZAS A SECAR,TEÑEN ONDE RILLAR.
OS NEN@S DISFRÁZANSE CON COUSAS QUE TEÑEN NAS SÚAS CASAS E SAEN ÁS RÚAS E CARREIROS,PETANDO NAS PORTAS DOS SEUS VECIÑOS.CANDO ESTES ABREN AS PORTAS DAS SÚAS CASAS ELES PÍDENLLES"CHULAS DE CABAZA OU PESETAS",SENON,
 SERÁN ASUSTADOS NO MOMENTO MÁIS INESPERADO.
OS NEN@S DE 5 ANOS FIXERON O MESMO,TENTANDO MANTER VIVA ESTA TRADICIÓN ANCESTRAL.
*PODEDES CONSULTAR QUÉ É O SAMAÍN,AS SÚA ORIXE,RECEITAS DE COCIÑA,COMO SE TALLA UNHA CABAZA...NAS ENTRADAS DOUTROS ANOS,NESTE BLOGUE.
MONTAXES TERRORÍFICOS.
TÓDOLOS ANOS E TENDO EN CONTA A IDADE DOS NEN@S,NAS SESIÓNS TICS COA PROFE MARICRUZ,OS NEN@S APRENDEN ,DUN XEITO SINXELO,A FACER PEQUENAS MONTAXES FOTOGRÁFICAS TERRORÍFICAS.
ELES ELIXEN OS SEUS MOLDES E ,SEN MOITA AXUDA,FIXERON ESTA ESPECTACULAR E DIVERTIDA ACTIVIDADE.

UNHA VEZ FEITAS,IMPRÍMENSE,PLASTIFÍCANSE E CON ELAS E MÁIS ELEMENTOS PLÁSTICOS FEITO POLOS NEN@S,DECORAMOLO PASILLO.
OS NEN@S LEVARÁN A SÚA FOTO PARA CASA MÁIS ADIANTE.





DECORACIÓN DA NOSA AULA.
DECORAMOS A NOSA AULA CON DIFERENTES ELEMENTOS PLÁSTICOS,UNS MERCADOS E OUTROS FEITOS POR NÓS.
TAMÉN DECORAMOS OS NOSOS VIDROS.NUN DELES APROVEITÁMOLO PARA FACER UN DIVERTIVO PHOTOCALL FEITO CON TÉMPERAS.

A PROFE MARICRUZ,CONVERTIDA  NUNHA PANTASMA...COLLE DA MAN AOS NEN@S PARA FACER ESTE PHOTOCALL.

PHOTOCALL SAMAÍN 2014 on PhotoPeach

PREPARAMOS O NOSO PERCORRIDO POLAS AULAS,AVISANDO DA NOSA PRESENZA NA MAÑÁ  DO XOVES DÍA 31,COMO FACÍAN OS NEN@S DOS POBOS DE GALIZA.
DISTINTIVO PARA OS NEN@S E AGASALLO PROFES DA ESCOLA,FEITO POLOS NEN@ DE 5 ANOS.
CONFECCIÓN DO MANTEL PARA A FESTA.

TORTAS E PASTEIS CASEIROS FEITOS POLAS FAMILIAS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN .
ESTABAN BOÍIIIIIISIMOS!
POR DESGRAZA ESTE ANO NINGUNHA FAMILIA FIXO "CHULAS DE CABAZA",QUE É O POSTRE TÍPICO DO SAMAÍN NA NOSA ZONA,OUTRO ANO SERÁ.
E ISO QUE TEMOS A RECEITA NO NOSO BLOGUE .


OS NOSOS CALACÚS E A DECORACIÓN DA NOSA ESCOLA.
PEDÍUSELLES ÁS FAMILIAS CALACÚS TERRORÍFICOS PARA DECORAR O TÚNEL DO MEDO QUE MONTAMOS NA NOSA ESCOLA.O LUGAR TEN TODO TIPO DE DETALLES,INCLUSO MÚSICA DE MEDO.
ESTE ANO TIVEMOS CALACÚS ESPECTACULARES.
GRAZAS DE NOVO ÁS FAMILIAS.





"CHULAS DE CABAZA,CHUCHES OU PESETAS".
PERCORRIDO POLAS AULAS.
FESTA NA AULA E BAILE.
VISITA DOS MAIORES DO COLE.
ALGÚNS DISFRACES E MAQUILLAXES...INSUPERABLES!
GRAZAS OUTRA VEZ ÁS FAMILIAS DA NOSA AULA E A TÓDALA COMUNIDADE EDUCATIVA POR FACER POSIBLE ESTA BONITA FESTA E POR TÓDALAS CHUCHES .

QUEREMOS LEMBRARVOS QUE A MAIORIA DAS PRESENTACIÓNS E FOTOS PODEDES DESCARGALAS NO VOSO PC.
A PROFE MARICRUZ ANIMOUSE ESTE ANO A LEVAR ALGO MÁIS QUE O CHAPEAU DE BRUXA E DISFRAZOUSE DE MEIGA BOA,CUNHA VASOIRA QUE TIÑA SONS,PROPULSIÓN E VIBRACIÓNS ,E UNHA RATIÑA GRIS QUE SE LLE  ACENDÍAN OS OLLOS CUNHA LUZ VERDE ,MOVÍA O FOUCIÑO E O RABIÑO,ANDABA, E FACÍA "iiiiiiiiiiiiiiiii".
ÁMBALAS DÚAS COUSAS FIXERON AS DELICIAS DOS MÁIS CATIVOS DA ESCOLA.
PODEDES MIRAR O BEN QUE O PASARON,A CANTIDADE DE CHUCHES QUE CONQUERIMOS E LOGO COMPARTIMOS,OS PRECIOSOS DISFRACES,AS MAQUILLAXES ESPECTACULARES,BAILE...,MIRADE,MIRADE!


SE QUEREDES MIRAR ALGÚNS DOS RECURSOS QUE UTILIZAMOS NO AULA PARA TRABALLAR O SAMAÍN,PREME NA FICHA QUE VEN DE SEGUIDO.
UTILIZAMOS MOITÍSIMOS MÁIS RECURSOS.
PODEDES ATOPAR MÁIS BUSCANDO NA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA,POLÍTICA LINGÜÍSTICA-RECURSOS SAMAÍN.
AOS VOSOS FILL@S GÚSTANLLES MOITAS CANCIÓNS.ADEMÁIS DAS QUE ESTÁN NOS RECURSOS,ESTÁ "LA BRUJITA TAPITA".
ENCÁNTALLES!
PODEDES ATOPALA EN YOUTUBE,NA VERSIÓN KARAOKE E GOZAR CON ELES NA CASA.
E AGORA O QUEBRA-CABEZAS DE "LA BRUJITA TAPITA".




Crie quebra cabeças com suas fotos: Clique Aqui
XA SABEDES QUE PODEDES VARIAR O NÚMERO DE PEZAS PARA QUE POIDADES XOGAR  TÓDALA FAMILIA.
BO
A TODO@S.