Coma noutras ocasións,neste curso 2015/16 continuamos a participar
no "Plan de Consumo de Froitas na Escola", que
subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos
alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos
nosos alumnos/as.
O plan,encadrado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxectivo familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita.
Ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha, na semana pasada, e outra, sen determinar, ao longo do mes de maio.
Os nenos, terán a
oportunidade de volver saborear as froitas no momento do recreo.
A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos
de saúde, non sexa recomendable.
A intención é que os nenos coman a froita en lugar do petisco que
habitualmente traen da casa.
Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas nesas datas.
Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas nesas datas.
O éxito do plan depende moito da vosa colaboración.
Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos
nosos alumn@s, organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,...
E, precisamos, que as familias levedes unha alimentación
equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este
programa.
E SE A O TEU FILL@ NON LLE GUSTA A FROITA EIQUÍ,
NESTE VÍDEO,APARECE UN TRUQUIÑO RICO,RICO,RICOOOOOO,AINDA QUE NO COLE TOD@S COMÉRONNA.
E agora,cantade cos vosos fill@s,porque eles coñecen moi ben a Baloo e saben que é moi forte porque come moita froita.
Ata saben as diferenzas entre plátano e banana,ademáis de moitísimas cousas sobre as froitas e os seus beneficios para o noso corpo.
Cada nen@ elixíu unha regla-separadora de froitas para levar para casa de agasallo.
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.